Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Compostela, 18/1/2012
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

A CIG gaña as eleccións no Lidl de Ourense, no Centro Casardomato

A CIG de Ourense lamenta o papel xogado por CCOO, participando na práctica do medo e a represión da empresa
Logo do conflito mantido polo despedimento dunha traballadora da tenda de Lidl en O Fonsillón (Barbadás), no que se realizaron diversas concentracións de delegados e delegadas ante as tendas Lidl de toda a provincia, se repartiron centos de panfletos cada semana nas portas dos comercios, se enviaron miles de queixas vía internet á central da multinacional, e que rematou co recoñecemento da improcedencia do despedimento antes de ter chegado ao Xulgado do Social, a CIG ven de gañar as eleccións no centro que Lidl ten no Concello de Ourense, en Casardomato.
Concentración en Ferrol

A CIG de Ourense sinala que "as traballadoras souberon valorar a tenacidade e a coherencia da acción sindical da CIG e apoiaron masivamente a nosa candidatura, mentres que a candidatura promovida pola empresa obtivo unicamente o voto da súa candidata, a encargada da tenda".

Lamenta o papel de sindicato "amarelo e esquirol" que xogou CCOO nesta empresa, participando na práctica de represión e medo no centro de traballo no que se produciu o despedimento e pretendendo estendelo tamén ao outro centro de traballo. "Este entreguismo deste sindicato, a cambio de representación electoral, non ten límites, como o pon de manifesto os 30 delegados regalados por Baltar a CCOO na Deputación de Ourense", denuncian.

Desde a CIG felicitamos ás traballadoras de Lidl e valoramos a súa firmeza e dignidade, que fai que pague a pena seguir sendo activistas en defensa dos dereitos da clase traballadora.

cig.prensa@galizacig.com