Actualidade / ArtigoVolver


Vigo, 16 de febreiro de 2008

O pasado como brétema
 

Manuel Mera-

fs@galizacig.net


  Sobreviventes do campo de concentración de Wöbbelin; clic para aumentar
Sen dúbida os nazis planificaron e executaron a eliminación dos xudeus, algo que ademais de condenar compre evitar se repita no futuro; agora ben, non se pode admitir que desde Israel se pretenda o monopolio destes feitos e moito menos que se utilicen pra lexitimar decote a agresión ao povo palestino e ás nacións veciñas. (Foto: Sobreviventes do campo de concentración de Wöbbelin, Alemaña, son evacuados polas tropas norteamericanas o 4 de maio de 1945).
 
O texto da proposta dos nacionalistas galegos pra condenar o xenocidio non gustou na Embaixada israelí, nen aos seareiros cos que conta en Galiza, xa que tamén facía referencia ao que pasa en Gaza e en Cisxordania neste intre. Sen dúbida os nazis planificaron e executaron a eliminación dos xudeus, algo que ademais de condenar compre evitar se repita no futuro; agora ben, non se pode admitir que desde Israel se pretenda o monopolio destes feitos e moito menos que se utilicen pra lexitimar decote a agresión ao povo palestino e ás nacións veciñas.

Os nazis tamén eliminaron a centos de miles de comunistas e a millóns de eslavos. Estas atrocidades tampouco se poden esquecer, e moito menos terxiversar ou agochar. Ademais no último século houbo outros xenocidios que non conseguiron o mesmo recoñecemento (se cadra porque non son aliados da maior potencia do mundo?), recordo o dos armenios a mans dos turcos, aos Ibos en Biafra, ou o máis recente en Ruanda. Todos eles, todos!, deben servir de exemplo contra a barbarie.

Sempre admirei no povo israelí a súa vontade de existir como nación, mais iso non pode ser a brétema que agoche seu papel de agresivos colonizadores fai décadas. Non se pode aceptar que ser vítimas dun xenocidio lles dea dereito a usar calquer método pra defender intereses de grupo, máxime cando son tan excluíntes e insolidarios. Cumpre condenar o xenocidio, porén sen tapar os ollos ao que pasa hoxe: a agresión cotiá, o muro, o bloqueo, a destrución de fogares, a morte decote de persoas inocentes, nunha batalla desigual. O gueto de Varsovia vívese no presente nos Territorios Ocupados, e o pasado non pode xustificalo; como non se pode xustificar coa ocupación de Alemania, logo da Gran Guerra, os horrores posteriores dos nazis.

 
 
  Manuel Mera,
secretario confederal de Formación Sindical e
Comunicación da CIG.
(Máis artigos...)
  Manuel Mera
 
Volver

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 16/02/2008
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta