Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Portugal: Acerca do peso do Estado
27/01/2012Vaz de Carvalho
1. A ladainha neoliberal reza assim: "O peso do Estado em Portugal é excessivo, a carga fiscal excessiva. O Estado asfixia a economia privada cons...
Falsas xustificacións do Acordo de Negociación Colectiva
27/01/2012Clodomiro Montero M.
O acordo asinado polas cúpulas sindicais de CCOO e UGT, sen contar cos traballadores e traballadoras é un novo froito amargo da centralización da...
Entrevista com Tariq Ali: “Só protestar simbolicamente não é suficiente”
25/01/2012Heloisa Gimenez, Marcio Rabat e Vinicius Mansur
O mundo está pedindo a gritos um sistema diferente. Essa é a imensa tragédia e a contradição em todos os níveis: na economia, nas condições ...
2012: a crise americana cinco anos depois
24/01/2012João Sicsu
A política de Obama de combate à crise foi fundamentalmente uma política de resgate dos grandes, isto é, dos grandes bancos, das grandes indúst...
A demonização da classe trabalhadora britânica
24/01/2012Marcelo Justo
As três décadas de neoliberalismo, inauguradas por Margaret Thatcher com uma drástica desindustrialização nos anos 80, marcaram o triunfo de um...
O que acontecerá à União Europeia?
20/01/2012Wim Dierckxsens
Crueldade, impotencia
20/01/2012Xosé Luís Santos Cabanas
Confederal
3/2/2012 Anuncia mobilizacións para exixir a súa reconsideración e retirada
A Área Pública da CIG manifesta o seu rotundo rexeitamento ás medidas anunciadas pola conselleira de Facenda, no día de hoxe. Medidas que implican recortes nas condicións laborais e salariais e supresión de dereitos do persoal das administracións públicas. A Xunta de Galiza pretende eliminar desde o cobro do 100% de salario en todas as baixas por debaixo dos 21 días, até reducir de forma obrigatoria un terzo da xornada e, en consecuencia de salario, aos traballadores/as interinos e contratados. A CIG exixe a reconsideración e retirada destas propostas ou, do contrario, convocará a todas as empregadas e empregados públicos a mobilizarse en defensa dos seus dereitos.
2/2/2012 O noso país sumou 13.000 parados e paradas máis o mes pasado, o que o converte no peor xaneiro dende hai tres anos
As cifras do paro en Galiza seguen a superar máximos históricos. O mes pasado 13.050 persoas perderon o seu emprego no noso país, o que o converte no peor xaneiro dos últimos tres anos. O total de parados/as é de 271.284, un 10% máis que no mesmo período de 2011.
27/1/2012 Segundo a EPA, Pontevedra foi a provincia que máis emprego destruíu, mentres que Vigo rexistrou o 33% dos novos parados/as de todo o País no último trimestre de 2011
Os datos da EPA coñecidos este venres volven revelar o deterioro progresivo e imparábel do mercado laboral, así como a ineficacia das medidas impostas polos gobernos galego e español baseadas nas políticas de austeridade, a contención do gasto público e dos salarios. Galiza rematou o ano con 71.800 fogares con todos os seus membros no paro, case 10.000 vivendas máis afectadas que no mesmo período do ano anterior. Dramáticos resultan tamén os datos da cidade de Vigo que, no cuarto trimestre de 2011, sumou o 33% do total dos/as 10.600 novos desempregados/as de todo o País.
25/1/2012 Antolín Alcántara, secretario confederal de negociación colectiva asegura que “estamos ante o maior ataque da historia aos salarios da clase traballadora”
A CIG manifesta a súa máis enérxica e rotunda oposición á cesión de CCOO e UGT ante as demandas da patronal, asinando un acordo polo que os incrementos salariais deixarán de calcularse en función do IPC como até o de agora. O secretario confederal de Negociación Colectiva, Antolín Alcántara considera que estamos “ante o maior ataque na historia aos salarios da clase traballadora”.
10/1/2012 O secretariado confederal acorda pór en marcha unha campaña para denunciar as súas consecuencias, reclamar políticas alternativas e esixir maior soberanía
O Secretariado Confederal da CIG, reunido este martes en Compostela, acordou convocar concentracións de delegados/as para este xoves, 12 de xaneiro, diante das delegacións de Facenda da administración central para manifestar o seu rexeitamento ás medidas aprobadas, vía decreto, polo goberno do PP. A central sindical, que tamén celebrará asembleas para analizar o novo escenario, considera que estas decisións son claramente negativas para a clase traballadora porque “os recortes do investimento público provocarán máis destrución de emprego e o deterioro dos servizos públicos e as medidas fiscais adoptadas nada teñen que ver coa reforma fiscal que sería necesario acometer”, afirma o Secretario Xeral, Suso Seixo.
3/1/2012 A temporalidade é “escandalosa”, só un 6% dos novos contratos foron indefinidos
O paro segue medrando en Galiza por riba da media estatal. Mentres que no conxunto do Estado o número de desempregados/as se incrementou en 1.897 persoas en decembro, en Galiza inscribíronse 4.818 novos/as parados/as, só por detrás de Castela-León, sumando un total de 258.234. A contratación experimentou unha espectacular caída e dos novos contratos asinados só un 6% foron indefinidos. A CIG denuncia que esta situación constata a paralización do mercado de traballo e “a incapacidade do goberno do PP, á fronte da xunta de Galiza, para pór en marcha políticas de apoio aos sectores produtivos para favorecer a creación de emprego”, afirma o secretario confederal de Emprego, Antonio López Rivera.
30/12/2011 A redución do gasto público provocará máis desemprego e perda de calidade nos servizos públicos
O goberno Rajoy anunciaba tras do Consello de Ministros, toda unha serie de medidas, en materia económica, destinadas a reducir o gasto público en 8.900 millóns de euros. Para o secretario xeral da CIG, Suso Seixo, supón dar continuidade ás políticas que viña aplicando o PSOE, dirixidas unicamente a reducir o déficit público, a custo de empeorar as condicións de vida de pensionistas, traballadores que perciben o SMI, empregados/as públicos/as ou dependentes. Alén diso, non introduciu nin unha soa medida para combater a especulación coa débeda pública, nin para estimular a economía e a creación de emprego.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com