16/5/2012
Onte convocaron unha concentración diante das instalacións da empresa, en Touro
Corenta e un
traballadores da empresa ‘Francisco Gómez e Cia’, quedarán na rúa logo de
executarse o ERE aprobado unilateralmente pola empresa e que foi xustificado en
previsión de perdas futuras. Este martes, os traballadores, apoiados por
representantes da CIG-Construción, concentrábanse diante das instalacións do
grupo en Touro.
27/4/2012
A CIG celebrou unha concentración diante da Autoridade Portuaria para reivindicar postos de traballo no Porto Exterior sen riscos para a saúde e con plena seguridade
Coincidindo coa véspera da celebración do Día Internacional da Seguridade e a Saúde Laboral, extraballadores/as das obras do Porto Exterior e delegados/as da CIG participaron nunha concentración diante da Autoridade Portuaria para reivindicar a creación de empregos sen riscos de morte e con garantías do pleno cumprimento da normativa en materia de seguridade e saúde laboral. Así mesmo, coa protesta a CIG reclamar a recolocación dos exempregados da UTE-Langosteira nas futuras obras que se contraten no porto.
27/3/2012
Dende a CIG alertan da situación crítica que padecen centos de familias no noso país e animan a participar na folga xeral
Os
traballadores da construción e industrias afíns levan padecendo os
efectos da crise económica dende o seu inicio. Son moitos os
milleiros de familias que malviven sen ningún tipo de ingreso ou
cobrando unha prestación asistencial, conxelada en 426,01 € como
consecuencia da non subida do SMI por parte do Goberno do PP. No ano
2007 traballaban na construción, madeira, pedra ou derivados do
cemento en Galiza 188.264 persoas (147.062 asalariadas e 41.202
autónomas); en febreiro de 2012 as cifras caían a 107.085,
destruíndose por tanto 81.179 postos de traballo.
9/3/2012
Os traballadores/as manifestáronse dende as instalacións da fábrica no Polígono das Lagoas até a Casa do Concello
Os traballadores e traballadoras de Privilege manifestáronse na mañá deste venres dende as portas da fábrica no Polígono das Lagoas até a Casa Concello de Narón, onde mantiveron unha xuntanza co alcalde e os/as voceiros/as dos grupos municipais para demandar o apoio da Corporación e instalos a urxir á Xunta na procura dun comprador para a factoría que posibilite á continuidade da actividade e os 73 empregos.
29/2/2012
A decisión chega dous anos despois do peche da empresa ourensá, cando xa non fan falta para os procesos xudiciais
Dous
anos despois do peche da empresa ourensá Vidreira do Atlántico por
imposición da súa patronal, a Axencia Española de Protección de
Datos (AEPD), vén de ditar unha resolución estimando a solicitude
de Manoel Anxo García Torres (CIG) e 100 traballadores/as máis. En
2009 solicitáranlle á compañía o acceso e entrega das imaxes e
sons gravados pola dirección durante as cinco convocatorias de
folga desenvolvidas dende xaneiro a marzo dese ano ao entender que
estaba a vulnerar o dereito fundamental como é o de folga.
23/2/2012
Esixen o pagamento de parte dos terreos que ocupaba GEA en Vigo e que foron adquiridos hai anos por unha inmobiliaria de Azkar
Un grupo dunhas 50 ex traballadoras e ex traballadores do Grupo de Empresas Álvarez (GEA), trasladaranse este xoves até Culleredo para realizar unha concentración diante das instalacións que Transportes Azkar ten no Polígono de Ledoño. Con esta nova protesta, o persoal quere esixir o pagamento das contías económicas que a empresa “Inmobiliaria Subel” –propiedade de Azkar- adebeda aos ex traballadores e ex traballadoras de GEA de Arcade e Vigo.
17/2/2012
O persoal está afectado por un ERE temporal e a propietaria vén de presentar concurso de acredores
Os traballadores e traballadoras de Privilege, empresa que se dedica á fabricación de pranchas de cuarzo granulado, concentráronse na mañá deste venres ás portas da factoría para esixir carga de traballo á principal propietaria (a italiana Quarella), co obxectivo de garantir así a continuidade da actividade e os 73 postos de traballo.