Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Vigo, 17/1/2012
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

A CIG-Valdeorras organiza en febreiro dous cursos formativos para traballadores/as en activo da empresa privada

Un de palista e outro para obter a tarxeta profesional da construción
A Unión Local de Valdeorras da Confederación Intersindical Galega (CIG) organiza a partir do mes de febreiro unha serie de cursos destinados a traballadores e traballadoras en activo da empresa privada. A oferta inclúe dous cursos, un de palista e outro para obter a tarxeta profesional da construción.

O curso de palista-cargador ten 55 horas de duración e poderán asistir un total de 15 persoas; o outro, para obter a tarxeta profesional da construción, ten unha duración de 25 horas e 15 prazas.

Todas as persoas interesadas en asistir a estes ciclos formativos teñen que anotarse antes do 27 de xaneiro. A inscrición pode facerse no local da CIG de Valdeorras ou a través do número de teléfono 988 321 511.

cig.prensa@galizacig.com