Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Portugal: Acerca do peso do Estado
27/01/2012Vaz de Carvalho
1. A ladainha neoliberal reza assim: "O peso do Estado em Portugal é excessivo, a carga fiscal excessiva. O Estado asfixia a economia privada cons...
Falsas xustificacións do Acordo de Negociación Colectiva
27/01/2012Clodomiro Montero M.
O acordo asinado polas cúpulas sindicais de CCOO e UGT, sen contar cos traballadores e traballadoras é un novo froito amargo da centralización da...
Entrevista com Tariq Ali: “Só protestar simbolicamente não é suficiente”
25/01/2012Heloisa Gimenez, Marcio Rabat e Vinicius Mansur
O mundo está pedindo a gritos um sistema diferente. Essa é a imensa tragédia e a contradição em todos os níveis: na economia, nas condições ...
2012: a crise americana cinco anos depois
24/01/2012João Sicsu
A política de Obama de combate à crise foi fundamentalmente uma política de resgate dos grandes, isto é, dos grandes bancos, das grandes indúst...
A demonização da classe trabalhadora britânica
24/01/2012Marcelo Justo
As três décadas de neoliberalismo, inauguradas por Margaret Thatcher com uma drástica desindustrialização nos anos 80, marcaram o triunfo de um...
O que acontecerá à União Europeia?
20/01/2012Wim Dierckxsens
Crueldade, impotencia
20/01/2012Xosé Luís Santos Cabanas
Entrevistas
21/10/2011 Membro da Comisión Executiva da CGTP-IN e Secretaria de Relacións Internacionais

A Secretaria de Relacións Internacionais da CGTP-Intersindical Nacional, Graciete Cruz, que participou en representación da central sindical portuguesa nun encontro coa CIG e ELA, considera que a situación económica e social da República Portuguesa empeorará aínda máis tras aprobarse un duro plan de recortes, vía orzamentos do Estado para 2012, para cumprir co plan de rescate imposto polo FMI, o BCE e a UE. Advirte que hipotecarán o desenvolvemento económico, xerarán máis pobreza e exclusión social. Fronte a isto defende a aplicación doutras políticas decididas desde e por Portugal. Para iso, a CGTP vén convocando multitudinarias mobilizacións nos últimos anos. Durante esta semana, do 20 ao 27 de outubro, unha “semana de loita”, e para o 24 de novembro, folga xeral.

17/10/2011 Adolfo Muñoz, Secretario Xeral de ELA

O secretario xeral de ELA, Adolfo Muñoz, analiza o impacto da crise económica en Euskal Herria, as consecuencias que está a ter en materia de recortes sociais e laborais e as alternativas que ELA vén defendendo para mudar o actual modelo. Xunto a isto, manifesta o seu “optimismo” ante un proceso político que abre a vía para a normalización de Euskal Herria. Un optimismo no que encadra os emprazamentos do Grupo Internacional de Contacto, promovido por Brian Currin, que se reuniu este luns no Palacio de Aiete de Donostia. A entrevista foi realizada o pasado xoves, día 13 de outubro, en Compostela, a onde se trasladou para participar nunha xuntanza organizada pola CIG.

29/3/2011 Antón Gómez Reino, “Tone”, integrante da Plataforma Boicote, Desinvestimento, Sancións contra Israel

Boicote, Desinvestimento, Sancións son os tres eixos baixo os que xira a actividade da plataforma internacional BDS, que dende hai oito meses opera tamén na Galiza. Entrevistamos a Antón Gómez Reino, “Tone”, integrante de BDS-Galiza, quen explica os principios e obxectivos deste movemento.

27/10/2010 Entrevista á antropóloga social verbo a emigración e retorno dos galegos emigrados a Suíza

Marianne Helfer (Suíza, 1977) é na actualidade unha das principais especialistas verbo o retorno dos emigrantes galegos a Galiza. En 2006 remata a carreira de Antropoloxía Social en Berna cun traballo verbo o retorno das e dos emigrantes galegos de Suíza a Galiza (bisbarra de Bergantiños, A Coruña). Colaborou coa Confederación Intersindical Galega na elaboración do primeiro libro monográfico dedicado á emigración galega a Suíza con motivo do L aniversario do inicio desa emigración (1960-2010). Convidada pola CIG en agosto de 2010, presentou o traballo en Carballo.

15/9/2010 Entrevista ao Secretario Xeral da CIG, Suso Seixo, con motivo da convocatoria de folga xeral
Entrevistamos ao Secretario Xeral da CIG, Suso Seixo, a respecto da convocatoria de folga xeral: motivos, expectativas e consecuencias da mobilización. Seixo advirte que se non hai unha resposta contundente o día 29 de setembro, a situación para a clase traballadora será moi complexa e acelerarase a perda de dereitos coa aplicación de novas medidas regresivas (reforma do sistema de pensións, das prestacións do desemprego ou a negociación colectiva) que tardaremos anos en reverter.
5/11/2009 Secretario nacional da Federación de Banca
O debate sobre a fusión das caixas galegas entre si ou con entidades foráneas está aberto. Clodomiro Montero, secretario nacional da federación de Banca da CIG, explica nesta entrevista cales son as causas que levaron a estas entidades a actual situación e analiza o papel xogado polo PP e polo PSOE, como responsábeis de implantar un modelo económico como o actual. Montero advirte que, en todo caso, a intención última é concentrar para logo privatizar. “Unha nova lei de caixas podería garantir a cohesión social e territorial dentro do país e que Galiza blindara as súas competencias”, sinala.
cig.prensa@galizacig.com