Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Artigos de opinión
Banco Central Europeo: un pirómano ao servizo da banca privada
15/05/2012Juan Torres López
Cando a historia xulgue dentro duns anos o que agora está pasando en Europa atopará no comportamento do Banco Central Europeo unha causa principal...
Europa: O vento mudou
15/05/2012José Manuel Pureza
A política europeia virou? Não. Mas só o sectarismo mais cego se recusará a reconhecer que as condições do combate político em escala europei...
"Catástrofe liberal": crise arrasta Europa para a incerteza
15/05/2012Eduardo Febbro
O tabu sobre a unidade em torno do euro foi reduzido a pedaços. A União Europeia considera cada vez mais a possibilidade de que a Grécia abandone...
A vitória de François Hollande sob a maldição de Mitterrand
14/05/2012J. Carlos de Assis
A propósito da eleição de François Hollande, cabe lembrar a primeira eleição de um socialista na França, François Mitterrand, no início dos...
O que está acontecendo na Síria
14/05/2012Maurizio Musolino
Em pouquíssimas semanas a oposição que enchia as praças é substituída por algo bem diferente, o terrorismo, que tem por fim último o velho pr...
Portugal: Pacto de Agressão - Um ano depois
14/05/2012José Alberto Lourenço
O ouriço financeiro europeu
11/05/2012Flávio Aguiar
O medo do exemplo
11/05/2012João Ferreira
Balanço das eleições gregas
09/05/2012Rui Viana Pereira
Muller Muller
21/5/2012 Analizou tamén a situación sociolaboral das mulleres e presentou numerosas propostas de mellora para camiñar cara solucionar esta problemática
A secretaria de Muller, Margarida Corral, compareceu o pasado mércores día 16 de maio, na Comisión non permanente para o estudo da necesidade de racionalización dos horarios e da situación sociolaboral das mulleres de Galiza. Unha comparecencia na que manifestou a necesidade de facer unha aposta real e concreta pola conciliación dos tempos, “xa que esta pode axudarnos a superar a brecha que separa o discurso da igualdade de oportunidades, politicamente correcto, da práctica cotiá nas organizacións e nos fogares”.
4/5/2012 Considera que o Plan de Dinamización Demográfica non dá resposta ás necesidades reais da sociedade galega
A secretaria confederal de Muller da CIG, Margarida Corral, considera que o Plan para a dinamización demográfica, entregado este venres no Parlamento de Galiza pola conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, responsabiliza á sociedade galega da baixa natalidade argüindo a súa falta de consciencia sobre o problema -en función dos datos dunha enquisa-, mentres elude a responsabilidade da propia administración, que alén de recortar todo tipo de dereitos, non é sequera capaz de garantir un posto de traballo para a mocidade galega, abocada á emigración para atopar un posto de traballo.
20/4/2012 Dirixidas a mulleres con fillos/as ao seu cargo de idades comprendidas entre os 2 e os 12 anos
A Secretaría da Muller da CIG informa da apertura do prazo para apuntarse ás estadías de tempo libre para as mulleres soas con responsabilidades familiares non compartidas. O prazo para presentar as solicitudes remata o vindeiro 16 de maio.
20/4/2012 Integra a medida nun Plan de apoio á muller “embarazada” á que se lle nega o dereito a ir ao especialista para facer a revisión postparto
Susana López Abella anunciou onte na Comisión de Sanidade do Parlamento, na que compareceu para respostar a unha pregunta do Grupo Parlamentario Popular, que “as crianzas non nacidas” contarán como membros da unidade familiar á hora de pedir axudas á Xunta, co fin de determinar o tipo e contido das prestacións públicas que lles corresponden. A medida está encadrada no Plan integral de apoio á muller embarazada 2012-2014, aprobado o pasado mes de xaneiro polo Consello da Xunta.
13/3/2012 A empresa postal non vinculaba o aborto coa maternidade e deulle un trato de enfermidade común
O sector de Correos da CIG-Administración vén de dar a coñecer unha sentenza pola que se condena á empresa postal estatal á repor a totalidade do salario a unha traballadora á que, como consecuencia dun aborto, se lle aplicaron descontos en determinados complementos retributivos. Correos, explican dende o sector da CIG, non vinculaba o aborto coa maternidade e dáballe unicamente un trato de enfermidade común.
12/3/2012 A manifestación nacional percorreu as rúas de Compostela, desde a Estación de Tren até a praza da Quintana
Compostela acolleu, este domingo, a manifestación nacional convocada por diversas organización feministas galegas, entre elas a CIG, para conmemorar o 8 de marzo. Unha data na que, de novo, as mulleres galegas tiveron que saír á rúa para reclamar dereitos que parecían estar consolidados, como o dereito ao aborto, que hoxe está pendente dunha reforma, que o PP pretende aprobar, e que suporá un retroceso de anos.
8/3/2012 A Secretaría da Muller da CIG chama a participar na manifestación nacional do domingo 11 de marzo en Compostela
Delegadas e delegados da CIG concentráronse este xoves, con motivo da conmemoración do 8 de Marzo, Día da Muller Traballadora, diante de edificios da administracións, centros de traballo e mutuas para denunciar os ataques e recortes dos dereitos da clase traballadora, que afectan de xeito especial ás mulleres. Estas mobilizacións enmárcanse no calendario de actos programados pola CIG como preparatoria da Folga Xeral do 29 de Marzo, e por iso, a campaña deste ano estase a desenvolver baixo o lema “As mulleres coa Folga Xeral. Xuntas podemos!”
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com