Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Banco Central Europeo: un pirómano ao servizo da banca privada
15/05/2012Juan Torres López
Cando a historia xulgue dentro duns anos o que agora está pasando en Europa atopará no comportamento do Banco Central Europeo unha causa principal...
Europa: O vento mudou
15/05/2012José Manuel Pureza
A política europeia virou? Não. Mas só o sectarismo mais cego se recusará a reconhecer que as condições do combate político em escala europei...
"Catástrofe liberal": crise arrasta Europa para a incerteza
15/05/2012Eduardo Febbro
O tabu sobre a unidade em torno do euro foi reduzido a pedaços. A União Europeia considera cada vez mais a possibilidade de que a Grécia abandone...
A vitória de François Hollande sob a maldição de Mitterrand
14/05/2012J. Carlos de Assis
A propósito da eleição de François Hollande, cabe lembrar a primeira eleição de um socialista na França, François Mitterrand, no início dos...
O que está acontecendo na Síria
14/05/2012Maurizio Musolino
Em pouquíssimas semanas a oposição que enchia as praças é substituída por algo bem diferente, o terrorismo, que tem por fim último o velho pr...
Portugal: Pacto de Agressão - Um ano depois
14/05/2012José Alberto Lourenço
O ouriço financeiro europeu
11/05/2012Flávio Aguiar
O medo do exemplo
11/05/2012João Ferreira
Balanço das eleições gregas
09/05/2012Rui Viana Pereira
A Mariña A Mariña
4/5/2012 A empresa vén de aplicar, de forma unilateral, recortes en prestacións e dereitos
Os traballadores e traballadoras da Auxiliar de Alcoa  do Grupo Rodabell –Rodabell S.A; Montajes Rodabell SL; Mecanizados Rodabell S.L veñen de convocar unha folga indefinida de unha hora (de 8 a 9 da mañá) todos os luns, a partir do vindeiro 7 de maio. Denuncian os recortes que, unilateralmente e sen xustificación e/ou aviso previo, vén aplicando a empresa sobre as prestacións e dereitos que, desde o inicio da prestación laboral, son parte do salario.
24/4/2012 O acto, que terá lugar en Burela, comezará ás 10:30 horas e rematará ás 18:30 horas
O Gabinete Técnico de Saúde laboral da CIG celebrará o mércores 25 de abril unha xornada/asemblea para delegadas e delegados da comarca da Mariña. Asistirán delegadas e delegados de distintas empresas radicadas na comarca e de diferentes sectores (mar, construción, administración, metal e saúde). O acto iniciarase ás 10:30 da mañá e rematará ás 18:30 horas.
23/4/2012 A central nacionalista obtivo o 77% dos votos nas eleccións celebradas nesta auxiliar de Alcoa
A CIG conseguiu a maioría dos votos en Cyrgasa, empresa auxiliar da fábrica de Alcoa de San Cibrao, nas eleccións sindicais celebradas o pasado 20 de abril. Estaban convocados para este proceso, no que se escollían cinco delegados para o Comité, os 98 traballadores/as que conforman o cadro de persoal. Destes/as exerceron o seu dereito de voto 83 persoas, o que representa unha participación de case un 85%.
17/4/2012 A institución municipal abonou as contías correspondentes as axudas sociais ao persoal funcionario pero non laboral
A CIG no Concello de Betanzos vén de presentar unha reclamación por rexistro solicitando que a institución municipal cese no trato discriminatorio cara ao persoal laboral logo de que, por segunda vez nesta lexislatura e por primeira vez un Goberno municipal, non abone as axudas sociais ao persoal laboral e si ao funcionario. Para as/os delegadas/os da central sindical trátase “dun acto descarado de clara discriminación cara aos/ás laborais”.
4/4/2012 A central nacionalista acadou 3 dos 5 representantes
A CIG acadou maioría absoluta en Os Irmandiños, cooperativa de servizos e produtos agropecuarios de Ribadeo, ao obter tres delegados mentres que UGT acadou un e unha candidatura independente outro. A participación nas votacións foi do 72%.
27/3/2012 O persoal realizou este luns dúas concentracións ás portas das instalacións da empresa
Os traballadores e traballadoras de Atento continuaron este luns coas mobilizacións en contra das reducións de xornada para o persoal do servizo CAT- ADSL, que actualmente xa ten contratos a tempo parcial. Os traballadores/as secundaron dúas concentracións, por quenda de traballo, entre ás 11 e ás 12 da mañá e pola tarde das 19 ás 20 horas.
30/1/2012 A CIG valora como “escandalosa” a posíbel aprobación do expediente de Ecar, logo de que a empresa recibise 35 millóns de euros entre 2009 e 2010
A CIG da Mariña vén de remitir unha valoración dos datos económicos achegados na documentación que acompaña ao ERE de Finsa, dos que se desprende que o Grupo subiu as retribucións do seu Consello de Administración un 81% antes de presentar o expediente de regulación. Así mesmo, a central culpa directamente dos resultados negativos á mala xestión e á “pésima inversión” que a dirección fixo ao adquirir Tableros Faus, no ano 2006, por 195 millóns de euros (e que en 2010 tivo que ser provisionada por un importe de 36,9 millóns de euros), xa que, pola contra, a actividade ordinaria do Grupo experimentou unha mellora considerábel neste tempo.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com