21/5/2012
Vigo, A Coruña, Santiago, Ferrol, Pontevedra, Ourense e Lugo acollerán mobilizacións para rexeitar os ataques do Goberno español do PP aos dereitos da maioría social
A
Confederación Intersindical Galega convoca concentracións nas sete
cidades galegas este mércores 23 para rexeitar a reforma laboral que
o Goberno español do Partido Popular ten previsto aprobar no Congreso dos Deputados ao día
seguinte. A central nacionalista chama á clase traballadora galega a
responder na rúa os ataques contra os dereitos da
maioría social.
27/4/2012
A concentración celebrouse diante da Casa de Chocolate este venres, Día Internacional da Saúde Laboral
A CIG aproveitou este venres a celebración do día
Internacional da Saúde e Seguridade no Traballo para denunciar, unha
vez máis,a falla de actividade preventiva entre o persoal que participa na loita contra os
incendios forestais. Diante disto, o sector de Autonómica de
federación de Administración da central nacionalista convocaou unha
protesta en Ourense, que se desenvolveu diante da Casa de Chocolate
este venres 27 de abril de 11.00 a 12.00 horas.
25/4/2012
A protesta será diante da Casa de Chocolate este venres 27, Día Internacional da Saúde Laboral, a partir das 11.00 horas
A CIG aproveita a celebración do día
Internacional da Saúde e Seguridade no Traballo para denunciar, unha
vez máis,a falla de actividade preventiva entre o persoal que participa na loita contra os
incendios forestais. Diante disto, o sector de Autonómica de
federación de Administración da central nacionalista convoca unha
protesta en Ourense que se desenvolverá diante da Casa de Chocolate
este venres 27 de abril a partir das 11.00 horas.
24/4/2012
O comité de empresa (CIG e CCOO) baralla a posibilidade de convocar unha xornada de folga
Arredor de medio cento de traballadores/as participaron hoxe na concentración convocada polo comité do Grupo AMS diante da sede da empresa en Vigo para rexeitar o despedimento de 10 compañeiros. A protesta, que terá continuidade nos vindeiros días desenvolveuse entre as 18.00 e as 20.00 horas no polígono do Freixo, en Sárdoma.
12/4/2012
Dende a CIG-Metal denuncian que lle rescindiron o contrato por baixo rendemento cando ten recoñecida unha limitación
Os traballadores/as da empresa Maier Ferroplast SL volveron ás mobilizacións diante da sede da compañía, no polígono porriñés da Granxa, para reclamar a readmisión dun compañeiro despedido. Dende a CIG explican que o afectado, técnico de mantemento na firma auxiliar da automoción que fabrica plásticos de interior para automóbil e que emprega a unhas 220 persoas, foi despedido despois de máis de 13 anos na empresa acusado de baixo rendemento. Ao parecer, a dirección tería comparado o tempo que tarda en desenvolver o seu labor co do resto dos seus compañeiros/as.
12/3/2012
Un grupo de compañeiros reclamou hoxe a súa readmisión na protesta organizada no Concello para denunciar este novo caso de aplicación da reforma laboral
Unha ducia de traballadores de Cespa, empresa concesionaria da recollida do lixo en Nigrán, participaron hoxe na protesta organizada diante do Concello para esixir a readmisión dun compañeiro despedido por permanecer de baixa médica máis dun ano. Dende a CIG-Servizos de Vigo denuncian que se trata dun novo caso de aplicación da reforma laboral que vén de aprobar o PP xa que a empresa alega que os empregados/as que collen baixas “non son rendíbeis” e resolve a rescisión de contrato cunha indemnización de 20 días por ano traballado e 12 mensualidades.
8/3/2012
Aínda que nun principio barallaron a posibilidade de iniciar un peche nas instalacións, finalmente trasladaron a protesta á casa consistorial
Máis de medio cento de
persoas, entre traballadores/as,
delegados/as da CIG
e pais e nais, participaron na concentración convocada diante da
'Galiña Azul' de Nigrán contra a privatización do Consorcio Galego
de Servizos de Igualdade e Benestar e para reclamar que se lles
aplique o convenio do persoal laboral da Xunta. Nun principio
barallaron a posibilidade de iniciar un peche nas instalacións, pero
finalmente trasladaron a protesta á casa consistorial.