Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Banco Central Europeo: un pirómano ao servizo da banca privada
15/05/2012Juan Torres López
Cando a historia xulgue dentro duns anos o que agora está pasando en Europa atopará no comportamento do Banco Central Europeo unha causa principal...
Europa: O vento mudou
15/05/2012José Manuel Pureza
A política europeia virou? Não. Mas só o sectarismo mais cego se recusará a reconhecer que as condições do combate político em escala europei...
"Catástrofe liberal": crise arrasta Europa para a incerteza
15/05/2012Eduardo Febbro
O tabu sobre a unidade em torno do euro foi reduzido a pedaços. A União Europeia considera cada vez mais a possibilidade de que a Grécia abandone...
A vitória de François Hollande sob a maldição de Mitterrand
14/05/2012J. Carlos de Assis
A propósito da eleição de François Hollande, cabe lembrar a primeira eleição de um socialista na França, François Mitterrand, no início dos...
O que está acontecendo na Síria
14/05/2012Maurizio Musolino
Em pouquíssimas semanas a oposição que enchia as praças é substituída por algo bem diferente, o terrorismo, que tem por fim último o velho pr...
Portugal: Pacto de Agressão - Um ano depois
14/05/2012José Alberto Lourenço
O ouriço financeiro europeu
11/05/2012Flávio Aguiar
O medo do exemplo
11/05/2012João Ferreira
Balanço das eleições gregas
09/05/2012Rui Viana Pereira
Vigo Vigo
21/5/2012 No marco dunha mobilización da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público que se está a desenvolver en centros educativos de todo o país
Pais e nais, estudantes e docentes iniciaron hoxe luns día 21 un peche no Instituto de Educación Secundaria San Tomé de Freixeiro de Vigo para esixir da Consellaría de Educación que non aplique no noso país ningún dos recortes que recolle o RD Lei 14/2012 ou que o recorra por invadir as competencias que en materia educativa ten a Xunta. O peche, promovido pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, iniciouse ás 16.00 horas e está previsto que remate ás 9.00 horas do martes 22.
15/5/2012 O secretario confederal de Negociación Colectiva da CIG recibiu o apoio e a solidariedade dos seus compañeiros/as ás portas dos xulgados de Vigo
A Fiscalía decidiu manter a petición de prisión para o secretario confederal de Negociación Colectiva e Saúde Laboral da CIG ao remate do xuízo celebrado este martes en Vigo a pesar de que non quedou acreditada a autoría dos feitos polos que se lle acusa, xunto a outras dúas persoas, de desordes públicos e danos durante a ocupación da estación marítima na folga do metal de 2009. Antolín Alcántara recibiu o apoio e a solidariedade dun nutrido grupo de compañeiros/as da central nacionalista, que se concentraron ás portas dos xulgados para reclamar a súa absolución.
14/5/2012 A Fiscalía solicita catro anos de prisión para el e dúas persoas máis pola ocupación da estación marítima de Vigo en 2009
A CIG convoca unha concentración solidaria diante dos Xulgados de Vigo mañá martes a partir das 8.30 horas coincidindo co xuízo, que fora adiado, contra un dirixente da central e outras dúas persoas máis que participaron nas folgas convocadas durante a negociación do convenio colectivo do metal. A Fiscalía solicita catro anos de prisión e unha multa económica para Antolín Alcántara, secretario confedral de Negociación Colectiva e Saúde Laboral, acusado de ocupar a estación marítima xunto a outros traballadores/as durante as mobilizacións do ano 2009.
12/5/2012 CIG, CCOO e UGT esíxenlle a Xunta e Goberno español que fagan unha aposta política seria para salvar unha industria estratéxica para Galiza
Máis de 10.000 persoas manifestáronse hoxe polas rúas de Vigo convocadas polos tres sindicatos maioritarios da comarca -CIG, CCOO e UGT- para reclamarlle a Xunta e Goberno español “medidas urxentes” que permitan salvar o sector naval. En concreto, apostan polo desbloqueo do tax lease, pola recuperación do sistema de crédito e avais ás empresas e polo apoio a equipos humanos e financeiros con capacidade real de xestión.
10/5/2012 Trátase dunha iniciativa lúdico-educativa para reivindicar a normalización da lingua galega
Vigo foi escenario hoxe dunha nova edición do Correlingua, actividade lúdico-educativa de reinvindicación da lingua galega organizada pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega, a CIG–Ensino e a Mesa pola Normalización Lingüística xunto cos Concellos de Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo. Arredor de 1.500 rapaces e rapazas percorreron as rúas da cidade antes de rematar no parque de Castrelos, onde tiveron lugar as actuacións musicais e as actividades lúdicas para os máis pequenos.
10/5/2012 A cidade acollerá este sábado unha manifestación para reclamar a implicación dos Gobernos español e galego na grave crise do sector
As rúas de Vigo volveron acoller hoxe as reivindicacións de milleiros de traballadores/as e parados/as do naval coincidindo co paro de media xornada convocado no sector. Para este sábado está prevista unha manifestación conxunta coa que se pretende a implicación da Xunta e do Goberno español na grave crise que atravesa unha industria fundamental para a economía da comarca e estratéxica no conxunto do país.
7/5/2012 Lembran que a economía da comarca depende en boa parte dun sector que xa perdeu 8.000 empregos dende o bloqueo do tax lease
Os sindicatos maioritarios da comarca de Vigo -CIG, CCOO e UGT- fan un chamamento a todos os veciños e veciñas para que participen nas mobilizacións convocadas nos vindeiros días para reclamar unha solución definitiva á “situación límite” que atravesa o naval. Deste xeito, ao paro de media xornada previsto no sector para o xoves súmase tamén unha gran manifestación cidadá que percorrerá as rúas da cidade este sábado 12 de maio.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com