Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Compostela, 3/2/2012
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

O persoal da limpeza da USC péchase na Casa da Balconada

Reclama da Universidade a paralización dos recortes previstos, de un millón de euros, que provocarán a precarización das súas condicións laborais e salariais
O persoal da concesionaria de limpeza da USC ocupaba, na mañá deste venres, a Casa da Balconada, para denunciar o recorte, en 1 millón de euros, do orzamento da contrata, as repercusións que isto terá nas condicións laborais e salariais –Clece ten a intención de aplicar un ERE de redución de xornada e soldo- e as consecuencias no propio servizo de limpeza da Universidade.

Traballadoras e traballadores da concesionaria da limpeza da Universidade de Santiago, Clece, pechábanse a primeira hora da mañá na Casa da Balconada, para manifestar a súa oposición á decisión da Universidade de Santiago de recortar o orzamento da contrata de limpeza un millón de euros.

A Universidade de Santiago anunciou un recorte orzamentario do 3% para o conxunto da entidade, que chega ao 15% no caso desta contrata. A empresa concesionaria, Clece pretende que sexa o persoal quen o pague, na súa totalidade, aplicando un ERE de redución de xornada nun 30%, coa conseguinte redución salarial.

O ERE non foi aínda presentado, pero de facerse efectivo, o Comité calcula que a empresa aforraría 1,2 millóns de euros, obtendo, aínda por riba, beneficios a maiores. Este recorte afectaría a uns 200 traballadores, máis do 90% mulleres.

A diminución de horas afectaría tamén á calidade do servizo, porque obrigaría a reducir a frecuencia das limpezas.

Transcorrida media mañá, as traballadoras e traballadores deron por finalizado o peche no interior do edificio e trasladaron a súa protesta á rúa, onde permaneceron concentrados durante máis de unha hora.

cig.prensa@galizacig.com