·Actualidade / Índice

GalizaCIG·

Volver
14/03/2008 Máis de 100 persoas participan
Asemblea de delegados/as en Ourense dá comezo á recollida de sinaturas contra o plus dos altos cargos
O 13 de marzo citábanse delegados/as sindicais da CIG nunha asemblea para tratar as liñas xerais da negociación colectiva para 2008, así como dar comezo á campaña de recollida de sinaturas co obxectivo de presentar unha iniciativa lexislativa popular no Parlamento de Galiza para derrogar o plus dos altos cargos
Asinaron Educación, patronal e as outras organizacións sindicais
A CIG non subscribe o acordo para o ensino concertado por considerar que empeora o acadado a principio de ano
O 12 de marzo a Conselleira de Educación, as patronais do ensino concertado e as outras organizacións sindicais asinaron un acordo que a CIG-Ensino non suscribíu por considerar que supón un empeoramento para as condicións de traballo do persoal con respecto ao outro acordo, que estaba asinado por todos/as
A iniciativa nacionalista foi aprobada por unanimidade
O Parlamento de Galiza recoñece o labor sindical dos despedidos polo conflito do “Casón”
O Parlamento de Galiza aprobou por unanimidade, o pasado mércores 12 de marzo, unha proposición non de lei na que se insta a recoñecer o labor sindical dos representantes da empresa Alúmina-Aluminio, despedidos polo conflito do “Casón”
Demandan un plano de formación para o profesorado e a promoción
da lei

CIG-Ensino, A Mesa e AS-PG denuncian a “pasividade” de Educación ante o incumprimento do decreto do galego
A CIG-Ensino, A Mesa pola Normalización Lingüística e a Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) reclamaron á Consellaría de Educación que faga cumprir o Decreto 124/2007, que regula o uso e a promoción do galego no ensino, ante o “incumprimento masivo” que as tres organizacións veñen denunciando
Do 11 ao 31 de marzo para novos ingresos
Aberto o prazo para solicitar prazas nas escolas infantís (de 0 a 3 anos) para o curso 2008-2009
O Diario Oficial de Galiza (DOG) número 45 de 4 de marzo informa da apertura do prazo para solicitar prazas nas escolas infantís, dependentes da Vicepresidencia de Igualdade e Benestar da Xunta de Galiza, para o curso 2008-2009
O sindicalismo galego, a nosa realidade e retos
Relatorio de Manuel Mera (Galiza)
A via de desenvolvimento de orientação socialista
Artigo Samir Amin (Vermelho)
13/03/2008 Denuncian ritmo de traballo
Novo accidente nas obras do AVE en Ourense
O ritmo de traballo na obra pública segue a poñer en perigo a vida dos traballadores, e así é sinalado pola Comarca da CIG de Ourense e denunciado publicamente desde que comezara o aumento continuo do número de accidentes
Uribe e as guerras preventivas
Artigo de Carlos Abel Suárez (Agência Carta Maior)
Fidel Castro, do primeiro ao quarto poder
Artigo de Ignacio Ramonet (Agência Carta Maior)
12/03/2008 O 31 de marzo manifestaranse diante do Concello de A Coruña
Os traballadores de Albada irán a folga o 12 de abril
Os traballadores da planta de tratamento de residuos sólidos urbanos de A Coruña que xestiona a empresa Albada irán á folga o 12 de abril como medida de protesta para que a dirección sente a negociar o Convenio Colectivo
Galiza no mundo, educación e sociedade
I Xornadas de Socioloxía da Educación
CIG-Ensino e a AS-PG desenvolverán, entre os días 26 de marzo e 17 de abril , as primeiras Xornadas de Socioloxía da Educación, baixo o título “Galiza no mundo, educación e sociedade” en A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago, Vigo e Ferrol. A inscrición pódese facer na páxina de CIG-Ensino
11/03/2008 Actos da CIG en Ferrol
Mil persoas secundan a manifestación nacional do 10 de Marzo
Por volta de mil persoas participaron en Ferrol na manifestación nacional que organizou a CIG no Día da Clase Obreira Galega. A denuncia da carestía da vida, a reclamación do Marco Galego de Relacións Laborais e a defensa da soberanía do país foron os eixes sobre os que xirou a marcha do 10 de Marzo
Contra a represión
Máis de 600 persoas maniféstanse en Vigo no Día da Clase Obreira Galega
O 10 de Marzo comezou en Vigo cunha numerosa asemblea de delegados e delegadas que daría paso a unha mobilización que rematou na Praza da Estrela, fronte á Delegación da Xunta de Galiza en Vigo
Pola invasión militar israelí na franxa de Gaza
A CIG enviou ás centrais sindicais palestinas unha mensaxe de solidariedade e apoio
A franxa de Gaza foi o escenario dunha nova agresión militar de Israel. Co argumento de poñer punto final ao lanzamento dos foguetes artesanais coñecidos como Kassam, o exército penetrou en territorio palestino producindo máis de 100 vítimas mortais e superando en 300 o número de feridos
Brasil: A valorização do salário mínimo
Artigo de Altamiro Borges (Actualidade GalizaCIG)
Entrevista a Ricardo Antunes
“Cada vez máis homes e mulleres viven a precariedade do desemprego estrutural”
Redacción da Revista PAMPA
Entrevista a Luiz Gonzaga Belluzzo
“Não temos uma definição exata nem da profundidade nem da extensão da crise”
Redacción de IHU On-Line
Alemanha: A esquerda e os pseudo argumentos económicos
Artigo de Michael R. Krätke (ODiario.info)
08/03/2008 Mantiveron unha folga de 60 días no Concello de Compostela até acadar a dignificación das súas condicións laborais
A CIG outorga o Premio do Día da Muller Traballadora ás traballadoras de ISS Facility Services
A Secretaría da Muller da CIG vén de conceder o premio do Día da Muller Traballadora, na súa II Edición, ás traballadoras de ISS Facility Services -empresa concesionaria do servizo de limpeza do Concello de Santiago de Compostela-, que protagonizaron unha folga de tres meses de duración
Henrique Pérez, secretario da sección sindical: “Fomenta as desigualdades salariais e é insolidario”
A CIG rexeita asinar o novo convenio en Citroën
O pasado 4 de marzo os sindicatos con representación no Comité de Empresa da planta de PSA Peugeot Citroën en Vigo, a excepción da CIG, asinaron un preacordo para un novo convenio. Na entrevista con Henrique Pérez, secretario da sección sindical da CIG en Citroën, explica as razóns e motivos que lles levou a non apoiar este acordo
CIG-Banca denuncia discriminación na carreira profesional e nos salarios
Estudo da situación da muller nas Caixas de Aforros galegas
Ante a conmemoración do Día da Muller Traballadora, a Federación de Banca e Aforro da CIG elaborou un estudo sobre a situación das mulleres nas Caixas de Aforros galegas do que se desprende unha clara discriminación no que respecta á carreira profesional e polo tanto nos salarios
O luns 10 de marzo presentarase unha denuncia no xulgado do Social
A Fundación Valdegodos incumpre a lei no referido ao dereito a descanso mínimo das/os traballadoras/es
A CIG de Valdeorras vén de denunciar que na Fundación Valdegodos séguense a vulnerar os dereitos máis fundamentais das traballadoras e traballadores. Adriano Brito sinala o incumprimento da lei no referido ao descanso mínimo entre xornadas, que o Estatuto dos Traballadores marca en 12 horas
Os empresarios de sector acordaron constituírense en asociación patronal
Suspéndese a segunda xornada de folga nas instalacións deportivas coruñesas
O persoal das instalacións deportivas da provincia de A Coruña decidiu en asemblea suspender a xornada de folga do 8 de marzo. Nunha mediación do Consello Galego de Relacións Laborais, os empresarios do sector aceptaron constituírense como asociación patronal, requisito indispensábel para poder negociar o convenio colectivo coa parte social
A central nacionalista obtén a maioría absoluta nesta auxiliar de Alcoa
A CIG gaña as eleccións sindicais en CYRGASA
A CIG conseguiu maioría absoluta en CYRGASA, empresa auxiliar da fábrica de Alcoa de San Cibrao, nas eleccións sindicais celebradas o 6 de marzo. Estaban convocados para este proceso os 72 traballadores do cadro de persoal, dos cales exerceron o seu dereito de voto 63, o que representa unha participación do 90%
07/03/2008 Como recoñecemento na loita por dignificar as condicións socio-laborais e salariais das mulleres
A Secretaría da Muller da CIG entrega o II Premio do Día da Muller Traballadora
A Secretaría da Muller da CIG celebra hoxe, 7 de marzo, a II Edición do Premio do Día da Muller Traballadora, concibido como un recoñecemento a aquel conflito protagonizado por mulleres na loita por dignificar as súas condicións socio-laborais e salariais
Contra a represión
A CIG de Vigo convoca unha asemblea de delegados e manifestación o 10 de Marzo
O 10 de Marzo, Día da Clase Obreira Galega, a CIG de Vigo convoca unha asemblea de delegados e delegadas desde ás 10 da maña no Cine Salesianos. Despois sairase en manifestación desde a rúa Venezuela até a Delegación da Xunta en Vigo. Os actos do 10 de Marzo retoman a campaña contra a carestía da vida e por uns salarios dignos
Protesta contra a represión laboral
Concentración no centro de chamadas da multinacional Bosch en Vigo
Máis dun cento de delegados e delegadas concentráronse o día 6 de marzo dende as 11:00 da mañá no centro de traballo da multinacional alemá Bosch na rúa María Berdiales en Vigo, para denunciar a vaga represiva e os incumprimentos do Convenio por parte da empresa
Con asemblea de delegados/as
Concentración polo 8 e 10 de Marzo en Pontevedra
Desde as dez da mañá un numeroso grupo de delegados e delegadas da CIG reuníanse no local sindical da CIG en Pontevedra para celebrar unha asemblea con motivo das datas do 8 de Marzo, Día da Muller Traballadora, e o 10 de Marzo, Día da Clase Obreira Galega
Sector da Construción do sur de Pontevedra
Comeza unha folga polo cumprimento do convenio na empresa Extraco
Os quince traballadores de Extraco iniciaron o 5 de marzo unha folga que se prolongará, nunha primeira etapa, até o día 14 se a empresa non se avén a atender as reivindicacións presentadas. O seguimento da folga está a ser total
As traballadoras/es deste servizo de atención telefónica reclaman a inclusión nas plicas de melloras laborais
A plantilla do número 112 denuncia o incumprimento dos compromisos da Consellaría de Presidencia
A directora xeral de Protección Civil, dependente de Presidencia, comprometeuse coa representación sindical do 112 a dar a coñecer os contidos das novas plicas de adxudicación da concesión e a incluír as melloras laborais reclamadas polas traballadoras/es deste servizo, antes do 10 de febreiro
Cinco anos sen Egunkaria
Artigo de Xurxo Martínez Crespo (Galiza)
Entrevista a Ignacio Ramonet
“As autoridades cubanas non contemplan unha evolución do tipo da ‘glasnost’ ou a ‘perestroika’ de Gorbachov”
Artigo de José Zepeda (El Grano de Arena)
06/03/2008 A Unión Comarcal considera un insulto á clase traballadora galega a visita que o monarca español realizará á cidade este día
A manifestación de Ferrol será o acto central da CIG o 10 de Marzo
A tradicional manifestación de Ferrol será de novo o acto central da CIG o 10 de Marzo, Día da Clase Obreira Galega. A marcha partirá ás 19:30 horas do local do sindicato e rematará no Cantón. A Unión Comarcal manifesta o seu total rexeitamento á visita que o monarca español fará a Ferrol neste día tan sinalado para os traballadores do país
Ao concluír a camiñada entrevistáronse co delegado provincial de Traballo
50 operarios marchan a pé desde Guitiriz a Lugo para esixir a readmisión dos despedidos en Ingemarga
Medio centenar de traballadores percorreu a pé os 40 quilómetros que separan Guitiriz de Lugo para esixir a readmisión dos 30 despedidos da empresa Ingemarga. A camiñada solidaria arrincou ás 7:00 do 5 de marzo e concluíu seis horas máis tarde diante do Edificio Administrativo da Xunta da capital luguesa
Celebrou unha concentración diante da Consellaría de Educación
A CIG presenta un recurso de reposición pola súa exclusión dos Consellos Sociais das Universidades
Delegados e delegadas de CIG-Ensino concentráronse na mañá de onte –mércores 5 de marzo–, diante da Consellaría de Educación, para denunciar a exclusión da central dos Consellos Sociais das tres Universidades galegas. Presentouse, no rexistro da Consellaría, un recurso de reposición para que se rectifique esta decisión
Os traballadores conseguiron que non abrisen piscinas, pavillóns, campos de golf ou de fútbol
A primeira xornada da folga nas instalacións deportivas é secundada polo 95% dos empregados
A primeira xornada de folga do persoal das instalacións deportivas da provincia de A Coruña, que se desenvolveu o 5 de marzo, foi todo un éxito. As tres centrais convocantes (CIG, UGT e CCOO) cifran o índice de seguimento do paro no 95%
Novo despedimento no centro de chamadas de Ourense
Concentración ante o SMAC en apoio ao secretario da Sección Sindical da CIG en Office Depot
Medio cento de delegados e delegadas convocados pola Federación de Banca da CIG en Ourense concentráronse o 5 de marzo no SMAC ante a celebración do acto de conciliación previo polo despedimento do secretario da Sección Sindical da CIG en Office Depot
Despois dun longo periplo, todo o material chegará nesta semana aos campamentos saharauis
O proxecto PICERSA entra na fase final
Entre o 6 e o 8 deste mes de marzo está prevista a chegada aos campamentos de refuxiados saharauis de Tindouf no deserto alxeriano da Hamada, a caravana de camións e autobuses que traslada axuda humanitaria enviada desde toda a península ibérica
A mostra poderá visitarse no Fórum Metropolitano de A Coruña até o 10 de marzo
A CIG inaugura a exposición “Mulleres no sindicalismo nacionalista da Galiza”
A Secretaría Confederal da Muller da CIG organiza a exposición “Mulleres no sindicalismo nacionalista da Galiza”, que se inaugurou o mércores 5 de marzo no Fórum Metropolitano de A Coruña. A mostra poderá visitarse até o día 10 do mesmo mes
Elisa Lois, periodista fantasma
Artigo de Xurxo Martínez Crespo (Galiza)
“Fascista sem máscara” na Internet
Artigo de Altamiro Borges (Actualidade GalizaCIG)
Por que Uribe assassinou Raúl Reyes?
