10/5/2012
O anuncio foi feito en rolda de prensa ao remate dunha xuntanza bilateral de traballo mantida en Donostia
Os secretarios
xerais do sindicato vasco ELA e mais da CIG, Adolfo
Muñoz “Txiki” e Suso Seixo,
anunciaron hoxe a presentación dunha querela criminal ou, no
seu caso, unha demanda
penal, contra os responsábeis políticos dos gobernos e o
gobernador do Banco de
España, Miguel Ángel Ordoñez, pola súa responsabilidade
na grave situación
financeira do Estado español.
8/5/2012
Xa recibiron indemnizacións multimillonarias, malia a súa responsabilidade na xestión da entidade
O pasado 27 de
abril a CIG-Banca solicitaba a convocatoria urxente da comisión negociadora
para a integración dos plans de pensións de Caixa Galicia e Caixanova, que
finalmente foi convocada pola empresa para o día 9 de maio. Nesa xuntanza,
CIG-Banca defenderá chegar a un acordo, sen máis dilacións, por entender que adiar
a negociación de integración dos plans de pensións pode levar a súa
transformación nun fondo interno, perdendo dereitos. Ademais, proporá reducir a
prestación con cargo ao plan de pensións aos ex directivos a un euro.
7/5/2012
Representantes da central sindical reuníronse, esta luns, con representantes da organización política nacionalista para coñecer os detalles da iniciativa
O BNG presentou esta
mañá á CIG a súa proposta de creación dunha banca pública. A alternativa foi
acollida moi favorabelmente pola central sindical que, como lembrou Suso Seixo,
secretario xeral,
vén defendendo a necesidade deste instrumento financeiro para reactivar a
economía, crear emprego e facilitar a saída da crise económica, desde o comezo
da mesma.
27/4/2012
Considera que o proxecto presentado polo PP non aposta nin por dinamizar a actividade económica, nin por fomentar o emprego
Inmersos nunha
situación de crise, da cal non se perciben signos de recuperación, topamos cuns
Orzamentos Xerais do Estado (OXE-2012) novamente restritivos, que van
contribuír a afondar aínda máis na dita crise, e que dificultan, a longo prazo,
o futuro económico deste país. Non apostan polo investimento de capital (que se
reduce en máis dun 26%) como motor da economía, imprescindíbel cando a
iniciativa privada está contraéndose, día a día, debido á falla de fondos e á
incerteza. De feito, prevén que a actividade económica descenda un 1,7% ao
longo deste ano, tal e como se recolle na análise realizada pola responsábel do
departamento de Economía da CIG, Natividade López Gromaz.
23/4/2012
Pronunciamento da CIG-Banca respecto da situación da entidade
Se en setembro a
entidade foi desvalorizada dun xeito escandaloso, hoxe fálase abertamente da
posible de que sexa poxada por 1 euro. Estamos obxectivamente peor. Polo camiño
asistimos a unha baixada dos depósitos, froito do descontento dunha gran parte
da clientela e da sociedade e a quebra da confianza (fusión continuista,
indemnizacións ex-directivos, pero sobre todo pola bancarización, a
nacionalización a través do FROB, o corraliño das preferentes ou a mala imaxe
dos continuos ERE´s). Ningún destes factores é imputable ao cadro de persoal.
20/4/2012
Activista de esquerdas, é membro da dirección do Movemento Continental Bolivariano
A CIG de Ferrol organiza, o vindeiro luns día
23 de abril, ás 19:00 horas, na súa sede de Ferrol, unha conferencia a cargo do
economista arxentino Jorge Beinstein, recoñecido representante da chamada “economía
crítica” ou “heterodoxa” por oposición aos posicionamentos defendidos pola
corrente “ortodoxa” neoliberal.
29/2/2012
Denuncian que a Xunta segue facendo gastos “superfluos”, mentres aproba recortes que afectan ao seu persoal
O sector da Autonómica da CIG-Administración vén de solicitar
o pronunciamento público do conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e
Infraestruturas, tras saber que se acaban de xustificar varios convenios con
medios de comunicación, por valor de 340.000 €, como “urxentes e necesarios”,
mentres se recortan as condicións laborais, salariais e sociais do persoal do
sector público. “Resulta unha proba da hipocrisía da austeridade do goberno
galego e un insulto aos empregados públicos”, afirman.