28/3/2012
Desde América Latina a Europa ou desde o Sahara a Mozambique
A
Confederación Intersindical Galega vén recibindo con motivo da convocatoria de folga
xeral, numerosas mensaxes de organizacións sindicais internacionais nas que manifestan
o seu apoio e solidariedade, non só coa central sindical, senón tamén con todas
as traballadoras e traballadores que este xoves se mobilizarán para defender os
seus dereitos laborais e sociais en Galiza. Reproducimos, de seguido,
literalmente, algúns deles.
13/3/2012
Símbolo da resistencia da clase obreira grega
Na vila de
Aspropirgos, a uns 20 Km do centro de Atenas, está unha das dúas factorías que
ten a empresa “Helliniki Halyvourgia” (Aceirias Gregas). A loita que os seus
traballadores e traballadoras están a levar para impedir a modificación das
súas condicións laborais e pola readmisión dos despedidos é xa un paradigma da
resistencia non só en Grecia, senón tamén
no ámbito internacional.
27/2/2012
Está convocada pola práctica totalidade do movemento sindical indio
A India, un dos
países do grupo dos BRICS, está chamada a desempeñar un papel de primeira orde
na xeopolítica mundial. Con 1.200 millóns de habitantes na actualidade, todas
as proxeccións estatísticas sinalan que dentro de 20 anos a poboación da India
vai superar á poboación chinesa, converténdose no estado máis poboado do
planeta. Mosaico de culturas, nacións, linguas e relixións, a India ten un
sistema político-administrativo relativamente descentralizado.
8/2/2012
As organizacións sindicais elaboraron unha declaración e asumiron unhas liñas de traballo para este ano
Arredor de 600 persoas chegadas de todos os
continentes participaron na 37ª
Conferencia de Coordinación e Solidariedade co Pobo Saharauí, reunida na cidade
de Sevilla, os días 3, 4 e 5 de febreiro. Como vén sendo habitual, as
organizacións sindicais participantes elaboraron unha declaración e asumiron
unhas liñas de traballo para este ano 2012. Estas reflexións terán continuidade
durante o Congreso da UGTSARIO, a celebrar no mes de outubro nos campamentos de
refuxiados.
7/2/2012
Pablo Micheli sobre a loita en prol do recoñecemento da “personería gremial” e da situación actual da clase traballadora no país latinoamericano
A Fundación Moncho Reboiras-Fesga vén de publicar unha entrevista en vídeo con Pablo Micheli, secretario xeral da Central de Traballadores da Arxentina (CTA), que visitou Galiza recentemente convidado pola Confederación Intersindical Galega.
19/1/2012
Varios miles tiveron que abandonar o país polas ameazas de morte recibidas
O 60% dos asasinatos de sindicalistas que se
producen no mundo teñen lugar en Colombia, país no que se contabilizan máis de
2.600 activistas sindicais asasinados nos últimos 28 anos. A maiores, varios
miles tiveron que abandonar Colombia por causa das ameazas de morte recibidas.
No ano 2010 rexistráronse 51 asasinatos e un número lixeiramente menor no ano
que ven de acabar.
16/12/2011
Mantiveron un encontro con membros da Executiva comarcal, a Secretaria Confederal de Muller e o presidente da Fundación Moncho Reboiras
Os locais da CIG na Coruña recibiron este venres a visita de Isabel Rauber, Gonzalo Gómez e Aramita Padrino que, aproveitando a súa estadía no noso País, mantiveron un encontro con membros da Dirección comarcal da central sindical, representantes da Executiva Confederal e da Fundación Moncho Reboiras-Fesga para intercambiar opinións e puntos de vista sobre a realidade económica, social e política de Galiza e Latinoamérica.