Artigo de Laerte Braga (Agência Carta Maior)
05/03/2008 Xosefa Baamonde, histórica da CIG-Ensino, foi homenaxeada polo seu compromiso inquebrantábel coa educación en galego
A CIG outorga o Premio do Día da Clase Obreira Galega aos traballadores da Construción
Os traballadores da Construción da provincia de Pontevedra, protagonistas da principal mobilización desenvolvida en 2007, foron os galardoados na segunda edición do Premio do Día da Clase Obreira Galega, que celebrou a CIG o 4 de marzo nunha gala en Compostela á que asistiron 200 persoas, entre sindicalistas da central e representantes de organizacións políticas, culturais e sociais do país
Formación e debate
Eleccións sindicais e Negociación colectiva analízanse nun encontro nacional en Compostela
Máis de 150 persoas participaron desde primeira hora da mañá na asemblea e encontro para abordar e analizar as eleccións sindicais e as propostas en negociación colectiva, incluíndo a perspectiva de xénero
Concentración, ás 11:30 diante da Consellaría de Educación
A CIG presenta un recurso de reposición pola exclusión da central dos Consellos Sociais das Universidades
A CIG convoca para esta mañá –mércores 5 de marzo–, ás 11:30 horas, unha concentración diante da Consellaría de Educación, en San Caetano, para denunciar a exclusión da central dos Consellos Sociais das tres universidades galegas. No decurso da mesma presentarase, no rexistro da Consellaría, un recurso de reposición para que se rectifique este “atropelo ilegal”
Sempre que conten co apoio maioritario das traballadoras e traballadores
A CIG de Valdeorras adoptará medidas de presión na Fundación Valdegodos para que se cumpra o Convenio
A CIG de Valdeorras vén de anunciar que, de non acceder a Dirección da Fundación Valdegodos a dialogar para que se cumpra o estipulado no Convenio, “sempre que contemos co apoio maioritario dos traballadores e traballadoras, adoptaremos as medidas de presión que estimemos oportunas”
Falta de medidas de Prevención
O valedor do Pobo abre de oficio unha investigación sobre o amianto en Ourense
Nin o Concello nin as Delegacións de Sanidade e Traballo se puxeron en contacto coa Central, malia que a CIG sempre se puxo á súa disposición a raíz da denuncia feita da falla de medidas de seguridade e prevención na utilización de amianto en Ourense
Colombia: Toda a verdade sobre a morte de Raúl Reyes
Artigo de Decio Machado (Rebelión)
04/03/2008 Trátase de recoñecer a loita sindical que sobresaíra no ano anterior
A CIG celebra a II Edición do Premio do Día da Clase Obreira Galega
A CIG celebra, este martes día 4 de marzo, a II Edición do Premio do Día da Clase Obreira Galega cun xantar de confraternización, a actuación de ‘Mini e Mero’ e a intervención do secretario xeral, Suso Seixo. Ao acto están convidados representantes sindicais e de diversas asociacións, entidades e persoeiros da vida cultural, política e económica de Galiza
Serrabal segue de cerca a campaña electoral
De mitin con Touriño
“Touriño prometiches e logo non cumpriches” foi unha das consigas máis coreadas polo comité de recepción que agardaba ao presidente da Xunta á súa chegada ao mitin do domingo 2 de marzo en Compostela. Eran os traballadores de Serrabal e Ferroatlántica que desenvolven unha campaña paralela á electoral en demanda do cambio de trazado do Tren de Alta Velocidade ao seu paso pola mina
A empresa sanciona ás/aos traballadoras/es simplemente por ser demasiado amábeis
Concentracións simultáneas nos Supermercados Lidl en Santiago, Ribeira, A Coruña, Ferrol e Betanzos
O Comité de Empresa de Supermercados Lidl SA convocou, na mañá do luns 3 de marzo, concentracións simultáneas diante dos centros de venda da Rocha en Santiago, de Elviña en A Coruña, de Ferrol, de Ribeira e de Betanzos para demandar melloras nas condicións de traballo
Os traballadores ratifican por inmensa maioría os paros dos
días 5 e 8 de marzo

O persoal de Deportes da provincia coruñesa mobilízase de
cara á folga
O persoal das instalacións deportivas da provincia de A Coruña comezou as mobilizacións como preámbulo ás dúas xornadas de folga previstas para os días 5 e 8 de marzo. Os traballadores esixen que se constitúa unha asociación patronal para poder negociar legalmente un convenio colectivo no sector, pois padecen unha perda constante de poder adquisitivo
O cadro de persoal parará todos os mércores en sinal de protesta
300 persoas esixen en Guitiriz a readmisión dos 30 despedidos en Ingemarga
Por volta de 300 persoas saíron ás rúas de Guitiriz o pasado 1 de marzo para expresar o seu apoio e esixir a readmisión dos 30 despedidos da empresa Ingemarga. Ao mesmo tempo que se desenvolvía a marcha, os comercios da vila pecharon en solidariedade cos empregados represaliados
Malia ser a maioría de docentes mulleres, segue a haber máis cargos directivos homes
A CIG demanda da Consellaría de Educación a elaboración dun Plan de Igualdade no Ensino
Anxo Louzao e Dores Fernández, secretarios nacional e da Muller de CIG-Ensino, presentaron un estudo que evidencia a baixa presenza das mulleres na dirección dos centros educativos malia ser maioría no profesorado. Por iso, CIG-Ensino demanda da Consellaría de Educación que se elabore un Plan de Igualdade para o Ensino
O momento dun boicoteo mundial a Israel
Artigo de Omar Barghouti (Rebelión)
Ruptura diplomática con Colombia tras a agresión a Ecuador
Artigo de Heinz Dieterich (Rebelión)
O mandato de sangue de Uribe
Artigo de Emir Sader (Agência Carta Maior)
01/03/2008 8 de marzo, Día da Muller Traballadora
Loitando contra a dobre presenza: dobre loita, dobre resposta
A Secretaría da Muller da CIG vén de presentar a súa campaña para este 8 de marzo, Día da Muller Traballadora, baixo o lema “Loitando contra a dobre presenza: Dobre loita, dobre resposta”. Unha campaña que, alén de denunciar as condicións laborais ás que se enfronta a muller galega, alerta das graves repercusión que, para a súa saúde ten a dificultade de conciliar a vida laboral e familiar
VI Xornadas da Muller
Unha reflexión sobre a prevención da violencia sexista desde a educación
No marco das VI Xornadas da Muller, organizadas pola AS-PG e a CIG-Ensino (coa colaboración da Deputación de A Coruña e da Obra Social de Caixa Galicia) máis de media ducia de investigadoras/es achegan experiencias sobre a prevención da violencia sexista nas aulas
Exixiron un servizo público, galego e de calidade
Manifestación de Correos en demanda de melloras na situación sociolaboral dos traballadores/as da entidade
Os traballadores e traballadoras de Correos, convocados por CIG-Correos, percorreron, o pasado xoves día 28 de febreiro, as rúas compostelás en demanda dunhas condicións laborais e salariais dignas. Ademais, exixiron que o servizo de Correos sexa público, galego e de calidade
A central nacionalista acadou 3 dos 5 representantes
A CIG consegue maioría absoluta na Cooperativa Os Irmandiños de Ribadeo
A CIG acadou maioría absoluta en Os Irmandiños, cooperativa de servizos e produtos agropecuarios de Ribadeo, ao obter tres delegados mentres que UGT e CCOO conseguiron un cada unha. A participación nas votacións foi do 69%
Está dirixido a traballadores/as en activo da empresa privada
Curso de formación continua de Informática de usuario en O Barco de Valdeorras
O local da CIG de O Barco de Valdeorras acolle un curso de formación continua de Informática a nivel usuario/a que será impartido por FORGA. Está dirixido a traballadores e traballadoras en activo e vai do 7 de abril até o 14 dese mesmo mes, cunha duración total de 55 horas
Reflexos de uma crise
Artigo de Eduardo Bomfim (Actualidade GalizaCIG)
Classes e parentescos nos campos da morte do Quênia
Artigo de Oduor Ong'wen (Correio da Cidadania)
29/02/2008 Agardaban a súa entrada no Hotel de San Francisco, onde se celebrou o debate da TVG
Traballadores de Serrabal demandan dos representantes de PP, PSOE e BNG solucións
Os traballadores de Serrabal, acompañados por representantes sindicais aproveitaban a celebración do debate electoral da TVG para facerlles chegar aos representantes das tres principias organizacións políticas de Galiza, PP, PSOE e BNG, as súas demandas de cambio de trazado do Tren de Alta Velocidade ao seu paso pola mina
O sábado 1 de marzo hai convocada unha manifestación na vila chairega
30 traballadores son despedidos en Guitiriz nunha empresa do sector da pedra
Ingemarga, empresa dedicada ao corte e serrado de pedra e mármore na localidade chairega de Parga (Guitiriz), despediu nos días pasados 30 dos seus traballadores, dous deles membros do Comité de Empresa, ao negárense a traballar na sección de serra durante as fins de semana
O estudo constata que saen do país 42.000 persoas máis das que entran a traballar
En 2005, máis de 70.600 traballadores/as domiciliados en Galiza traballaban noutra comunidade
Os traballadores/as domiciliados en Galiza que asinaron un contrato noutra comunidade autónoma en 2005 (últimos datos proporcionados polo INEM) fixérono maioritariamente en Madrid (26%), seguida de Canarias (17,4%) e Catalunya (16%)
Demanda de Educación a creación dunha Dirección ou Subdirección Xeral específica
A CIG reclama medidas urxentes para que se cumpra o Decreto de Normalización Lingüística no Ensino
A CIG-Ensino constata que sete meses despois da entrada en vigor do Decreto 124/2007 que regula o uso e promoción do galego no sistema educativo, a Consellaría de Educación non ten dado mostras de implicación na súa implantación
Críticas a Traballo
A CIG de Ourense denuncia o espectacular incremento da sinistralidade en xaneiro
Un total de 406 accidentes con baixa en xornada de traballo rexistráronse en Ourense no primeiro mes do ano, 130 máis que no mesmo período do ano anterior (276) o que representa un incremento do 47%
