21/5/2012
O persoal, que continúa en folga indefinida, mantivo unha xuntanza coa empresa este luns
A representación dos traballadores/as de Einsa Print mantiveron este luns unha xuntanza coa dirección para abordar o plan de axustes presentado pola empresa e presentar unhas alternativas que eviten a baixada brutal de salarios e o despedimento de 29 empregados/as.
16/5/2012
Onte convocaron unha concentración diante das instalacións da empresa, en Touro
Corenta e un
traballadores da empresa ‘Francisco Gómez e Cia’, quedarán na rúa logo de
executarse o ERE aprobado unilateralmente pola empresa e que foi xustificado en
previsión de perdas futuras. Este martes, os traballadores, apoiados por
representantes da CIG-Construción, concentrábanse diante das instalacións do
grupo en Touro.
14/5/2012
Os traballadores/as continúan o calendario de mobilizacións contra os despedimentos e os recortes salariais
Logo da marcha a pé polo concello das Pontes,o sábado pola mañá os traballadores/as do Grupo Einsa trasladaron as protestas contra o plan de axustes previsto pola dirección até a Praza da Calzada de Pontedeume, localidade no que a compañía tamén ten instalacións. Alí máis de trescentas persoas protagonizaron unha sonora cacerolada que non deixou indiferente a ninguén.
11/5/2012
A marcha, que se prolongou durante dúas horas, percorreu os oito quilómetros que separan as instalacións da empresa da vila das Pontes
Traballadores e traballadoras do Grupo Einsa, acompañados por máis de cen veciños e veciñas das Pontes, protagonizaron na tarde deste venres unha marcha, que se prolongou por máis de dúas horas, en contra do plan de axuste que está a aplicar a compañía, que inclúe 29 despedimentos e unha rebaixa substancial dos salarios. A protesta rematou no centro da vila, onde se sumou un multitudinario número de persoas, coa lectura dun manifesto por parte dunha das traballadoras despedidas.
10/5/2012
A marcha sairá ás 17:00 horas das instalacións da empresa no Polígono de Penapurreira con dirección ás Pontes e rematará na Praza do Carme
Os traballadores/as de Einsa, que levan dende a tarde do martes en folga indefinida, teñen convocada unha manifestación para mañá, venres 11 de maio, en contra dos despedimentos que a empresa está a executar e os duros recortes laborais e salariais que pretende impor para facer fronte ás súas débedas económicas. A marcha sairá ás 17:00 horas das instalacións da empresa no Polígono de Penapurreira e está previsto que remate dúas horas despois na Praza do Carme das Pontes.
8/5/2012
A empresa pretende facer fronte ás débedas económicas pola vía da redución de persoal e a rebaixa brutal dos salarios
Os traballadores/as de Einsa nas Pontes veñen de iniciar un calendario de mobilizacións en contra dos despedimentos que está a realizar a empresa e os duros recortes laborais e salariais que pretende impor para facer fronte ás súas débedas. O Comité iniciou un peche nas instalacións de Einsa ás 07:00 horas do luns e ao que hoxe se sumaron tamén os traballadores/as. Ademais, tras que a dirección notificara o despedimento de 13 operarios, o persoal acordou parar a actividade dende as tres da tarde deste martes e xa estudan medidas de presión máis contundentes.
2/5/2012
Denuncian a represión tanto contra a representación sindical, nomeadamente á CIG, como ao conxunto do persoal
Membros do Comité de Empresa da Fundación para
a Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galiza
concentrábanse esta mañá na entrada interior do edificio administrativo da Xunta
de Galiza para denunciar o despedimento dunha traballadora embarazada de cinco
meses e a represión sindical á que está sometido o cadro de persoal deste
organismo.