Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Artigos de opinión
Banco Central Europeo: un pirómano ao servizo da banca privada
15/05/2012Juan Torres López
Cando a historia xulgue dentro duns anos o que agora está pasando en Europa atopará no comportamento do Banco Central Europeo unha causa principal...
Europa: O vento mudou
15/05/2012José Manuel Pureza
A política europeia virou? Não. Mas só o sectarismo mais cego se recusará a reconhecer que as condições do combate político em escala europei...
"Catástrofe liberal": crise arrasta Europa para a incerteza
15/05/2012Eduardo Febbro
O tabu sobre a unidade em torno do euro foi reduzido a pedaços. A União Europeia considera cada vez mais a possibilidade de que a Grécia abandone...
A vitória de François Hollande sob a maldição de Mitterrand
14/05/2012J. Carlos de Assis
A propósito da eleição de François Hollande, cabe lembrar a primeira eleição de um socialista na França, François Mitterrand, no início dos...
O que está acontecendo na Síria
14/05/2012Maurizio Musolino
Em pouquíssimas semanas a oposição que enchia as praças é substituída por algo bem diferente, o terrorismo, que tem por fim último o velho pr...
Portugal: Pacto de Agressão - Um ano depois
14/05/2012José Alberto Lourenço
O ouriço financeiro europeu
11/05/2012Flávio Aguiar
O medo do exemplo
11/05/2012João Ferreira
Balanço das eleições gregas
09/05/2012Rui Viana Pereira
Social Social
21/5/2012 No marco dunha mobilización da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público que se está a desenvolver en centros educativos de todo o país
Pais e nais, estudantes e docentes iniciaron hoxe luns día 21 un peche no Instituto de Educación Secundaria San Tomé de Freixeiro de Vigo para esixir da Consellaría de Educación que non aplique no noso país ningún dos recortes que recolle o RD Lei 14/2012 ou que o recorra por invadir as competencias que en materia educativa ten a Xunta. O peche, promovido pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, iniciouse ás 16.00 horas e está previsto que remate ás 9.00 horas do martes 22.
16/5/2012 Critican a pasividade do Goberno local do PP e instan o alcalde a defender os dereitos dos veciños/as
A CIG de Verín reclámalle á Consellería de Sanidade que paralice as xestións encamiñadas a suprimir o servizo de urxencias da vila, situado na rúa Juan Guerra Valdés e critican a pasividade do Goberno local diante dun novo ataque aos servizos públicos por parte da Xunta. Ao mesmo tempo, denuncian que non se está a informar sobre a decisión os veciños/as nin os profesionais que desenvolven o seu labor no centro e esixen a convocatoria dunha xuntanza con todos os sectores implicados.
14/5/2012 O peche foi convocado pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público e terá continuidade noutros centros educativos
Un grupo de pais e nais, estudantes e docentes permanecen pechados desde hoxe ás catro da tarde no Instituto de Educación Secundaria Rosalía de Castro, de Santiago, para esixir da Consellaría de Educación que non aplique en Galiza ningún dos recortes que recolle o RD Lei 14/2012 o e que o recorra por invadir as competencias que en materia educativa ten a Xunta de Galiza. O peche, promovido pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, rematará ás nove da mañá do martes 15 e terá continuidade cun novo encerro da comunidade educativa, ese mesmo día, ás 16:00 horas, no IES Concepción Areal de Ferrol.
10/5/2012 Celebráronse asembleas, concentracións e manifestacións en diversas localidades
Contra as 10:00 horas deste xoves 10 de maio, xornada de folga no ensino secundario e universitario, a CIG celebraba a asembleas de delegados e delegadas en todas as comarcas, nas que se analizaban as gravísimas repercusións que terán os recortes orzamentarios impostos polo goberno do PP nos presupostos para este ano. Nas mesmas denunciábase a submisión do goberno da Xunta, que lonxe de facer uso das súas competencias, aplica os recortes decretados desde Madrid malia as consecuencias que terán para servizos públicos básicos para as galegas e galegos como a sanidade e o ensino.
8/5/2012 O colectivo demanda que se destinen, cando menos, dous millóns de euros nos Presupostos xerais do Estado para actuacións na zona
A Plataforma para a Defensa da Ría do Burgo fixo entrega este mediodía no Rexistro da Delegación do Goberno na Galiza das máis de 1.000 sinaturas recollidas en pouco máis de dúas semanas entre a veciñanza da Coruña e a súa comarca. Representantes do colectivo presentaron estas sinaturas a modo de alegacións-petición popular ao Proxecto de Lei de Orzamentos Xerais do Estado e para esixir que estes inclúan partidas económicas destinadas ao saneamento e rexeneración integral da Ría.
7/5/2012 A CIG-Ensino valora positivamente a participación nas concentracións convocadas para rexeitar as políticas antisociais da Xunta do PP
Centos de persoas participaron hoxe nas concentracións simultáneas convocadas en todas as comarcas do país para demandar da Xunta o cese dos recortes no ensino público. Con estas mobilizacións, a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público Galego, inicia o calendario de accións que teñen como obxectivo evitar a aplicación no noso país do Real Decreto-Lei 14/2012 de medidas urxentes de racionalización do gasto público no ámbito educativo.
4/5/2012 A CIG-Ensino e o Comité de Empresa agardan que poida debaterse no Parlamento antes do verán
Representantes da CIG e do Comité de Empresa de Preescolar na Casa informaron hoxe, en rolda de prensa, da presentación de 25.000 sinaturas en apoio á Iniciativa Lexislativa Popular promovida para garantir a supervivencia deste programa educativo, despois de que Xunta de Galiza lle retirara todas as subvencións. A rapidez e número de apoios que se acadaron -dez mil máis dos necesarios en dous  meses- poñen de manifesto o respaldo social que esperta Preescolar na Casa.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com