Terrorismo de xénero
Artigo de Mª Carme López Santamariña (Galiza)
DESDE O VENTRE DA BALEA
Eleccións a Cortes Xerais: 1+1=3
Artigo de Rafa Villar (Galiza)
Medio século de liberdade
Artigo de Manuel Mera (Galiza)
28/02/2008 Exixen que se cumpra a lexislación laboral e se faga indefinido a este persoal
Veterinarios/as de Tragsega entregan a Elena Espinosa 3.500 sinaturas en apoio ás súas demandas
Traballadores/as de Tragsega concentráronse en Ourense aproveitando a celebración da Conferencia-almorzo organizada polo Foro Nueva Economía, na que participaban a ministra de Agricultura, Elena Espinosa, e o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, para transmitirlles a situación laboral de indefensión legal na que se atopan e demandar solucións
Análise de datos
A CIG de Ourense denuncia os numerosos despedimentos e a precariedade na contratación
A provincia de Ourense rexistrou durante 2007 unha media de dous despedimentos por cada día hábil do ano, segundo os datos oficiais que fixo públicos a CIG de Ourense nunha rolda de empresa, na que denunciou a alta taxa de precariedade e temporalidade existente na comarca
Denuncia de CIG-Ensino
“Jóvenes empresarios” premia a unha empresa que recorta os dereitos laborais do seu persoal
A CIG-Ensino da comarca de Vigo fixo público a través dun comunicado de prensa o seu rexeitamento á concesión do IV Premio Joven Empresario ao grupo de empresas FEMXA, pola súa vulneración constante dos dereitos dos traballadores do seu propio persoal
Programa de apoio a pais no rural
Preocupación pola posíbel retirada do apoio de Educación á “Preescolar na Casa”
As e os traballadores de Preescolar na Casa, representados polo seu Comité de Empresa a nivel galego, amosan a súa preocupación pola posíbel retirada do apoio a este programa por parte da Consellaría de Educación
A Mesa denunciara a un xefe de sección por dicirlle “Burra, no hables lenguas menores”
Carrefour recoñece a discriminación a unha empregada por falar en galego e di que tomou medidas
O director do hipermercado de Carrefour de A Coruña, no que se produciu recentemente o grave caso de discriminación lingüística a unha traballadora, pediu desculpas, segundo informa a Mesa pola Normalización Lingüística, explicando que se reprendeu ao xefe de sección que protagonizou o suceso
Brasil: Apoio às Convenções 151 e 158 da OIT
Artigo de Altamiro Borges (Actualidade GalizaCIG)
Mundo: Tropeços do cavalo
Artigo de Frei Betto (ADITAL)
27/02/2008 Touriño prefire ir aos actos electorais que cumprir os compromisos adquiridos con eles
Os traballadores de Serrabal e Ferroatlántica manteñen a acampada malia o silencio do presidente da Xunta
O frío e a chuvia destes últimos días de febreiro acompaña aos traballadores de Serrabal e Ferroatlántica que, malia as inclemencias meteorolóxicas, continúan a facer quendas para manter a acampada diante do edificio da Xunta de Galiza en San Caetano, tal e como dixeron que farían, até cando menos o final da campaña
A CIG convoca unha concentración diante do seu centro de traballo, a Estación de Servicio Bens
Despiden un empregado por gozar do permiso de paternidade
A empresa Estación de Servicio Bens SL despediu un traballador despois de que gozase do permiso de paternidade para exercer o dereito legal a conciliar a súa vida persoal, familiar e laboral. O caso xa foi posto en coñecemento da Inspección de Traballo e tamén se denunciará no Xulgado do Social, onde se solicitará a nulidade do despedimento por se tratar dun exemplo claro de discriminación
Pola liberdade de expresión
A CIG de Vigo amosa a súa solidariedade coas persoas sancionadas da manifestación soberanista do 6-D
A Dirección Comarcal da CIG-Vigo mostra a súa solidariedade coas persoas sancionadas polos feitos acontecidos na manifestación soberanista celebrada o 6 de decembro na cidade de Vigo a través dun comunicado que se fixo chegar aos medios de comunicación nesta semana para reclamar a defensa da liberdade de expresión
Mídia esconde o bloqueio a Cuba
Artigo de Altamiro Borges (Actualidade GalizaCIG)
Cuba depois de Fidel
Artigo de Emir Sader (Agência Carta Maior)
26/02/2008 A folga queda desconvocada
A asemblea de traballadores de Cespa en A Coruña aproba un acordo coa empresa
Non haberá folga no servizo de limpeza viaria e de recollida do lixo na cidade de A Coruña logo de que a asemblea de traballadores de Cespa aprobase o preacordo que atinxiran a parte social e a empresa na última xuntanza da mesa de negociación do novo convenio colectivo
Fidel Castro e o futuro de Cuba
Artigo de Altamiro Borges (Actualidade GalizaCIG)
O rearmamento do nacionalismo español
Artigo de Raimundo Viejo Viñas (Diagonal)
A solução democrática da crise boliviana
Artigo de Emir Sader (Agência Carta Maior)
Cuba: Não haverá substituto para Fidel
Artigo de Ignacio Ramonet (Vermelho)
23/02/2008 Hai meses xa advertiran que, de non ser atendidas as súas peticións, eles tamén entrarían en campaña
Os traballadores de Serrabal e Ferroatlántica acampan ante a Xunta en demanda dun cambio de trazado do TAV
Tras percorrer as rúas compostelás, os traballadores de Ramsa, empresa concesionaria da explotación da mina de Serrabal, e dos centros de Ferroatlántica de Cee-Dumbría e Sabón cumpriron o seu compromiso de acampar diante do edificio da Xunta en demanda do cambio de trazado do Tren de Alta Velocidade e en defensa dos postos de traballo
Conseguen tirar compromisos
As redeiras ocupan a Inspección de Traballo e a Xunta en Vigo para reclamar medidas contra o furtivismo
O venres 22 de febreiro desde ás dez da mañá comezaba unha xornada de reivindicación e visibilización dos dereitos das redeiras, que desde distintos portos de Galiza chegaron a Vigo para reclamar medidas para rematar co traballo ilegal deste oficio, que xa supón un 67%, e que dana gravemente ao sector
Felicitan a Galaxia polo “éxito conseguido para o noso idioma” con esta tradución
A Mocidade pola Normalización Lingüística anima a ler en galego a derradeira das aventuras de Harry Potter
A Mocidade pola Normalización Lingüística, sección xuvenil da Mesa, súmase á celebración dos millares de persoas seguidoras das aventuras de Harry Potter pola saída ao mercado do derradeiro dos títulos da saga do xoven mago, Harry Potter e as reliquias da morte
Unha vida entregada á causa nacionalista
Faleceu Lois Obelleiro
Artigo de Manuel Mera (Galiza)
Exxon-Mobil, piratas petroleiros
Artigo de Pedro Campos (Avante!)
Perspectiva e antecedentes da novíssima luta pela independência em Porto Rico
Artigo de Juan Mari Brás (ODiario.info)
22/02/2008 Os preto de 2.000 traballadores/as corearon consignas como “Este IPC, para Rajoy e ZP”
Delegados e delegadas da CIG demandan nas rúas de Compostela “Salarios dignos contra a carestía da vida”
Baixo o lema “Salarios dignos contra a carestía da vida” percorreron as rúas de Compostela preto de 2.000 delegados e delegadas da CIG desde a Alameda até a Praza de Praterías, que se quedou pequena para acoller a todas e todos os asistentes. Unha mobilización para chamar á clase traballadora galega a loitar, nos convenios colectivos, contra a precariedade e por melloras salariais
Os traballadores acamparán en San Caetano durante toda a campaña electoral
Manifestación dos traballadores de Serrabal e Ferroatlántica de Cee-Dumbría e Sabón en Compostela
Os traballadores e traballadoras da mina de Serrabal e das plantas de Ferroatlántica en Cee-Dumbría e Sabón convocan para hoxe venres día 22 de febreiro, ás 11:00 horas, unha manifestación con saída da Alameda, que percorerrá as rúas de Compostela para rematar diante do edificio administrativo da Xunta de Galiza en San Caetano
CIG-Ensino critica este feito que impide facer propostas na Mesa sectorial con coñecemento suficiente
Educación presenta unha oferta de emprego público sen posibilidades de moficar os seus aspectos xerais
A CIG-Ensino criticou na Mesa sectorial de Ensino non universitario que tivo lugar o pasado 20 de febreiro, que a Consellaría de Educación non achegou con antelación a proposta de oferta de emprego para o ensino público (oposicións) o que supón que non se poida facer unha valoración demorada e propostas con coñecemento suficiente
Presentou en Educación unha listaxe de cincuenta centros cos casos máis graves
A Mesa pola Normalización Lingüística denuncia no ensino un “incumprimento masivo” do decreto de galeguización
A MNL entregou no rexistro da Consellaría de Educación unha listaxe de cincuenta centros nos que se incumpre de forma especialmente grave o decreto de galeguización do ensino. Segundo o seu presidente, Carlos Callón, “o incumprimento é masivo, especialmente no tocante aos ciclos formativos e ao ensino infantil”
Fidel Castro e o lixo midiático
Artigo de Altamiro Borges (Actualidade GalizaCIG)
A ilha sitiada
Artigo de Eduardo Bomfim (Actualidade GalizaCIG)
Uma guerra atrás da esquina
Artigo de Flávio Aguiar (Agência Carta Maior)
21/02/2008 Nova xuntanza da Mesa sectorial de Atención Primaria o venres
Peches nos centros de PAC's galegos contra a discriminación no Sergas
Os médicos dos Puntos de Atención Continuada (PAC) de Vigo e A Coruña somáronse o 19 de febreiro aos seus compañeiros das outras cinco grandes cidades galegas, e iniciaron un peche indefinido para reclamar melloras na súa situación laboral
Todos novos ricos
Artigo de Manuel Mera (Galiza)
Cuba máis aló de Fidel: guións errados e perspectivas
Artigo de Joseba Macías e José Miguel Arrugaeta (Gara)
Entrevista a Emir Sader: “Non hai condicións para aventuras bushianas en América Latina”
Artigo de Carlos Abel Suárez (Sin Permiso)
Kosovo independente, e despois?
