ActualidadeVolver a Actualidade


Vigo, 16 de febreiro de 2008

Contra os despedimentos
Concentración por unha subrogación cos mesmos dereitos en Limpezas Cliner

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Polo cumprimento do Convenio en Limpezas Cliner; clic para aumentar
Cos berros de “Subrogación cos mesmos dereitos”, e acompañados de chifres e moitos ruídos, as e os participantes desta mobilización decidiron cortar o tránsito, mentres repartían panfletos entre a cidadanía dando a coñecer a súa situación. (Fotos: ©galizacig.com 15/02/2008).
Polo cumprimento do Convenio en Limpezas Cliner; clic para aumentar
 
Nova mobilización dos traballadores e traballadoras de Cliner, empresa que subrogou o seu servizo de limpeza nas oficinas do Banco Santander a Limpezas Cíes, o que está a provocar despedimentos e recortes de xornada e dereitos laborais.

Pasadas ás doce da mañá tiña lugar unha nova concentración no céntrico cruce de Colón na rúa de Vigo, diante da sucursal central da Oficina Santander, para denunciar a situación que están a vivir as traballadoras e traballadores de limpeza destes centros de traballo.

Cos berros de “Subrogación cos mesmos dereitos”, e acompañados de chifres e moitos ruídos, as e os participantes desta mobilización decidiron cortar o tránsito nesta zona do centro de Vigo, mentres repartían panfletos entre a cidadanía dando a coñecer a súa situación.


"Non respectan o noso convenio"

As traballadoras e traballadores da empresa Cliner que realizan o servizo de limpeza nas distintas sucursais do Banco Santander Central Hispano das provincias de Pontevedra e Ourense mobilizáronse este venres 15 de febreiro de novo porque a empresa Cliner “non respecta o noso convenio colectivo, despedindo a catro traballadores/as e reducindo nun 50% a xornada de traballo a outros cincuenta compañeiros e compañeiras”.

A mobilización, convocada conxuntamente por CIG, CCOO e UGT, non será a última que terá lugar na cidade de Vigo, xa que “de continuar con esta actitude Limpezas Cliner continuaremos coas mobilizacións, até que se respecten os dereitos dos traballadores e traballadoras”.

 
 
Informacións relacionadas
14/02/2008 Diante das oficinas do Banco Santander en Vigo
Concentración pola perda de dereitos laborais e o despedimento de dúas traballadoras de Limpezas Cliner
 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 16/02/2008
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta