Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Banco Central Europeo: un pirómano ao servizo da banca privada
15/05/2012Juan Torres López
Cando a historia xulgue dentro duns anos o que agora está pasando en Europa atopará no comportamento do Banco Central Europeo unha causa principal...
Europa: O vento mudou
15/05/2012José Manuel Pureza
A política europeia virou? Não. Mas só o sectarismo mais cego se recusará a reconhecer que as condições do combate político em escala europei...
"Catástrofe liberal": crise arrasta Europa para a incerteza
15/05/2012Eduardo Febbro
O tabu sobre a unidade em torno do euro foi reduzido a pedaços. A União Europeia considera cada vez mais a possibilidade de que a Grécia abandone...
A vitória de François Hollande sob a maldição de Mitterrand
14/05/2012J. Carlos de Assis
A propósito da eleição de François Hollande, cabe lembrar a primeira eleição de um socialista na França, François Mitterrand, no início dos...
O que está acontecendo na Síria
14/05/2012Maurizio Musolino
Em pouquíssimas semanas a oposição que enchia as praças é substituída por algo bem diferente, o terrorismo, que tem por fim último o velho pr...
Portugal: Pacto de Agressão - Um ano depois
14/05/2012José Alberto Lourenço
O ouriço financeiro europeu
11/05/2012Flávio Aguiar
O medo do exemplo
11/05/2012João Ferreira
Balanço das eleições gregas
09/05/2012Rui Viana Pereira
Laboral Laboral
22/5/2012 Terá lugar o vindeiro xoves, día 24 de maio, ás 11:00 horas
Os delegados e delegadas da CIG en novagalicia banco, no Banco Gallego (entidade participada) e nas empresas auxiliares (HP, Unicom e CISER) convocan unha concentración o vindeiro día 24 de maio diante do edificio administrativo da Xunta de Galiza, en San Caetano, para esixir unha solución inmediata e urxente, un plan de futuro para NCG Banco, que garanta os máis de 7.000 postos de traballo.
22/5/2012 A Xunta publicou un Plan de Ordenación de Recursos Humanos que deixa a porta aberta á creación dunha área única provincial
A Xunta de Galiza publicou o pasado venres o Plan de ordenación de Recursos Humanos, que recolle nun texto ambiguo o que o Goberno de Núñez Feijoo “non se atreveu a publicar como decreto de xestión integrada (área única)”. A secretaria da CIG-Saúde de Lugo, Carmen Aira, a responsábel da Federación na Mariña, Pilar Méndez, e o responsábel na Unión Local de Monforte, Vicente Vázquez, denunciaron nun comunicado que isto suporá a descapitalización dos hospitais comarcas, a perda de servizos e de profesionais sanitarios.
21/5/2012 Vigo, A Coruña, Santiago, Ferrol, Pontevedra, Ourense e Lugo acollerán mobilizacións para rexeitar os ataques do Goberno español do PP aos dereitos da maioría social
A Confederación Intersindical Galega convoca concentracións nas sete cidades galegas este mércores 23 para rexeitar a reforma laboral que o Goberno español do Partido Popular ten previsto aprobar no Congreso dos Deputados ao día seguinte. A central nacionalista chama á clase traballadora galega a responder na rúa os ataques contra os dereitos da maioría social.
21/5/2012 Segue exixindo da Consellaría de Educación que non o aplique en Galiza e que presente un recurso en contra
O Congreso dos deputados aprobaba, o pasado 17 de maio, cos únicos votos do PP, e os votos en contra de toda a oposición, o Real Decreto Lei 14/2012 que recolle unha batería de recortes en Educación para seren aplicados nos distintos territorios do Estado. A CIG-Ensino reclamou, desde o primeiro momento, a non aplicación en Galiza deste Real Decreto pensado e posto en marcha para dar un golpe de morte ao ensino público. Porén, denuncia a complicidade co Goberno central coa que está actuando o Conselleiro de Educación, que como unha “marioneta” asume os mandatos do PP.
21/5/2012 A medida afecta aos 22 empregados da empresa, que teñen vixente unha suspensión temporal dos contratos
Os traballadores/as de Talleres Carral protagonizaron na mañá deste luns unha concentración ás portas do SMAC da Coruña, coincidindo coa primeira xuntanza das negociacións entre a parte social e a empresarial por mor do ERE de extinción que a dirección pretende levar adiante e que afectaría aos/ás 22 operarios/as.
21/5/2012 O persoal, que continúa en folga indefinida, mantivo unha xuntanza coa empresa este luns
A representación dos traballadores/as de Einsa Print mantiveron este luns unha xuntanza coa dirección para abordar o plan de axustes presentado pola empresa e presentar unhas alternativas que eviten a baixada brutal de salarios e o despedimento de 29 empregados/as.
21/5/2012 A Federación critica o cambio de modelo de xestión, “ao máis puro estilo empresarial”, e o deterioro progresivo da calidade do servizo prestado
A CIG-Ensino realizou o pasado mércores unha concentración na Praza do Concello de Ortigueira en rexeitamento á política de acoso laboral, represalias e despedimentos que está a pór en práctica a Xerencia e o Presidente da Asociación Aspromor no centro de atención a persoas con discapacidade que ten en dito concello. Dende a central sindical demándase un cambio de rumbo na nova xestión que recupere os obxectivos polos que foi creada a asociación, centrada na atención aos/ás usuarios/as, e se respecten os dereitos dos traballadores/as.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com