Artigo de Jean-Arnault Dérens (Le Monde Diplomatique)
América do Sul: Do destino à construção
Artigo de Marco Aurélio Garcia (Vermelho)
20/02/2008 Atentado contra o dereito dos traballadores
Visto para sentenza o xuízo da funcionaria acosada desde 1999 contra o alcalde de Dozón por prevaricación
As palabras de Ana Lois Navaza, a presentación de probas periciais, sentenzas e testemuñas volveron ratificar o acoso laboral no Concello de Dozón. A CIG reclama que se inhabilite ao alcalde e que se recoñeza o delito cometido por Adolfo Campos Panadero por prevaricación, atentar contra o dereito dos traballadores, falta de medidas de seguridade no posto de traballo, lesións e discriminación por ideoloxía
A sección sindical da CIG asegura que o anterior Goberno local bloqueou toda posibilidade de entendemento cos empregados
Traballadores municipais e Concello de As Pontes atinxen un acordo que normaliza as relacións laborais
O último pleno municipal de As Pontes aprobou un acordo que normaliza as relacións laborais entre os traballadores do Concello e o Goberno local, e que supón a fin dun conflito que mantiveron as dúas partes nos últimos catro anos. A sección sindical da CIG critica a xestión desenvolvida polo anterior Executivo local (BNG), a quen acusou de represaliar e difamar os traballadores
Medida de presión por un Convenio digno
Os traballadores de Faurecia Interior Systems bloquean a entrada da fábrica para parar as horas extra
O sábado 16 desde as cinco da mañá, máis de cen traballadores da factoría da automoción Faurecia Interior Systems, no Polígono das Gándaras de O Porriño, bloqueaban a entrada deste centro de traballo para impedir que se realizaran horas extras como unha medida de presión na negociación do convenio de empresa
A Mesa xa recibiu 40 queixas por acoso laboral por cuestión de lingua nos últimos dous anos
Un xefe de sección dun Carrefour de A Coruña recrimina aos empregados por dirixirse aos clientes en galego
A Mesa pola Normalización Lingüística vén de denunciar un novo caso de discriminación lingüística no eido laboral. Un xefe de sección do centro comercial Carrefour da avenida de Alfonso Molina recriminou a unha empregada por dirixirse aos clientes en galego. “Burra, no hables lenguas menores” foron as palabras que dedicou á traballadora
Jovens cubanos e mentiras da Globo
Artigo de Altamiro Borges (Actualidade GalizaCIG)
2008: o pasamento da globalización neoliberal
Artigo de Immanuel Wallerstein (FBC)
Crise de lexitimidade do Banco Mundial e do FMI
Artigo de Éric Toussaint (CADTM)
Kosovo: manobra xeoestratéxica
Artigo de Editorial (La Jornada)
19/02/2008 Fai unha valoración positiva porque mellora substancialmente as condicións laborais
A CIG-Ensino asina o acordo de profesorado itinerante
CIG-Ensino, Consellaría e demais organizacións sindicais asinaron, o luns 18 de febreiro, un acordo para o profesorado itinerante polo que se melloran substancialmente as súas condicións laborais, satisfacendo ademais as reivindicacións polas que tanto a Federación de Ensino da CIG como o profesorado se viñan mobilizando nos últimos anos
Inicia campaña de denuncia
A CIG alerta de que en Ourense os obreiros traballan sen protección en derrubas de obras con amianto
Nunha rolda de prensa que tiña lugar o venres 18 de febreiro no local sindical da CIG de Ourense, o secretario comarcal, Etelvino Blanco, e Anxo Pérez Carballo, técnico en Prevención de Riscos da Central Sindical, presentaron unha campaña para denunciar a situación dos traballadores nas obras de derrubo de edificios antigos, onde existe amianto, sen tomar medidas de protección
Boletín Sindical nº 8
A CIG pasa a ser a segunda forza sindical en Galiza
Os datos oficiais do proceso de eleccións sindicais, feitos públicos pola Dirección Xeral de Relacións Laborais o pasado 6 de febreiro, confirman que a CIG pasa a ser a segunda forza en Galiza con 5.628 delegadas/os, por diante de CCOO e a tan só 545 de UGT. A Executiva Confederal considera que se trata duns resultados “históricos” que “reafirman o modelo sindical que nós representamos”
Estas dúas centrais asinan un acordo que impide que os traballadores perciban as cantidades atrasadas de 2007
UGT e CCOO venden os operadores de guindastres autopropulsados
UGT e CCOO asinaron coa patronal o 18 de febreiro un acordo sobre o primeiro Convenio Galego de Guindastres Autopropulsados que resulta lesivo para os intereses dos traballadores do sector. As dúas centrais españolas avalaron coa súa rúbrica, entre outros aspectos negativos, que os operadores de grúas non perciban os atrasos correspondentes ao ano pasado
Nova concentración dos traballadores polo recoñecemento das 12.000 horas
A Policía portuaria de Vigo contra o acordo de empresa asinado por CCOO e UGT
O xoves 14 de febreiro ás 14:00 horas, efectivos da Policía portuaria, xunto cos delegados sindicais e membros do Comité da CIG, concentráranse de novo no Porto de Vigo. Reclamam o abono de 12.000 horas extras realizadas por un colectivo de 74 traballadores durante o ano 2007
18/02/2008 Contra a carestía da vida
Salarios dignos
Na CIG tomamos a decisión de mobilizarnos como Central Sindical para denunciar socialmente a perda constante da capacidade adquisitiva dos salarios. Diferentes causas poden explicar as razóns polas que a clase traballadora está pagando un tributo a modo de imposto, no que unha parte importante das nosas retribucións son transferidas á contabilidade e beneficios das empresas; e cando os índices de pobreza dispáranse en Galiza, asociados a baixos salarios e pequenas pensións
“Galiza non se vende”
Máis de dez mil persoas maniféstanse en Compostela contra a destrución do territorio
Milleiros de persoas encheron as rúas de Compostela nunha mobilización que saía ben pasadas as doce da mañá da Alameda. Foi unha manifestación chea de cor, música, alegría, reivindicacións fortes e unha mensaxe moi clara: a necesidade de loitar por unha terra viva e unha vida digna para todas e todos
16/02/2008 Nilda Eloy, membro da Asociación Ex Detidos Desaparecidos
“Logramos que xudicialmente se recoñecera por primeira vez que o que ocorreu na Arxentina foi un xenocidio”
Nilda Eloy está a visitar Galiza, da man da CIG, no mes de febreiro. Aproveitamos esta ocasión para entrevistala e que nos relatara a súa experiencia, xa que foi secuestrada en 1976. Tamén para abordar máis cuestións de actualidade, así como a actividade que leva adiante a súa asociación pola recuperación da memoria e a xustiza
Contra os despedimentos
Concentración por unha subrogación cos mesmos dereitos en Limpezas Cliner
Nova mobilización dos traballadores e traballadoras de Limpezas Cliner, empresa que subrogou o seu servizo de limpeza nas oficinas do Banco Santander a Limpezas Cíes, o que está a provocar despedimentos e recortes de xornada e dereitos laborais
Din que o programa de “Superpiñeiro” incumpre os principios estatutarios da CRTVG
A CIG da TVG denuncia a caravana de mulleres como “un acto machista e fóra de época e lugar”
A sección sindical da CIG da TVG vén de demandar que se aseguren os “mecanismos que garantan que as producións se axusten aos principios que deben inspirar os medios públicos en Galiza”. Esta demanda faise logo de que o programa da TVG de “Superpiñeiro” colaborara na organización dunha “caravana de mulleres”
María San Gil: O sorriso do demo
Artigo de Xurxo Martínez Crespo (Galiza)
O pasado como brétema
Artigo de Manuel Mera (Galiza)
O holocausto palestino
Artigo de Gilson Caroni Filho (Agência Carta Maior)
Para além da recessão: No princípio da segunda etapa da crise global
Artigo de Jorge Beinstein (resistir.info)
Grande conspiração da classe dirigente por trás da Guerra do Iraque
Artigo de John Catalinotto (ODiario.info)
15/02/2008 Que se posicione coa traballadora
A CIG solicita da Fiscalía maior sensibilidade no xuízo da delegada de Dozón que leva 9 anos a sufrir acoso laboral
O martes 19 de febreiro celebrarase no Xulgado do Penal nº 3 de Pontevedra un novo xuízo polo caso de nove anos de acoso laboral do alcalde de Dozón á delegada da CIG no Concello, Ana Lois Navaza. No xuízo haberá unha representación significativa da Dirección da CIG para mostrar o apoio e a solidariedade da Confederación á compañeira
Culmina así a campaña informativa e de sensibilización comezada pola CIG hai meses
Concentración diante do Parlamento pola derrogación do decreto que elimina o reparto do correo no rural de Galiza
Delegados/as de CIG-Correos concentráronse na mañá do xoves 14 de febreiro diante do Parlamento de Galiza en demanda de que os grupos parlamentarios insten ao goberno central para que se derrogue o RD 503/2007, que regula a prestación dos servizos postais, polas graves repercusións que terá para os galegos e galegas que viven no rural
Os traballadores repróchanlle a “Portos de Galicia” que non asine un acordo salarial
O persoal da estiba de Ribadeo, Celeiro e Burela estará de folga até o 2 de marzo
O persoal da estiba e desestiba dos portos de Ribadeo, Celeiro e Burela está convocado a unha folga que se estenderá desde o 18 de febreiro até o 2 de marzo. De non haber acordo neste período, os paros converteríanse en indefinidos desde o día 10 do vindeiro mes
A empresa ten a concesión municipal da limpeza viaria e da recollida
do lixo

Os traballadores de Cespa en A Coruña iniciarán unha folga indefinida a partir do 3 de marzo
A asemblea de traballadores de Cespa en A Coruña, empresa encargada da limpeza viaria e da recollida dos residuos sólidos na cidade, decidiu por inmensa maioría ir a folga indefinida a partir das 00:00 horas do 3 de marzo. Os empregados demandan un incremento retributivo e non perder dereitos sociais xa conquistados
Pretende que se recoñeza o uso sindical do correo electrónico
A CIG presenta Conflito Colectivo contra Caixanova
O pasado 5 de xaneiro a Sección Sindical da CIG en Caixanova denunciaba que a empresa censurara un comunicado que se pretendía repartir que criticaba unha medida unilateral da Dirección para ampliar horario. Non era a primeira vez que esta empresa censuraba comunicados da CIG, e coa presentación deste Conflito Colectivo a central nacionalista agarda que sexa a última
Iniciáronse conversas coa dirección do servizo para chegar a un acordo
Delegados/as de Correos denuncian o acoso laboral contra unha traballadora diante da oficina de O Milladoiro
CIG-Correos convocou na mañá do xoves 14 de febreiro unha concentración diante da oficina de Correos de O Milladoiro para exixir o cese inmediato do acoso laboral que está a padecer unha compañeira, delegada sindical da CIG
DESDE O VENTRE DA BALEA
Pasos da dereita neofascista
Artigo de Rafa Villar (Galiza)
Há boas intenções no FMI?
Artigo de Marcelo Fernandes (Vermelho)
14/02/2008 Diante das oficinas do Banco Santander en Vigo
Concentración pola perda de dereitos laborais e o despedimento de dúas traballadoras de Limpezas Cliner
Será o venres 15 de febreiro ás 12 da mañá diante das oficinas centrais do Banco Santander no cruce de Colón e Policarpo Sanz, para denunciar a situación que vive este colectivo desde que chegou a nova empresa, Limpezas Cliner, que subrogou este servizo
Coa paixón da mocidade
Artigo de Manuel Mera (Galiza)
Brasil: Uma reforma tributária progressiva
Artigo de Altamiro Borges (Actualidade GalizaCIG)
13/02/2008 Ataque á clase obreira
Citan a seis sindicalistas para declarar como imputados pola ocupación da Xunta na Folga do Naval
O Xulgado de Instrución número 1 do Penal enviou unha citación a Antolín Alcántara, secretario confederal da CIG de Negociación Colectiva, Miguel Malvido, secretario nacional da CIG Metal, e Vítor García, responsábel do Naval, e a tres membros de CCOO e UGT para declarar a partir do 3 de marzo como imputados pola ocupación do edificio da Xunta na folga do Naval o 15 de maio de 2007
O xoves 14 de febreiro, ás 11:30 diante do Parlamento de Galiza, en Compostela
Concentración da CIG en defensa do servizo de Correos no rural e pola derrogación do decreto 503/07
CIG-Correos convoca este xoves 14 unha concentración diante do Parlamento de Galiza en defensa do servizo de correos no rural galego e en demanda da derrogación do Decreto que permite que se substitúa o reparto a domicilio nos chamados “contornos especiais” por un sistema de reparto en buzóns pluridomiciliarios. Alerta ademais de que estarían en risco 400 postos de traballo
A CIG ten previstas mobilizacións así como asembleas de traballadoras e traballadores
Vaga represiva na empresa de Telemárketing BOSCH en Vigo
Unha delegada elixida nas eleccións do 20 de decembro e unha candidata do mesmo proceso despedidas; outros delegados da CIG sufriron cambio de quendas ou de campañas; despedimentos e sancións sen motivo son a parte máis evidente da vaga represiva no call center da multinacional Bosch en Vigo
Os paros serán os días 18 e 25 de febreiro e 3, 7, 10 e 14 de marzo
A CIG convoca unha folga no sector dos guindastres autopropulsados
A paralización durante meses da negociación do primeiro Convenio Galego de Guindastres Autopropulsados provocou que a CIG convocase varias xornadas de folga no sector. Os paros afectarán a cerca de 500 gruístas en toda Galiza e celebraranse os días 18 e 25 de febreiro e o 3, 7, 10 e 14 de marzo
A CIG agarda que estes achegamentos sexan realmente para solucionar o conflito
Inícianse as negociacións con Transportes Manuel Rial
Tras varias semanas de mobilizacións, de campaña de presión social e de numerosas accións, iniciáronse as negociacións coa empresa Transportes Manuel Rial SL, cun primeiro contacto o venres día 7 de febreiro e os primeiros avances na xuntanza celebrada coa dirección da empresa o martes día 12
Demanda da Consellaría “valentía” para destinar os cartos das subvencións á FP pública
A CIG-Ensino considera inxustificados os concertos educativos na Formación Profesional
O secretario nacional da CIG-Ensino, Anxo Louzao, e a responsábel de FP, Consuelo Campos, presentaron na mañá do martes 12 un informe sobre o estado actual da Formación Profesional en Galiza, destacando que o actual marco xurídico deste tramo educativo provén dunha Lei do Partido Popular que non foi modificada polo PSOE
Entrevista a Xulio Ríos, elixido secretario xeral de ERGA no seu Primeiro Congreso
Estudantes Revolucionarios Galegos (ERGA) fixo o seu Primeiro Congreso en xaneiro de 1978, vai agora tres décadas, xurdira como organización en decembro de 1972, en plena ditadura franquista. O evento realizouse na Facultade de Económicas en Compostela, participaron no encontro mil estudantes de todo o país, tanto do ensino universitario como secundario
12/02/2008 Das 20.000 traballadoras do sector, o 49% son eventuais
A CIG priorizará a inclusión de medidas contra a precariedade no Convenio do Téxtil
A principios de febreiro constituíase en Madrid a Mesa negociadora do Convenio do Téxtil. Para analizar a situación na que se atopa o sector e acordar as medidas que defenderá a CIG, celebrouse unha asemblea na que as delegadas acordaron priorizar a inclusión de medidas contra a precariedade, fronte a unha simple revisión salarial
Exixe o cumprimento das resolucións da ONU e o respecto ao dereito internacional
A CIG asina o manifesto en demanda do cese do bloqueo de Israel a Palestina e a prol do diálogo para acadar a paz
Organizacións sociais, fundacións e particulares veñen de asinar un manifesto “ante os terribles acontecementos actuais que contribúen a prolongar a desesperación da poboación palestina”, para demandar a Israel o cese do bloqueo, a renovación do diálogo e a negociación como vías para pacificar os Territorios Ocupados
Pochmann e o freio do Banco Central
Artigo de Altamiro Borges (Actualidade GalizaCIG)
US/NATO quer arrancar o Kosovo da Sérvia
Artigo de John Catalinotto (ODiario.info)
Algumas razões contra o Tratado de Lisboa
Artigo de Ilda Figueiredo (ODiario.info)
09/02/2008 Contra a represión sindical
Concentración pola readmisión do traballador despedido no Campo de Golf de Domaio
Un numeroso grupo de delegados e delegadas sindicais, afiliados e afiliadas, desprazábanse até o Campo de Golf Ría de Vigo, en Domaio (Moaña) para mobilizarse na defensa dos dereitos sindicais e contra o despedimento dun traballador, ao que botaron por presentarse como delegado sindical na candidatura da CIG
Demanda por non poder traballar
UGT apoia ao esquirol da ITV de O Porriño nun xuízo contra os seus compañeiros e o dereito á folga
O 8 de febreiro tiña lugar nos Xulgados de O Porriño a última vista e toma de declaracións de testemuñas dun xuízo pola demanda de José Luís Pérez, esquirol e ex delegado da UGT no centro da ITV de O Porriño, contra os seus compañeiros en folga, aos que lles reclama os cartos que non cobrou porque non se traballou
Brasil: FHC, Lula e a regressão tributária
Artigo de Altamiro Borges (Actualidade GalizaCIG)
O directório da guerra
Artigo de Luís Carapinha (Avante!)
