18/5/2012
A manifestación foi convocada pola plataforma cidadá “Queremos Galego” baixo o lema “Paremos os ataques contra o galego”
Arredor de 25.000 persoas sumáronse
á manifestación convocada pola plataforma cidadá Queremos Galego, na que está
integrada a CIG, baixo o lema “Paremos os ataques contra o galego”. A
mobilización rematou na praza da Quintana, que se quedou pequena para acoller a
todas as persoas desprazadas a Compostela de todas as partes de Galiza.
16/5/2012
Carlos Callón: “Non só é un ataque contra a liberdade de opción lingüística, é un ataque contra a liberdade de expresión”
Representantes da Plataforma
unitaria Queremos Galego comparecían esta mañá en conferencia de imprensa para
denunciar a actitude do concello de Santiago que, con tan só 48 horas de
antelación á manifestación convocada para mañá, Día das Letras Galegas,
comunicaba a denegación dos permisos necesarios para o normal desenvolvemento
da mesma. Isto obrigou a plataforma a presentar un recurso pola vía de urxencia
no contencioso-administrativo. A xustiza concedeu todas as autorizacións
pertinentes.
10/5/2012
Trátase dunha iniciativa lúdico-educativa para reivindicar a normalización da lingua galega
Vigo foi escenario hoxe dunha nova edición do Correlingua, actividade lúdico-educativa de reinvindicación da
lingua galega organizada pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega, a CIG–Ensino
e a Mesa pola Normalización Lingüística xunto cos Concellos de Lugo, Ourense,
Pontevedra e Vigo. Arredor de 1.500 rapaces e rapazas percorreron as rúas da cidade antes de rematar no parque de Castrelos, onde tiveron lugar as actuacións musicais e as actividades lúdicas para os máis pequenos.
7/5/2012
Malia o mal tempo, o alumnado percorreu animosamente as rúas do casco vello para reivindicar a normalización da nosa lingua
Coa
participación de dous mil rapaces e rapazas, Compostela acolleu este luns a
celebración do Correlingua, actividade lúdico-educativa de reinvindicación da
lingua galega, organizada pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega, a CIG–Ensino
e a Mesa pola Normalización Lingüística, xunto cos Concellos de Lugo, Ourense,
Pontevedra e Vigo. Na carreira pola lingua de Santiago participou alumnado
procedente de 25 centros de ensino primario e secundario das comarcas próximas
á cidade.
4/5/2012
Este ano a carreira pola lingua desenvólvese baixo o lema “En galego todo o que buscas”.
Arredor de 4.000 rapaces e rapazas participaron este venres nunha nova edición do Correlingua na Coruña que este ano se desenvolve baixo o lema “En galego todo o que buscas”. Os/as escolares saíron pouco despois das 11:00 horas do Pavillón de Deportes de Riazor, continuaron polo paseo marítimo, Zalaeta, Campo da Leña e Rúa de San Xoán e Avenida de Navarra até rematar o percorrido diante da Torre de Hércules, onde se deu lectura ao manifesto da edición 2012 e se entregou o premio á mellor faixa.
26/4/2012
A entidade municipal colaboraba na carreira pola lingua dende os seus inicios no ano 1999
O Concello da Coruña retirou toda a súa colaboración co Correlingua, a carreira pola lingua organizada pola Mesa pola Normalización Lingüística, a Asociación Socio-Pedagóxica Galega e a Confederación Intersindical Galega–Ensino, que contaba coa participación da institución local desde os seus inicios no ano 1999. Para a edición 2012, dita colaboración ía consistir só na colocación dun palco propiedade do Concello da Coruña para se desenvolveren as actuacións musicais e teatrais do Correlingua, compromiso ao que chegara o Concelleiro de Educación, Deportes e Mocidade nunha reunión mantida cos organizadores.
20/4/2012
Escritores/as, críticos literarios, profesores/as, investigadores/as, etc. participarán en 10 seminarios, conferencias e debates
As XXII Xornadas de Lingua e Literatura, organizadas
pola Confederación Intersindical Galega do Ensino (CIG-Ensino) e a Asociación
Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) van ter lugar os días 20 e 21 de abril, na
Facultade de Ciencias da Educación de Santiago ( Avda. Xoán XXIII s/n
). Cada ano veñen asistindo a elas un importante número de participantes, na
súa maioría profesorado de Lingua e Literatura Galega.