No colexio de Técnicos era a primeira vez que a central nacionalista presentaba candidatura e disputaba o delegado con CCOO, saíndo escollida a técnica da CIG.
No colexio de Especialistas a CIG acadou 52 votos fronte os 11 de UGT e os 9 de CC.OO, que quedou fora do computo, polo que a central nacionalista consegue tres representantes e a UGT un.
Dende a central nacionalista amosaron o seu agradecemento a todas as persoas que confiaron nos seus e nas súas candidatas, ao comité de empresa anterior, “así como a todos/as os que conformaron a nosa candidatura e sobre todo os/as nosos/as votantes, e os/as traballadores/as de Vertifil Industrial pola alta participación, xa que dun censo de 88 persoas soamente dúas quedaron sen votar”.