22/5/2012
Terá lugar o vindeiro xoves, día 24 de maio, ás 11:00 horas
Os delegados e
delegadas da CIG en novagalicia banco, no Banco Gallego (entidade participada)
e nas empresas auxiliares (HP, Unicom e CISER) convocan unha concentración o vindeiro
día 24 de maio diante do edificio administrativo da Xunta de Galiza, en San
Caetano, para esixir unha solución inmediata e urxente, un plan de futuro para
NCG Banco, que garanta os máis de 7.000 postos de traballo.
22/5/2012
A Xunta publicou un Plan de Ordenación de Recursos Humanos que deixa a porta aberta á creación dunha área única provincial
A Xunta de Galiza publicou o pasado venres o Plan de ordenación de Recursos Humanos, que recolle nun texto ambiguo o que o Goberno de Núñez Feijoo “non se atreveu a publicar como decreto de xestión integrada (área única)”. A secretaria da CIG-Saúde de Lugo, Carmen Aira, a responsábel da Federación na Mariña, Pilar Méndez, e o responsábel na Unión Local de Monforte, Vicente Vázquez, denunciaron nun comunicado que isto suporá a descapitalización dos hospitais comarcas, a perda de servizos e de profesionais sanitarios.
21/5/2012
Vigo, A Coruña, Santiago, Ferrol, Pontevedra, Ourense e Lugo acollerán mobilizacións para rexeitar os ataques do Goberno español do PP aos dereitos da maioría social
A
Confederación Intersindical Galega convoca concentracións nas sete
cidades galegas este mércores 23 para rexeitar a reforma laboral que
o Goberno español do Partido Popular ten previsto aprobar no Congreso dos Deputados ao día
seguinte. A central nacionalista chama á clase traballadora galega a
responder na rúa os ataques contra os dereitos da
maioría social.
21/5/2012
Analizou tamén a situación sociolaboral das mulleres e presentou numerosas propostas de mellora para camiñar cara solucionar esta problemática
A secretaria de Muller, Margarida Corral,
compareceu o pasado mércores día 16 de maio, na Comisión non permanente para o
estudo da necesidade de racionalización dos horarios e da situación
sociolaboral das mulleres de Galiza. Unha comparecencia na que manifestou a
necesidade de facer unha aposta real e concreta pola conciliación dos tempos, “xa
que esta pode axudarnos a superar a brecha que separa o discurso da igualdade
de oportunidades, politicamente correcto, da práctica cotiá nas organizacións e
nos fogares”.
21/5/2012
No marco dunha mobilización da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público que se está a desenvolver en centros educativos de todo o país
Pais
e nais, estudantes e docentes iniciaron hoxe luns día 21 un peche no
Instituto de Educación Secundaria San Tomé de Freixeiro de Vigo
para esixir da Consellaría de Educación que non aplique no noso
país ningún dos recortes que recolle o RD Lei 14/2012 ou que o
recorra por invadir as competencias que en materia educativa ten a
Xunta. O peche, promovido pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino
Público, iniciouse ás 16.00 horas e está previsto que remate ás
9.00 horas do martes 22.
21/5/2012
Segue exixindo da Consellaría de Educación que non o aplique en Galiza e que presente un recurso en contra
O Congreso dos
deputados aprobaba, o pasado 17 de maio, cos únicos votos do PP, e os votos en
contra de toda a oposición, o Real Decreto Lei 14/2012 que recolle unha batería
de recortes en Educación para seren aplicados nos distintos territorios do
Estado. A CIG-Ensino reclamou, desde o primeiro momento, a non aplicación en
Galiza deste Real Decreto pensado e posto en marcha para dar un golpe de morte
ao ensino público. Porén, denuncia a complicidade co Goberno central coa que
está actuando o Conselleiro de Educación, que como unha “marioneta” asume os
mandatos do PP.