Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
27/1/2012
Secretario nacional da Federación da Banca.
Chuza Menéame del.icio.us
compartir
Falsas xustificacións do Acordo de Negociación Colectiva

O acordo asinado polas cúpulas sindicais de CCOO e UGT, sen contar cos traballadores e traballadoras é un novo froito amargo da centralización da negociación colectiva en Madrid. O centralismo implica deficit democrático, non contar coa xente e recortes no Estado do benestar e das condicións laborais. Neste caso as consecuencias de ter centralizada a negociación colectiva agravará a crise e polo tanto un medre do desemprego, augurando ademais novas subas de impostos.

CCOO e UGT trataron de xustificar os novos recortes laborais que pactaron no II Acordo Interconfederal de negociación colectiva, argumentando que a contención salarial e a flexibilidade interna permitiran combater o paro, facendo súa a lóxica de Angela Merkel e do Partido Popular. As medidas polo contrario agravaran a recesión e a destrución de emprego.

A redución en masa dos salarios dos traballadores e traballadoras a través da negociación dos Convenios levará a unha maior contracción do consumo interno, o que a súa vez afectará ás pequenas e medianas empresas (que mais dificultades teñen para exportar) e ao pequeno comercio. As grandes empresas, que son as que menos emprego xeran, reduciran custes e poden optar a unha maior cota do mercado interno.

Cando ate o Financial Times, ou o FMI avisan que os axustes poden agravar a recesión no Estado Español e polo tanto incrementar a destrución de emprego, este pacto non se sostén nin dende a óptica capitalista.

Ademais Implantar medidas de flexibilidade interna nas empresas (mobilidade funcional, unha bolsa de horas por libre decisión do empresario, etc) permitiralles producir o mesmo cun menor número de traballadores/as. Si aplicando flexibilidade unha empresa pode producir con 2 persoas o que producía con 3, despedira a 1 traballador, esa é a lóxica empresarial.

Como consecuencia da caída do consumo interno e polo tanto da actividade económica e con mais desemprego caerá pois a recadación de impostos, xustificando unha nova posible suba, nomeadamente o IVE, que o PP xa prepara. E o círculo de recesión, mais desemprego e recortes salariais incrementaran a morosidade do sector financeiro e polo tanto veremos coma o Estado acude novamente ao rescate de Entidades con diñeiro público. Os recortes, rescates e axustes provocaran mais déficit.

Poden vestir a súa renuncia e venda da clase traballadora como queiran, pero que deixen de xustificar os brutais recortes en base á creación de emprego. Que o digan que o fan para salvar a súa falsa idea de España, ou simplemente porque acreditan no modelo de capitalismo financeiro e salvaxe que pretenden implantar sobre a ruína provocada pola crise do propio sistema. 

Case ao mesmo tempo Feijoo e as sucursais dos sindicatos españois asinaban un novo paquete de miniacordos dentro do que denominan diálogo social.

-“Hai paz social!!!” proclaman, nada mais lonxe da realidade, a paz implica non agresión por parte de ambos bandos e un (a patronal e os seus secuaces) golpea sen desenfreo, o que hai é rendición incondicional do sindicalismo español.

Ante a gravidade da situación provocada pola actuación irresponsables destes falsos representantes dos traballadores e traballadoras, a CIG deberá apostar forte polo marco galego de relacións laborais, por desvincular os Convenios dese pacto contra natura, pero sobre todo toca loitar e aglutinar forzas co fin de virar o sistema, dentro do mesmo non hai alternativa.

(Galiza, 27 de xaneiro de 2012)

cig.prensa@galizacig.com