Documentos Secretaría Confederal de Formación Sindical e Migración-
O desemprego entre o mocidade mantense en taxas moi altas ao respecto do total, aínda que dimimuíu un chisco e pasou do 55,8% en 1989 ao 45,5% no ano 2000. Neste último ano había 78.000 mozos/as en paro.
Podemos dicir, con estes datos, que o problema do desemprego en Galiza é (sobre todo) un problema da mocidade, aínda que sexa entre os maiores de 45 anos onde se dan as situacións máis extremas dende un ponto de vista social. O paro atinxe especialmente á mocidade e dentro dela moi especialmente ás mulleres; vexamos o seguinte gráfico ao respecto. A porcentaxe do desemprego entre as mulleres mozas practicamente dobra a dos homes, unha tendencia que se mantén en todas as idades. É un dato a ter moi en conta xa que cando falemos de inserción laboral a cuestión de xénero debe terse moi en conta. Por outra banda, as taxas de paro na mocidade non deveceron, malia a maior cualificación dos mozos/as que buscan emprego. Outro dato para non desbotar.
Seguinte ... | |||
ÚLTIMA REVISIÓN: 18/12/2001 |