Crise de Governo na Itália
Artigo de Fábio Amato e Federica Miralto (Vermelho)
08/02/2008 Anuncia que emprenderá accións xudiciais porque regula aspectos de ámbito xeral
CIG-Fenosa manifesta a súa oposición ao convenio de eficacia limitada asinado por USO
O pasado xoves día 31 de xaneiro, USO asinaba coa dirección de Unión Fenosa, sen contar coas outras organizacións sindicais con representación na empresa, un convenio colectivo de eficacia limitada que non muda o máis mínimo a oferta presentada pola empresa nin atende ás demandas das traballadoras e traballadores que se mobilizaron durante a súa longa negociación
Demandan que os traballadores das contratas e subcontratas das minas non sexan excluídos das incorporacións e das prexubilacións
Delegados sindicais das auxiliares do carbón concéntranse na Delegación do Goberno
Delegados sindicais da CIG nas empresas auxiliares das minas de Meirama e As Pontes concentráronse o 7 de febreiro diante da Delegación do Goberno español en A Coruña e rexistraron dous escritos para que se poña fin á discriminación que padecen os empregados das auxiliares da minaría do país
Os operarios denuncian a perda constante de poder adquisitivo
Paro do 100% na primeira xornada da folga indefinida dos traballadores de Atefrisa
Os cerca de 75 operarios de Atefrisa en Galiza secundaron ao 100% a primeira xornada de folga indefinida, que se desenvolveu o 7 de febreiro. Este día concentráronse diante da central térmica de Meirama e da refinaría de A Coruña, onde realizan traballos de califugado
Xa se denunciara a actitude antidemocrática da dirección da empresa en decembro a raíz do proceso de eleccións
A CIG de Valdeorras adoptará medidas se non frean as presións nos centros da Fundación Valdegodos
A CIG de Valdeorras vén de denunciar as actitudes antidemocráticas e revanchistas que están a padecer os traballadores e traballadoras da residencia da terceira idade ‘Virgen de los Milagros’, pertencente á Fundación Valdegodos, desde que se inciou o proceso de eleccións sindicais en decembro
Brasil: Cartão corporativo e “mídia esgoto”
Artigo de Altamiro Borges (Actualidade GalizaCIG)
Capitalismo: Unha crise devastadora
Artigo de Robert Brenner (Cuba Socialista)
Crise do crédito imobiliário: Malhas que o capital tece
Artigo de Hugo Janeiro (Avante!)
07/02/2008 Con 5.628 delegados e delegadas
A CIG confírmase como a segunda forza sindical na Galiza, segundo os datos da Consellaría de Traballo
A Consellaría de Traballo ven de confirmar os datos que desde a CIG xa se facían públicos no mes de xaneiro, que colocan á central sindical nacionalista como segunda forza sindical no país. Segundo estes datos oficiais a CIG obtivo un total de 5.628 delegados, superando a CCOO e ficando a 545 delegados e delegas de UGT
Susana Nogueira, delegada da CIG en Povisa
“A empresa tentou co acoso laboral que eu deixara o Comité”
Susana Nogueira enfrontábase no pasado mes de xaneiro a un xuízo no que demandou a Povisa por acoso laboral. Coñeciamos o contido da sentenza a finais do pasado mes, na que o Xulgado do Social condenaba a Povisa a que repuxera a Susana Nogueira nas súas anteriores condicións de traballo
75 operarios desta empresa do Metal están chamados a secundar en Galiza esta medida protesta
Os traballadores de Atefrisa comezan unha folga indefinida
Os traballadores de Atefrisa comezaron o 7 de febreiro unha folga indefinida. Os preto de 75 operarios que ten en Galiza esta empresa do sector do Metal, especializada na instalación de sistemas de illamento térmico, realizan traballos na central térmica de Meirama e na refinaría de Repsol de A Coruña
O xuízo contra o secretario comarcal da CIG de Ferrol terá que se repetir
A Audiencia Provincial de A Coruña anula a sentenza que condenou López Pintos
A Audiencia Provincial de A Coruña anulou a sentenza emitida polo Xulgado de Instrución número 3 de Ferrol que condenara Xesús Anxo López Pintos, secretario comarcal da CIG, por unha acción sindical nunha obra de Mugardos na que catro obreiros non cobraban
Política sanitaria neoliberal
CIG-Saúde rexeita a proposta de Sanidade de habilitar aos MIR-4 para que traballen como médicos de familia
O déficit de facultativos en Atención Primaria está a provocar serios problemas na capacidade asistencial do sistema sanitario público. Na orixe desta situación, ademais da falta de previsión na formación de pre e postgrado, está a política sanitaria neoliberal de desregulación laboral e restrición de gasto que durante demasiados anos se aplicou no sector
Reclaman máis efectivos, un calendario laboral e o abono das horas extra
Nova mobilización da Policía portuaria de Vigo pola mellora das condicións laborais
Efectivos da Policía portuaria fóra de quendas de traballo acompañados dos delegados do Comité de Empresa da CIG concentráronse o mércores 6 de febreiro as 7:45 horas no acceso a Autoridade Portuaria de Vigo por Guixar
Mobilización o venres 8 de febreiro
Concentración contra o despedimento e a persecución sindical dun traballador do Campo de Golf de Domaio
A mobilización pola readmisión dun traballador despedido por formar parte dunha candidatura da CIG no proceso de eleccións sindicais terá lugar o venres 8 de febreiro ás 11 da mañá na porta principal do Campo de Golf de Domaio (Moaña)
Uruguai e Allariz unidos por un nome
Artigo de Manuel Mera (Galiza)
Brasil: Reforma tributária e luta de classes
Artigo de Altamiro Borges (Actualidade GalizaCIG)
Quénia: democracia estável ou desintegração?
Artigo de Immanuel Wallerstein (Esquerda)
06/02/2008 Manuel Currás Meira, secretario confederal de Emprego da CIG
“As estatísticas en Galiza son enganosas porque hai que sumar a xente que emigra a outras comunidades”
Falamos co secretario de Emprego da Executiva Confederal da CIG para analizar e tratar de preto os datos de desemprego do mes de febreiro. Cuestións como a emigración da mocidade, a situación no sector da Construción ou a necesaria conciliación da vida laboral e familiar para as mulleres son temas que tamén saen á luz
05/02/2008 “Tan perigoso é conducir bébedo como sen durmir”, afirma
Xesús María Pastoriza

CIG-Transporte denuncia a Anetra e ao Grupo Vázquez por non levar discos tacógrafos nos autobuses escolares
CIG-Transporte ten constancia de que as empresas da Asociación Anetra e do Grupo Vázquez nin están a utilizar disco tacógrafo para controlar os tempos de condución dos seus traballadores, nin levan, no seu defecto, o Certificado de Actividades. Por iso exixirán que se extremen as medidas de control, ao igual que se fixo no seu momento cos controis de alcoholemia
Un novo libro de FESGA apresentouse no Auditorio de Baio,
no Concello de Zas

Estudo socioeconómico da Terra de Soneira
O pasado venres, día 1 de febreiro, apresentouse no auditorio de Baio un libro editado por FESGA sobre a Terra de Soneira, segundo a actual comarcalización: sobre os concellos de Vimianzo, Camariñas e Zas. Acudiron á presentación medio cento de veciños destes municipios, representantes de distintas entidades e persoas interesadas polo tema
Fúria do Opus Dei na América Latina
Artigo de Altamiro Borges (Actualidade GalizaCIG)
Crack 2008?
Artigo de Ignacio Ramonet (Le Monde Diplomatique)
E a Alemanha disse não...
Artigo de Flávio Aguiar (Agência Carta Maior)
02/02/2008 Representantes deste organismo reuniranse con dirixentes da CIG-Transporte para analizar a situación en Luber
Desconvocada a protesta na Inspección de Traballo prevista para o 4 de febreiro
A CIG-Transporte desconvocou a protesta que ía realizar o 4 de febreiro na sede provincial da Inspección de Traballo en A Coruña. O coordinador territorial e a xefa provincial deste organismo accederon a reunírense o 7 de febreiro con representantes da CIG para tratar os incumprimentos da lexislación laboral que comete a empresa Luber cos seus traballadores
12.000 horas de exceso de xornada
A Policía portuaria mobilízase polo calendario laboral e o aumento de persoal
O venres 1 de febreiro ás nove da mañá tiña lugar a primeira concentración e chamada de atención á Autoridade Portuaria pola situación laboral que vive o seu corpo de policías, con problemas de persoal e sobrecarga de traballo e xornada
Brasil: Fim do “céu de brigadeiro” de Lula?
Artigo de Altamiro Borges (Actualidade GalizaCIG)
A Crise
Artigo de Eduardo Bomfim (Actualidade GalizaCIG)
Sirenes de alarme na Europa
Artigo de Flávio Aguiar (Agência Carta Maior)
01/02/2008 Este organismo fai caso omiso das 13 denuncias que presentou o sindicato nos últimos meses
A CIG-Transporte protestará na sede da Inspección de Traballo pola súa inhibición na empresa Luber
Membros da CIG-Transporte e traballadores de Luber, filial do Grupo Monbús dedicada ao transporte escolar, protagonizarán un acto de protesta o luns 4 de febreiro, a partir das 11:00 horas, nas instalacións da sede provincial da Inspección de Traballo, sita na rúa Menéndez Pelayo, 20, de A Coruña
Unha crise de modelo
Artigo de Manuel Mera (Galiza)
DESDE O VENTRE DA BALEA
A soidade de Marie Smith Jones, a derradeira falante de ‘eyak’
Artigo de Rafa Villar (Galiza)
Os gurkas da escrita
Julio María Sanguinetti e a súa “descoñecida Colombia”
Artigo de Xurxo Martínez Crespo (Galiza)
Muros e genocídios
Artigo de Jorge Cadima (Avante!)
31/01/2008 Henrique Pérez, secretario da sección sindical da CIG
“En Citroën traballamos máis, somos máis eventuais e precarios, e gañamos menos”
O 31 de xaneiro comeza a negociación do novo convenio de empresa para a planta de Citroën de Vigo. Para coñecer cal é a realidade desta factoría e saber cal é o anteproxecto que presenta a CIG entrevistamos a Henrique Pérez, secretario da sección sindical da CIG en Citroën, na que leva traballando desde hai 33 anos.
Dignificación salarial
Os bombeiros dos Consorcios Comarcais de Pontevedra chegan a un acordo coa Deputación
O martes 29 de xaneiro tivo lugar unha xuntanza entre os representantes sindicais dos tres Consorcios Comarcais privatizados da provincia de Pontevedra (O Morrazo, O Salnés e Baixo Miño) e o presidente da Deputación de Pontevedra. Nesta xuntanza Rafael Louzán comprometeuse a facer efectiva a suba salarial demandada polos bombeiros.
Brasil: José Serra e o caos na saúde pública
Artigo de Altamiro Borges (Actualidade GalizaCIG)
30/01/2008 Rafa Díez Usabiaga, secretario xeral de LAB:
“Aceptamos partir do marco institucional actual, pero o futuro do país ten que depender da vontade expresa da cidadanía de Euskadi e Navarra”
Rafa Díez Usabiaga, secretario xeral do sindicato abertzale LAB, participou o 18 de xaneiro nunha xornada de formación organizada pola CIG en Compostela. Aproveitando a súa visita a Galiza fixémoslle a presente entrevista, na que fai un percorrido pola actualidade política, social e sindical de Euskal Herria, con especial atención ao que foi o frustrado proceso de negociación e construción dun escenario de paz
Chamamento de CIG-Ensino a promover actos nos centros para concienciar o alumnado en contra das guerras
30 de xaneiro: Día Escolar pola Paz
A CIG-Ensino fai un chamamento a todo o profesorado para a organización de actos escolares co motivo do Día Escolar pola Paz e para denunciar desde os centros de traballo os atropelos e inxustizas que se están a cometer en distintos lugares do mundo, concienciar o alumnado en contra das guerras, promover iniciativas para lograr espazos de liberdade e igualdade...
Contempla a posibilidade de que sexan privados concertados e liquida a xestión democrática
CIG-Ensino rexeita o Decreto que regula os Centros Integrados de FP en Galiza
CIG-Ensino vén de manifestar o seu rexeitamento ao Decreto que regula os Centros Integrados de FP en Galiza porque reproduce literalmente o RD 1558/2005, ao que xa presentou un recurso, e recolle a posibilidade de que existan centros privados concertados e que estes poidan desenvolver actuacións que deberían estar reservadas aos centros públicos
O sábado 26 de xaneiro en Compostela
Nace o compromiso de criar o Foro Social Galego nunha asemblea con máis de 200 persoas
Máis de sesenta persoas asinan en Santiago un compromiso de creación do maior espazo de debate antineoliberalista. A asemblea de movementos sociais contou coa participación de máis de 200 persoas de case un cento de colectivos
Lembran que a Televisión de Galiza debe ser “ferramenta activa” no proceso de normalización da lingua
A MNL e Nais e Pais polo Ensino en Galego denuncian a supresión do Xabarín Clube na TVG pola tarde
A Mocidade pola Normalización Lingüística e o Colectivo de Nais e Pais polo Ensino en Galego, seccións da Mesa pola Normalización Lingüística, veñen de denunciar a nova modificación no horario de tarde da TVG que, como xa acontecera no pasado, deixa fóra o Xabarín Clube, o espazo televisivo infantil da canle pública por excelencia
Farc: terroristas ou insurgentes?
Artigo de Altamiro Borges (Actualidade GalizaCIG)
Suharto: a morte de um ditador
Artigo de Augusto C. Buonicore (Vermelho)
29/01/2008 A Fiscalía solicitaba para Xesús Pastoriza unha pena de tres anos e seis meses de cárcere
Absolven o responsábel nacional do Transporte da CIG dos dous delitos que lle imputaban
Xesús Pastoriza, responsábel nacional do Transporte da CIG, foi absolvido dos dous delitos que lle imputaban o Ministerio Fiscal e a acusación particular, que pedían para el penas de prisión de tres anos e seis meses e de catro anos e seis meses, respectivamente
Unha representación do sindicato e dos traballadores entrevistouse con membros dos grupos parlamentarios do PSOE, BNG e PP
A CIG pídelle firmeza aos partidos políticos na defensa dos dereitos do persoal das auxiliares do carbón
A CIG e unha representación dos traballadores das auxiliares das minas de Meirama e As Pontes pedíronlle firmeza aos tres grupos parlamentarios galegos para que fagan valer ante o Ministerio de Industria as resolución da Cámara autonómica en defensa dos dereitos destes operarios a incorporárense as empresas principais
Exixen a modificación do actual sistema de exclusiva
CIG Saúde oponse ás tentativas de eliminar a dedicación exclusiva dos médicos da sanidade pública galega
Os sindicatos médicos corporativos, co apoio dos colexios de médicos, están promovendo mobilizacións dos médicos pluriempregados nunha estratexia que ten entre os seus obxectivos eliminar, tamén na Galiza, os incentivos existentes para que os médicos da sanidade pública opten pola exclusividade, o que suporía a súa eliminación práctica
10% de incremento
O ano 2007 rematou con 400 accidentes de traballo rexistrados máis que en 2006
Desde a CIG de Ourense sinalan en comunicado de prensa sobre a sinistralidade no traballo que “tampouco en 2007 fomos capaces de inverter a tendencia alcista en materia de sinistralidade en Ourense”
En defensa da dedicación exclusiva dos médicos da sanidade pública
Francisco L. Vázquez Vizoso e Xan Cons Pintos (Galiza)
28/01/2008 Existen discriminacións retributivas
Os Inspectores de Pesca Marítima estarán de folga o 29 de xaneiro
A CIG-Administración do Estado denuncia a falla de vontade da Administración do Estado para regular a situación laboral dos Inspectores de Pesca Marítima, dependentes funcionalmente do Ministerio de Agricultura Pesca e Alimentación. Estes traballadores estarán de folga o 29 de xaneiro
Unha proposición indecente
Artigo de Clodomiro Montero Martínez (Galiza)
Son as FARC e o ELN organizacións terroristas?
Artigo de Xurxo Martínez Crespo (Galiza)
A barbárie está em Davos
Artigo de Gilson Caroni Filho (Agência Carta Maior)
A conivência europeia com Israel no genocídio palestino
Artigo de Omar Barghouti (resistir.info)
Equador: Os desafios para o governo de Rafael Correa e a nova Constituinte
Artigo de Eric Toussaint (ODiario.info)
26/01/2008 “Defendemos o que é noso”
Máis de 200 persoas maniféstanse cos traballadores de Marbar reclamando xustiza
Pasadas as once e media da mañá os traballadores e traballadoras de Marbar deixaban pechadas as instalacións da nave industrial, que levan toda a semana defendendo, con quendas noite e día, para comezar unha marcha de máis de cinco quilómetros até o Concello de Tomiño
Concentración o martes 29 ás 12:00 horas no Polígono do Tambre, diante de Tragsa
Traballadores/as de Tragsega mobilízanse para denunciar a política de contratación da empresa
A empresa pública Tragsega SA, pertencente ao Grupo TRAGSA, prescinde de máis de 75 traballadores en Galiza (veterinarios e administrativos) para efectuar as Campañas de Saneamento Gandeiro de 2008, incumprindo o RD 5/2006 e a Lei 43/2006 que obriga a realizar contratos indefinidos con dous o máis encadeados cunha duración de 24 meses nun intervalo de 30 meses
Foran despedidos en xaneiro de 1988 durante o conflito ocasionado polos bidóns do Casón
O BNG demanda que se “faga xustiza” co antigo Comité de Empresa de Alúmina-Aluminio
O BNG presentou unha proposición non de lei no Parlamento de Galiza no que reclama o recoñecemento explícito do labor sindical dos representantes despedidos en 1988 polos sucesos acaecidos tras do embarrancamento do buque Casón nas costas galegas e o traslado da carga tóxica desta embarcación á factoría de Alúmina-Aluminio
Eduardo Álvarez fora condenado a pagarlle 5.000 euros ao xuíz decano da cidade por unhas presuntas inxurias contra este
A Audiencia Provincial de A Coruña declara a nulidade do xuízo contra o secretario comarcal da CIG-Ensino
A Audiencia Provincial de A Coruña declarou a nulidade radical de actuacións do xuízo de faltas no que Eduardo Álvarez, secretario comarcal da CIG-Ensino, fora condenado a pagar unha multa de 200 euros e a indemnizar con 5.000 ao xuíz decano da cidade, Antonio Fraga Mandián, en concepto de danos morais por presuntas inxurias. A vista oral terase que repetir
A punta do iceberg dos graves incumprimentos do Decreto de galeguización do ensino non universitario
A Mesa denuncia o “desleixo da Consellaría de Educación” ante casos de aulas de Lingua Galega en castelán
Aulas de Lingua e Literatura Galega en castelán nun centro de primaria, unha profesora de secundaria que traduce e dita en español o libro de Historia que está en galego, ou centros onde unicamente a clase de galego se imparte nesta lingua son só “a punta do iceberg” dos graves incumprimentos do novo Decreto de galeguización do ensino non universitario
Desde o inicio do curso hai centros que carecen de orientadores/as maila ter catalogados estes postos
CIG-Ensino reclama da Consellaría a dotación de profesorado de orientación para a comarca de Santiago
A CIG-Ensino leva reclamando desde o inicio de curso, ante a Delegación Provincial da Consellaría en A Coruña, a dotación dunha orientadora ou dun orientador nos centros educativos, como mínimo o número que aparece catalogado na relación de postos de traballo dos centros educativos
25/01/2008 Solicita que se reclame a transferencia de competencias na materia
A CIG demanda a derrogación do RD que permite deixar de repartir o correo no rural
O Real Decreto 503/07 estabelece que nos “contornos especiais a entrega dos envíos postais ordinarios realizarase a través de buzóns individuais non domiciliarios e de casilleiros concentrados”. Isto afectaría ao reparto postal ordinario de grande parte do rural galego e para a CIG podería ser anticonstitucional e atentar contra a Lei de Protección de Datos, ademais de pór en risco 400 postos de traballo
A marcha partirá ás 11 da mañá da nave industrial de Edificacións Marbar (na Tebra) e rematará no centro de Tomiño
A CIG convoca unha mobilización de apoio aos traballadores e traballadoras das empresas Marbar
A Comarca de Vigo, e desde a Federación de Construción da CIG, organizou para mañá venres 25 de xaneiro unha manifestación para arroupar e acompañar aos traballadores e traballadoras de Marbar, que veñen de ficar sen traballo e co dono da empresa desaparecido
Instará a Industria que xestione a incorporación a Endesa dos operarios que reúnan os requisitos marcados polo Miner II
O Concello de As Pontes aproba unha moción de apoio aos traballadores das auxiliares da mina
A Corporación municipal de As Pontes aprobou por unanimidade unha moción de apoio aos traballadores das auxiliares da mina, nun pleno extraordinario o 23 de xaneiro. O Concello pediralle ao Ministerio de Industria que xestione a incorporación a Endesa de todos os operarios das contratas e subcontratas que reúnan os requisitos marcados polo Plan Miner II
Grazas ao peche no parque comarcal
Os bombeiros do parque de O Morrazo conseguen un preacordo pola presión das mobilizacións
Todas as xestións coa Administración resultaron inútiles para resolver a situación de discriminación salarial dos bombeiros dos Consorcios Comarcais privatizados da Provincia de Pontevedra. Tiña que ser un peche no parque comarcal que se iniciaba este xoves a mañá, o momento no que distintas xestións fixeron posíbel un preacordo que será transmitido e concretado o luns 28
DESDE O VENTRE DA BALEA
De como a(s) lingua(s) entra(n) en campaña electoral
Artigo de Rafa Villar (Galiza)
A cuestión vasca
Artigo de Manuel Mera (Galiza)
24/01/2008 Os traballadores solicítanlle en persoa ao presidente da Xunta que medie neste conflito
Tragsega prescinde do 70% dos seus empregados en Lugo para non facelos fixos
Tragsega, empresa de capital público estatal dependente do Grupo Tragsa, prescindiu, no comezo da nova campaña de saneamento gandeiro da provincia de Lugo, dos 75 empregados eventuais que viña contratando desde 2002. A sociedade impide deste xeito que estes traballadores se convertan en fixos
Os presupostos non recollen a suba do 1% da masa salarial para o persoal municipal, entre outros aspectos
A CIG recorre ante o TSXG a aprobación dos Orzamentos do Concello de A Coruña
A CIG interpuxo un recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza contra a aprobación do Orzamento do Concello de A Coruña para o ano 2008. O presuposto non contempla, entre outros aspectos, o incremento retributivo para o persoal municipal do 1% da masa salarial dos exercicios 2006 e 2007, tal como prescribe a Lei
Brasil: Eliane Cantanhêde e Uribe, tudo a ver
Artigo de Altamiro Borges (Actualidade GalizaCIG)
23/01/2008 CIG, CCOO e UGT valoran moi positivamente o acordo e desconvocan as mobilizacións
Recoñécese a carreira profesional a todos os traballadores e traballadoras das contratas do Sergas
CIG, CCOO e UGT conseguiron, a media noite do luns 21 de xaneiro, asinar un acordo segundo o que, “pola parte empresarial, faise recoñecemento expreso do dereito do persoal pertencente ás distintas contratas do Sergas que teñen recoñecida a equiparación salarial, á percepción económica do equivalente ao importe da chamada carreira profesional”
56 persoas e graves consecuencias
Os traballadores da construtora Marbar fechados nas instalacións da empresa ante a fuxida do xefe
