Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
Vigo, A Coruña, Santiago, Ferrol, Pontevedra, Ourense e Lugo acollerán mobilizacións para rexeitar os ataques do Goberno español do PP aos dereitos da maioría social
21/05/2012
A Confederación Intersindical Galega convoca concentracións nas sete cidades galegas este mércores 23 para rexeitar a reforma laboral que o Goberno español do Partido Popular ten previsto aprobar no Congreso dos Deputados ao día seguinte. A central nacionalista chama á clase traballadora galega a responder na rúa os ataques contra os dereitos da maioría social.
A manifestación foi convocada pola plataforma cidadá “Queremos Galego” baixo o lema “Paremos os ataques contra o galego”
18/05/2012
Arredor de 25.000 persoas sumáronse á manifestación convocada pola plataforma cidadá Queremos Galego, na que está integrada a CIG, baixo o lema “Paremos os ataques contra o galego”. A mobilización rematou na praza da Quintana, que se quedou pequena para acoller a todas as persoas desprazadas a Compostela de todas as partes de Galiza.
Analizou tamén a situación sociolaboral das mulleres e presentou numerosas propostas de mellora para camiñar cara solucionar esta problemática
21/05/2012
A secretaria de Muller, Margarida Corral, compareceu o pasado mércores día 16 de maio, na Comisión non permanente para o estudo da necesidade de racionalización dos horarios e da situación sociolaboral das mulleres de Galiza. Unha comparecencia na que manifestou a necesidade de facer unha aposta real e concreta pola conciliación dos tempos, “xa que esta pode axudarnos a superar a brecha que separa o discurso da igualdade de oportunidades, politicamente correcto, da práctica cotiá nas organizacións e nos fogares”.
A medida afecta aos 22 empregados da empresa, que teñen vixente unha suspensión temporal dos contratos
21/05/2012
Os traballadores/as de Talleres Carral protagonizaron na mañá deste luns unha concentración ás portas do SMAC da Coruña, coincidindo coa primeira xuntanza das negociacións entre a parte social e a empresarial por mor do ERE de extinción que a dirección pretende levar adiante e que afectaría aos/ás 22 operarios/as.
Segue exixindo da Consellaría de Educación que non o aplique en Galiza e que presente un recurso en contra
21/05/2012
O Congreso dos deputados aprobaba, o pasado 17 de maio, cos únicos votos do PP, e os votos en contra de toda a oposición, o Real Decreto Lei 14/2012 que recolle unha batería de recortes en Educación para seren aplicados nos distintos territorios do Estado. A CIG-Ensino reclamou, desde o primeiro momento, a non aplicación en Galiza deste Real Decreto pensado e posto en marcha para dar un golpe de morte ao ensino público. Porén, denuncia a complicidade co Goberno central coa que está actuando o Conselleiro de Educación, que como unha “marioneta” asume os mandatos do PP.
No marco dunha mobilización da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público que se está a desenvolver en centros educativos de todo o país
21/05/2012
Pais e nais, estudantes e docentes iniciaron hoxe luns día 21 un peche no Instituto de Educación Secundaria San Tomé de Freixeiro de Vigo para esixir da Consellaría de Educación que non aplique no noso país ningún dos recortes que recolle o RD Lei 14/2012 ou que o recorra por invadir as competencias que en materia educativa ten a Xunta. O peche, promovido pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, iniciouse ás 16.00 horas e está previsto que remate ás 9.00 horas do martes 22.
O persoal, que continúa en folga indefinida, mantivo unha xuntanza coa empresa este luns
21/05/2012
A representación dos traballadores/as de Einsa Print mantiveron este luns unha xuntanza coa dirección para abordar o plan de axustes presentado pola empresa e presentar unhas alternativas que eviten a baixada brutal de salarios e o despedimento de 29 empregados/as.
Delegados e delegadas concentráronse diante do Sergas para denunciar a pretensión do PP de rematar co modelo sanitario público, universal e gratuíto
16/05/2012
Delegados e delegadas de CIG-Saúde concentráronse este martes diante do edificio do Sergas, en Compostela, para reclamar a retirada do decreto aprobado polo PP en Madrid e trasladado por Feijóo “submisamente” a Galiza. Un decreto que, denuncian, pon en perigo o modelo sanitario público, gratuíto e universal e que terá consecuencias negativas tanto para o persoal como para as usuarias e usuarios. A convocatoria coincidía coa celebración da mesa sectorial na que se tratou precisamente este asunto, entre outros.
