10/5/2012
O anuncio foi feito en rolda de prensa ao remate dunha xuntanza bilateral de traballo mantida en Donostia
Os secretarios
xerais do sindicato vasco ELA e mais da CIG, Adolfo
Muñoz “Txiki” e Suso Seixo,
anunciaron hoxe a presentación dunha querela criminal ou, no
seu caso, unha demanda
penal, contra os responsábeis políticos dos gobernos e o
gobernador do Banco de
España, Miguel Ángel Ordoñez, pola súa responsabilidade
na grave situación
financeira do Estado español.
1/5/2012
A central chama a continuar no proceso de acumulación de forzas e de contestación para crear un escenario favorábel aos intereses da clase traballadora galega
Unhas 60.000 persoas manifestáronse coa CIG neste Primeiro de Maio, Día Internacional da Clase Traballadora, para amosar na rúa o seu rexeitamento ás políticas laborais e económicas do PP e demandar outras medidas favorábeis aos intereses da clase obreira. A central nacionalista, que convocou as manifestacións baixo o lema “Por emprego digno, non á reforma laboral do PP” e “En defensa do ensino e da sanidade públicos”, reiterou o chamamento a seguir na contestación social e no proceso de acumulación de forzas para avanzar na consecución dun modelo económico e social máis xusto e solidario.
18/4/2012
A CIG convoca mobilizacións por todo o país coincidindo co Día Internacional da Clase Traballadora, a central será na Coruña
Afrontamos este 1º de Maio sumidos/as nunha profunda crise económica que afecta de forma moi directa á clase traballadora a través da perda de miles de empregos, redución de salarios, precarización das condicións de traballo, perda de dereitos, etc. As políticas económicas, sociais e laborais que está a promover o PP a través dos Gobernos español e galego, seguindo as directrices de institucións como o FMI, o BCE ou a Comunidade Europea, responden ao seu modelo ideolóxico de economía neoliberal e de defensa dos intereses da banca, dos especuladores e da oligarquía financeira. Contra isto, a CIG chama á clase traballadora galega a participar nas mobilizacións convocadas en todo o país para reclamar emprego digno e rexeitar as medidas antiobreiras que se nos están a impoñer.
12/4/2012
A central nacionalista celebrou concentracións nas sete cidades galegas coincidindo co debate das emendas ao texto no Congreso dos Deputados
Milleiros de galegos e galegas volveron manifestar nas rúas do país a súa oposición á reforma laboral do Partido Popular. Coincidindo co debate das emendas á totalidade no Congreso dos Deputados, a CIG celebrou concentracións nas sete cidades de Galiza para esixir a súa retirada. A central denuncia que se trata dunha reforma pensada para facilitar o despedimento e favorecer a competitividade, pola vía de reducir salarios e rebaixar as condicións laborais substituíndo emprego fixo por precario, e considera que só coa mobilización se poden frear as políticas de recortes de dereitos laborais e sociais do PP.
3/4/2012
O número de parados e paradas incrementouse un 11,5% con respecto ao mesmo mes do ano 2011
O número de desempregados/as rexistrado en Galiza volveu acadar en marzo un novo máximo histórico ao sumar 2.120 parados/as máis, chegando así até as 276.795 persoas, segundo datos ofrecidos hoxe polo Ministerio de Emprego. Diante desta gravísima situación, a CIG reitera a súa crítica ás medidas de austeridade e control do déficit público practicadas polos diferentes gobernos, que provocan unha destrución acelerada do emprego, e demanda o incremento do investimento público e un apoio decidido aos nosos sectores produtivos.
30/3/2012
Suso Seixo considera que as manifestacións da xornada de folga xeral foron as máis multitudinarias na historia das mobilizacións convocadas por unha cuestión laboral
A CIG anunciou esta mañá, en rolda de prensa, a
convocatoria de mobilizacións, coincidindo coa votación, no Congreso dos
Deputados, da reforma laboral. A data fixarase cando se confirme o día no que
se celebrará ese pleno, aínda que todo parece indicar que será o vindeiro 12 de
abril. O anuncio fíxoo Suso Seixo, secretario xeral, quen recoñeceu que tanto o
seguimento da folga como as multitudinarias manifestacións superaron todas as
previsións. “Percibíase a preocupación e o rexeitamento dos traballadores
e traballadoras á reforma nas asembleas,
o que facía pensar que sería un éxito, pero a resposta foi incluso superior ao
que agardábamos”.