Son un total de 56 empregados os que veñen de ficar sen traballo e co dono da empresa desaparecido, repartidos entre os diferentes negocios de Construcións Marbar SL. O grupo de empresas dedicábase á extracción e transformación de pedra, así como a construción e promoción de vivendas. Era unha das firmas máis importantes do seu sector na zona do Baixomiño
Asistiu como convidado Antón Casal, quen lembrou o acontecido co Casón
Asemblea de delegados/as da CIG-A Mariña para valorar o proceso de eleccións sindicais 2007
A CIG de A Mariña celebraba na tarde do luns 21 de xaneiro unha Asemblea de delegados/as para valorar o proceso de eleccións sindicais 2007, no que a CIG quedou como primeira forza na Comarca pasando dunha representación do 22,5% en 2003 ao 31,5% en 2007. Á Asemblea asistiu tamén como convidado Antón Casal
A Federación de Ensino denuncia que a Consellaría de Educación imposibilita de forma reiterada estes controis
O Valedor do Pobo admite a trámite a queixa da CIG por incumprirse a revisión sanitaria anual dos/as docentes
O Valedor do Pobo vén de admitir a trámite a queixa presentada pola CIG-Ensino polo incumprimento reiterado da Consellaría de Educación de posibilitar revisións sanitarias anuais a todos e a todas os/as docentes do ensino público
A via de desenvolvimento de orientação socialista
Artigo de Samir Amin (ODiario.info)
22/01/2008 Denunciaron a política laboral da empresa e o bloqueo do proceso de negociación
CIG e UXT mobilizáronse ante a Convención Comercial de Caixa Galicia
O pasado sábado día 19 de xaneiro Caixa Galicia convocou a 1.300 traballadores e traballadoras á Convención Comercial Anual en A Coruña. A CIG e UXT mobilizáronse ante este acto para denunciar a política laboral e o bloqueo do proceso de negociación
Reclaman ás empresas adxudicatarias o cumprimento do Convenio
O persoal de limpeza hospitalaria de A Coruña tamén se mobiliza pola equiparación salarial co Sergas
O persoal de limpeza hospitalaria de A Coruña botouse a rúa para esixir a equiparación salarial cos traballadores/as do Sergas, do mesmo xeito que fixeron nas semanas anteriores os seus compañeiros e compañeiras doutras cidades galegas
Pola equiparación a nivel galego
Os bombeiros dos Consorcios Comarcais de Pontevedra reuniranse coa Xunta para desbloquear o conflito salarial
A directora xeral de Protección Civil, Esther González Saavedra, convocou para o martes 22 de xaneiro ás 16:30 horas a unha representación dos bombeiros dos tres Consorcios Comarcais privatizados da provincia de Pontevedra (O Morrazo, O Salnés e Baixo Miño)
Concentración de apoio ás portas
Celébrase xuízo por un caso de acoso laboral a unha delegada da CIG en Povisa
Preto das once e media da mañá comezaba o xuízo polo acoso laboral que sobre unha delegada da CIG exerce a dirección do Hospital de Povisa de Vigo. No exterior do Xulgado numerosos compañeiros e compañeiras, delegados e delegadas da CIG acompañaban a esta traballadora nunha concentración contra a represión sindical
O acto contou coa participación do secretario xeral de LAB, Rafa Díez Usabiaga
O libro “Galegos en Bizkaia” presentouse en Compostela
A Libraría Couceiro de Compostela acolleu a presentación en Galiza do libro ‘Galegos en Bizkaia-Galiziarrak Bizkaian’, que recolle unha escolma de poemas de Gabriel Aresti e Manuel María, introducidos e comentados por Xurxo Martínez Crespo e Raúl Río Díaz. O acto contou coa participación do secretario xeral de LAB, Rafa Díez Usabiaga
A longa loita antiforal
Artigo de Manuel Mera (Galiza)
19/01/2008 Brasil: As bravatas do senador Arthur Virgilio
Artigo de Altamiro Borges (Actualidade GalizaCIG)
Oriente Médio: Fracassa a turnê do chefe do Império
Artigo de Lejeune Mirhan (Vermelho)
18/01/2008 O sindicato nacionalista ten o 35,02% da representatividade fronte ao 28,70% de UGT, que é a segunda forza da bisbarra
A CIG de Ferrol é a primeira central da comarca trala conclusión do proceso electoral
A CIG de Ferrol converteuse na primeira central da comarca no período electoral 2003-2007. O sindicato nacionalista posúe o 35,02% da representatividade, UGT o 28,70% e CCOO o 27,43%. Por federacións, a CIG é maioritaria na Administración (co 50% dos delegados), na Banca, na Construción, no Metal, en Químicas, na Saúde e en Servizos
Cociña, limpeza e mantemento en loita
Continúan as mobilizacións nos hospitais de Vigo pola equiparación salarial e o cumprimento dos convenios
Os traballadores e traballadoras de limpeza, cociña e mantemento do Hospital do Meixoeiro, Hospital Xeral Cíes, Rebullón e Nicolás Peña, manifestáronse diante dos centros hospitalarios o mércores 16 de xaneiro e xoves 17 para reivindicar o cumprimento dos convenios colectivos de equiparación salarial
A Deputación de Pontevedra discrimina aos bombeiros
A CIG reclama para o Parque de O Morrazo a suba salarial pactada coa Xunta a nivel galego
Os bombeiros do Consorcio de O Morrazo, xunto cos do Salnés e Baixo Miño, están sendo discriminados salarialmente respecto dos seus compañeiros doutras provincias galegas. Reclaman a equiparación salarial, e de non ser atendidas as súas mobilizacións anuncian peches nos parques da provincia
DESDE O VENTRE DA BALEA
Conta atrás para unhas novas eleccións ás Cortes Xerais españolas
Artigo de Rafa Villar (Galiza)
O dereito das mulleres a decidirmos
Artigo de Margarida Corral Sánchez (Galiza)
Venezuela: PSUV nasce com o desafio de defender revolução bolivariana
Artigo de José Reinaldo Carvalho e Altamiro Borges (Vermelho)
Esquerda e direita na América Latina
Artigo de Emir Sader (Agência Carta Maior)
17/01/2008 O sindicalismo nacionalista avanza do 26,2% en 2003 ao 28,6% en 2007 e pasa a ser a segunda forza en Galiza
A CIG medra en máis de 1.000 delegados a súa representación nas eleccións sindicais
“Trátase dun resultado histórico que reafirma o modelo que representa a CIG e constata o avance do sindicalismo nacionalista”. Así avaliaba a Executiva Confederal da CIG os resultados do proceso de eleccións sindicais rematado o 31 de decembro. Uns resultados que a sitúan como segunda forza, con 5.623 delegados/as por diante de CCOO, que obtivo 5.576, e a tan só 556 de UGT
Falsidades de Fomento
A CIG reclama que se abra unha investigación polo sinistro no mar e que a Fiscalía actúe de oficio
Xabier Aboi, secretario nacional de CIG-Mar, lembra que “os mariñeiros están en máns do armador que ordena cando saír ao mar” e denunciou tamén a falta de medios aeronáuticos e falsidades no cronograma do sinistro nunha rolda de prensa celebrada no local sindical de Pontevedra
Brasil: Em defesa da previdência social
Artigo de Altamiro Borges (Actualidade GalizaCIG)
16/01/2008 Xosé Carlos Crespo, secretario nacional de CIG-Administración
“Agardamos que a Mesa do Parlamento autorice en breve a recollida de sinaturas da ILP dos altos cargos”
Continuamos coa rolda de entrevistas aos secretarios e secretarias nacionais das federacións, e nesta ocasión contamos coa achega da conversa mantida con Xosé Carlos Crespo, secretario nacional da Federación de Administración Pública da CIG
Camiñando cara unha folga nacional
Mobilización das traballadoras do servizo de limpeza do Hospital de Montecelo pola equiparación e a carreira
Nova mobilización das traballadoras e traballadores das empresas adxudicatarias do Sergas, desta volta, na cidade de Pontevedra, e aproveitando a hora do descanso, un numeroso e ruidoso grupo de traballadoras manifestábanse diante do Hospital de Montecelo
Cinco traballadores levan xa dous meses sen traballo efectivo por pedir mellores condicións laborais
Concentración diante de Transportes Manuel Rial
Traballadores de Transportes Rial SL concentráronse diante da empresa para denunciar a precariedade laboral que padecen e demandar unhas condicións de traballo dignas. Como medida de presión os traballadores acordaron pór en marcha unha campaña informativa entre os veciños e veciñas de Negreira para dar a coñecer a súa situación
Demandan cese de Xerencia
Protesta da Comisión de Centro do CHOP na presentación da nova equipa directiva
Son moitos os meses de mobilización e actos de protesta no Complexo Hospitalario de Pontevedra pola xestión e polos problemas de recursos humanos neste hospital. Unha nova acción foi na presentación da nova equipa de Dirección a aparición de máis de vinte persoas con carteis coa lenda de “Cese Xerencia”
Rolda de prensa de avaliación das eleccións sindicais
A CIG de Pontevedra obtén o 33,17% de representatividade
Os resultados das eleccións sindicais volven ser noticia, aínda pendentes dos datos finais oficiais, e é que na cidade de Pontevedra e nos concellos próximos a CIG é de novo a primeira forza sindical. Gaña as eleccións sindicais na comarca de Pontevedra con 52 delegados e delegadas máis que CCOO e 68 máis que UGT
A central nacionalista pasa de 6 a 8 representantes no comité provincial coruñés desta empresa de Gadisa
A CIG fica ao borde da maioría absoluta en Almacenes Casán
A CIG conseguiu 8 delegados nas eleccións ao Comité provincial coruñés de Almacenes Casán, empresa pertencente ao Grupo Gadisa. O sindicato nacionalista subiu dous representantes con respecto ao anterior proceso electoral e quedou a unha escasa marxe de conseguir a maioría absoluta. A participación foi do 67,5%
O venres 18 ás 10:00 horas en Compostela
Xornadas internas de formación político-sindical con Rafa Díez Usabiaga, secretario xeral de LAB
A CIG organiza, o próximo venres día 18 de xaneiro, unhas xornadas internas de formación político-sindical en Compostela, nas que se contará coa presenza do secretario xeral de LAB, Rafa Díez Usabiaga
A asociación en defensa da lingua di que os servizos ferroviarios, de titularidade estatal, “actúan como se o galego non existise”
A Mesa denuncia a vulneración de dereitos lingüísticos por parte de RENFE e ADIF
A Mesa pola Normalización Lingüística realizou o martes 15 de xaneiro un acto reivindicativo na estación do tren de Santiago de Compostela para denunciar as vulneracións dos dereitos lingüísticos dos galegos e galegas que RENFE e ADIF, como organismos públicos que xestionan as infraestruturas ferroviarias e a explotación dos camiños de ferro en Galiza, están a cometer
Brasil: CTB, a novidade no sindicalismo
Artigo de Altamiro Borges (Actualidade GalizaCIG)
Uma mentira que abala o Mundo
Artigo de Rui Namorado Rosa (ODiario.info)
15/01/2008 Concentración de delegados/as o mércores 16 de xaneiro, ás 11:30 horas diante da Consellaría
Convocatoria unitaria para reclamar de Educación un novo proxecto de orde para a xornada única
O 27 de decembro CIG-Ensino, CCOO, UGT, ANPE, STEG e CSIF, presentaban na Mesa Sectorial Docente non Universitaria un escrito para reclamar un novo proxecto de orde sobre implantación da xornada única e demandar unha entrevista con carácter de urxencia. Ante a falta de resposta da Consellaría acordaron, de forma unitaria, convocar unha concentración de delegados/as
A empresa acuícola botou 17 traballadores de maneira improcedente nos últimos catro anos
Declaran nulo o despedimento do presidente do Comité de Stolt Sea Farm
Joaquín Casais Louro, presidente do Comité de Stolt Sea Farm e afiliado á CIG, será readmitido na empresa logo de que o Xulgado do Social número 2 de Compostela declarase nulo o seu despedimento. A multinacional da acuicultura botou en Galiza de xeito improcedente 17 empregados nos últimos catro anos (11 deles no departamento de Hatchery de Quilmas, en Carnota, onde traballa o denunciante)
Convocan unha concentración diante da oficina o sábado 19 de xaneiro ás 13:00 horas
CIG-Correos denuncia o mal funcionamento do servizo en Teo por falta de persoal de reparto
En xaneiro de 2005, Correos entregou, aos traballadores de Correos de Teo, unha proposta de reforma baseada nun estudo feito no ano 2004, que estabelecía a necesidade de aumentar o cadro de persoal de Correos en Teo en 3,5 persoas máis. Malia o tempo transcorrido ese incremento non se efectivizou
Brasil: Sinais contraditórios no sindicalismo
Artigo de Altamiro Borges (Actualidade GalizaCIG)
Entrevista a Frei Betto e François Houtart
“As mudanzas en América Latina van afectar a unha parte moi rica da poboación”
Entrevista por Ramón Palao (Diagonal)
Entrevista a Atilio Borón
“Co neoliberalismo a destrución de aparello estatal foi realmente impresionante”
Entrevista por Francisco Herreros (El Siglo)
12/01/2008 Brasil: São Paulo, palanque dos neoliberais
Artigo de Altamiro Borges (Actualidade GalizaCIG)
Mudança de época na América do Sul
Artigo de Ronaldo Carmona (Vermelho)
África di non
Artigo de Ignacio Ramonet (Le Monde Diplomatique)
Os limites da “mudança” nos Estados Unidos
Artigo de Luiz Carlos Azenha (Vermelho)
11/01/2008 Forte apoio ao modelo sindical e de mobilización da central nacionalista
A CIG gaña de novo as eleccións sindicais na Comarca de Vigo co 36,1% da representatividade, 2,9 puntos máis
As eleccións sindicais realízanse en períodos abertos de catro anos. O que vai do 01/01/2004 até o 31/12/2007 foi avaliado o 10 de xaneiro, en rolda de prensa, por unha representación da Executiva Comarcal da CIG de Vigo composta por Chelo Lago, responsábel de Formación e Afiliación; Bea Caamaño, responsábel de Persoal e Finanzas; Xerardo Abraldes, secretario comarcal; e Placer Vila, secretaria de Organización
DESDE O VENTRE DA BALEA
O reiciño feliz
Artigo de Rafa Villar (Galiza)
Brasil: Os dilemas do presidente Lula
Artigo de Altamiro Borges (Actualidade GalizaCIG)
Socialismo do século XXI, construción intelectual, slogan político ou expresión das loitas anti-sistémicas
Artigo de François Houtart (Cuba Siglo XXI)
Europa: A vitoria das liberdades económicas comunitarias fronte ao dereito de folga
Artigo de Adoración Guamán Hernández (Red Voltaire)
Que conseguiram os zapatistas?