Os traballadores/as, que cumpren dez días en folga, trasladaron as súas protestas até as portas da Delegación do Goberno
18/05/2012
Os traballadores/as de Einsa trasladáronse na mañá deste venres até A Coruña para realizar unha concentración diante da Delegación do Goberno, onde tamén entregaron un escrito dirixido ao Ministerio de Emprego e Seguridade Social para demandar a súa mediación no conflito e evitar tanto os despedimentos como a rebaixa das condicións laborais que pretende impor a empresa. O persoal, que leva dez días en folga indefinida, continúa así co calendario de mobilizacións en contra do plan de axustes ideado pola dirección para aforrar case tres millóns de euros e facer fronte ás súas débedas cos bancos.
Esixen o mantemento dos empregos e das condicións laborais e garantías do carácter público dos servizos
16/05/2012
Traballadores e traballadoras dos centros dependentes da Consellería de Traballo e Benestar e do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar recibiron esta mañá cunha sonora pitada á titular do departamento autonómico, Beatriz Mato, á súa chegada ao Concello de Oleiros. A protesta enmárcase no calendario de mobilizacións que a central sindical vén realizando en defensa dos servizos públicos, dos empregos e dunhas condicións laborais dignas para o conxunto do persoal destes centros.
A Federación critica o cambio de modelo de xestión, “ao máis puro estilo empresarial”, e o deterioro progresivo da calidade do servizo prestado
21/05/2012
A CIG-Ensino realizou o pasado mércores unha concentración na Praza do Concello de Ortigueira en rexeitamento á política de acoso laboral, represalias e despedimentos que está a pór en práctica a Xerencia e o Presidente da Asociación Aspromor no centro de atención a persoas con discapacidade que ten en dito concello. Dende a central sindical demándase un cambio de rumbo na nova xestión que recupere os obxectivos polos que foi creada a asociación, centrada na atención aos/ás usuarios/as, e se respecten os dereitos dos traballadores/as.
Onte convocaron unha concentración diante das instalacións da empresa, en Touro
16/05/2012
Corenta e un traballadores da empresa ‘Francisco Gómez e Cia’, quedarán na rúa logo de executarse o ERE aprobado unilateralmente pola empresa e que foi xustificado en previsión de perdas futuras. Este martes, os traballadores, apoiados por representantes da CIG-Construción, concentrábanse diante das instalacións do grupo en Touro.
CIG, CCOO, UGT e CSIF demandan a suspensión da Lei de medidas para o emprego público mentres non se aclare se é constitucional ou non
15/05/2012
As centrais sindicais CIG,CCOO, UGT e CSIF presentaron o pasado venres perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza unha demanda por conflito colectivo pola aplicación da Lei de Medidas para o Emprego Público que, aseguran, vulnera o V Convenio do Persoal Laboral da Xunta de Galiza. Esta mañá demandaban ademais, en rolda de prensa conxunta, que, mentres non saia a sentenza e se aclare a cuestión de constitucionalidade, se suspenda a aplicación do decreto.
Manifestacións masivas da CIG no 1º de maio
 
Artigos de opinión
Banco Central Europeo: un pirómano ao servizo da banca privada
15/05/2012Juan Torres López
Cando a historia xulgue dentro duns anos o que agora está pasando en Europa atopará no comportamento do Banco Central Europeo unha causa principal...
Europa: O vento mudou
15/05/2012José Manuel Pureza
A política europeia virou? Não. Mas só o sectarismo mais cego se recusará a reconhecer que as condições do combate político em escala europei...
"Catástrofe liberal": crise arrasta Europa para a incerteza
15/05/2012Eduardo Febbro
O tabu sobre a unidade em torno do euro foi reduzido a pedaços. A União Europeia considera cada vez mais a possibilidade de que a Grécia abandone...
A vitória de François Hollande sob a maldição de Mitterrand
14/05/2012J. Carlos de Assis
A propósito da eleição de François Hollande, cabe lembrar a primeira eleição de um socialista na França, François Mitterrand, no início dos...
O que está acontecendo na Síria
14/05/2012Maurizio Musolino
Em pouquíssimas semanas a oposição que enchia as praças é substituída por algo bem diferente, o terrorismo, que tem por fim último o velho pr...
Portugal: Pacto de Agressão - Um ano depois
14/05/2012José Alberto Lourenço
O ouriço financeiro europeu
11/05/2012Flávio Aguiar
O medo do exemplo
11/05/2012João Ferreira
Balanço das eleições gregas
09/05/2012Rui Viana Pereira
cig.prensa@galizacig.com