Artigo de Immanuel Wallerstein (Esquerda)
10/01/2008 Unha nova transición
Artigo de Manuel Mera (Galiza)
Brasil: Um balanço parcial do governo Lula
Artigo de Altamiro Borges (Actualidade GalizaCIG)
09/01/2008 Prevé a revogación ou suspensión das autorizacións de transferencia xa concedidas
O Regulamento que desenvolve a Lei Orgánica de Protección de Dados recolle achegas da CIG
O 11 de abril de 2007 en pleno conflito polos despedimentos de Atento, a CIG mantivo unha reunión en Madrid coa Axencia Estatal de Protección de Dados. O 15 de decembro o Consello de Ministros aprobou o Regulamento que desenvolve a Lei Orgánica de Protección de Dados, que recolle parte das achegas presentadas pola CIG naquela reunión
Acada 3 dos 5 delegados e CCOO queda fóra do Comité de Empresa
Maioría absoluta da CIG nas eleccións sindicais de CESPA en Compostela
A CIG obtivo a maioría absoluta dos delegados e delegadas de CESPA, empresa dedicada ao coidado de parques e xardíns en Compostela, nas eleccións sindicais celebradas o luns 7 de xaneiro. Este resultado prodúcese logo dun difícil proceso de negociación do convenio colectivo, ao que se opuxeron CCOO e UGT
Afirma que o decreto 124/2007 debe cumprirse en todos os centros de ensino non universitario
A Mesa pola Normalización Lingüística úrxelle a Educación un plan de formación en galego para o profesorado
O presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón, asegurou que o decreto 124/2007 de galeguización do ensino non se está a aplicar na maioría dos centros. Segundo os datos que manexa, os incumprimentos son especialmente graves no tocante ao idioma no que se imparten as aulas, e de xeito “masivo” en educación infantil
Os novos ventos na América Latina
Artigo de Altamiro Borges (Actualidade GalizaCIG)
A caminho da recessão
Artigo de Umberto Martins (Vermelho)
Estados Unidos: Um clube de milionários
Artigo de Juan Gelman (ODiario.info)
08/01/2008 Avaliación dos resultados
Apoio masivo ás candidaturas da CIG nas empresas do sector de Alimentación no Porto de Marín
Coincidindo coa última elección celebrada, a da empresa Tradepana, na que a CIG obtén a maioría absoluta, e unha vez rematado o período das eleccións sindicais, a Federación de Alimentación, Mar e Transporte da CIG avalía os resultados obtidos no Porto de Marín, onde se concentran empresas afectados polos convenios de Frío Industrial, conserva e elaborados
Só tres convenios teñen revisión salarial
Importante perda de poder adquisitivo nos salarios dos traballadores ourensáns pola escandalosa suba do IPC
O Índice de Prezos ao Consumo (IPC) establece a taxa anual do 2007 no 4,3% segundo os datos adiantados polo Instituto de Estatística. Esta forte suba que ten como base o encarecemento de produtos básicos de consumo representa unha importante perda de poder adquisitivo.
A crise do império e do neoliberalismo
Artigo de Altamiro Borges (Actualidade GalizaCIG)
Paquistão, depois do assassinato de Bhutto: A distorcida percepção do Ocidente
Artigo de Tariq Ali (ODiario.info)
Venezuela: Dicionário de eufemismos da oposição liberal
Artigo de James Petras (resistir.info)
2007: o pior ano da guerra americana
Artigo de Francisco Carlos Teixeira (ACM)
05/01/2008 Contra as deslocalizacións no Telemárketing
A CIG impugna xudicialmente a transferencia a Perú de dados persoais de clientes de Telefónica
A Sala do Contencioso Administrativo da Audiencia Nacional española está a tramitar o recurso interposto pola CIG contra unha autorización de transferencia internacional de dados á filial peruana da empresa Global Sales Solutions Line, concedida pola Axencia Española de Protección de Dados á Telefónica Móviles España. Este servizo é prestado actualmente pola empresa Eurocen, que dá emprego a cerca de 1.000 persoas na cidade de A Coruña
É indecente que UGT e CCOO pretendan arrogarse méritos cando son responsábeis de que os mineiros fiquen excluídos do Miner II
Os avances no futuro laboral do persoal das auxiliares de Meirama producíronse grazas á mobilización
Os avances producidos no conflito das auxiliares de Meirama, como o mantemento dos postos de traballo dos mineiros durante seis meses máis desde o peche do xacemento, ocorrido o pasado 31 de decembro, débense á capacidade de mobilización que amosaron os operarios. A última convocatoria de folga serviu para forzar a Masa, Soluziona e Fergo a garantir o traballo na mina até o próximo verán
Deste xeito a empresa impide que as traballadoras e traballadores coñezan as posicións do sindicato nacionalista
Caixanova censura os comunicados da CIG
Caixanova negouse ao reparto por valixa dun comunicado da CIG no que a Sección Sindical anunciaba publicamente a súa oposición a unha ampliación da xornada laboral comunicada pola empresa. Non é esta a primeira vez que a empresa censura ou retrasa os comunicados da CIG co fin de evitar que os traballadores e as traballadoras coñezan as posicións da CIG
Déuselle o seu nome a unha praza en Grou
Homenaxe ao patriota Elixio Rodríguez
Co gallo do nacemento do galeguista Elixio Rodríguez, o 4 de xaneiro de 1910, e fundador das Mocidades Galeguistas de Bande, rendéuselle homenaxe no seu pobo, Grou, no Concello de Lobios, na Baixa Limia. Unha parroquia que fica moi preto da Igrexa suevo-visigótica de Santa Comba e das ruínas romanas de Aquis Querquennis
Homenaxe a Elixio Rodríguez
Lembranza a un fillo da Baixa Limia
Artigo de Manuel Mera (Galiza)
04/01/2008 Suso Seixo, secretario xeral da CIG:
“O incremento de afiliación e os resultados das eleccións sindicais supoñen un respaldo á liña sindical da CIG”
O secretario xeral da CIG, Suso Seixo, avalía o que foi o ano 2007 facendo un percorrido polos principais conflitos nos que a central estivo presente. Seixo analiza tamén como repercutiu nas relacións institucionais o abandono das Mesas para un Acordo Galego polo Emprego e adianta o que poden ser uns resultados históricos nas recentes eleccións sindicais, que poderían colocar á CIG como segunda forza en Galiza
Medio centenar de traballadores das auxiliares participan en As Pontes nunha asemblea no local do sindicato nacionalista
UGT e CCOO confabúlanse para excluír afiliados da CIG das incorporacións a Endesa
A CIG denuncia a opacidade do proceso de selección de 80 traballadores das auxiliares que se incorporaron a Endesa en As Pontes. Da lista foron excluídos operarios afiliados á central nacionalista, algúns deles con 30 anos de traballo na mina. A CIG non dubida en responsabilizar desta manobra caciquil a UGT e CCOO, presentes na Comisión de Seguimento do Plan Miner II, da que foi excluída
03/01/2008 Continúa a reorganización sindical no Brasil
Celebrouse en Belo Horizonte o Congreso fundacional da CTB
A estrutura organizativa do sindicalismo brasileiro está a experimentar unha profunda transformación. A lexislación socio-laboral brasileira non recoñece xuridicamente a existencia de centrais sindicais. Esta situación vai mudar coa inminente aprobación polo Parlamento brasileiro dunha lei recoñecendo e dando atribucións ás centrais sindicais
Causa 18/98: Despotismo espantoso
Artigo de Xurxo Martínez Crespo (Galiza)
02/01/2008 A especulación chega ao viño
Artigo de Manuel Mera (Galiza)

... decembro | novembro | outubro | setembro | agosto | xullo | xuño | maio | abril | marzo | febreiro | xaneiro |
Ano 2006: decembro, novembro, outubro, setembro, agosto, xullo, xuño, maio, abril, marzo, febreiro, xaneiro
Ano 2005: decembro, novembro, outubro, setembro, agosto, xullo, xuño, maio, abril, marzo, febreiro, xaneiro
Ano 2004: decembro, novembro, outubro, setembro, agosto, xullo, xuño, maio, abril, marzo, febreiro, xaneiro
Ano 2003: decembro, novembro, outubro, setembro, agosto, xullo, xuño, maio, abril, marzo, febreiro, xaneiro
Ano 2002: decembro, novembro, outubro, setembro, agosto, xullo, xuño, maio, abril, marzo, febreiro, xaneiro
Ano 2001: decembro, novembro, outubro, setembro, agosto, xullo, xuño, maio, abril, marzo, febreiro, xaneiro
Ano 2000: decembro, novembro, outubro, setembro, agosto, xullo, xuño, maio
·Benvida | Que é a CIG | Cronoloxía da CIG | Historia de Galiza
Volver

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 14/03/2008
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta