|
Actualidade CIG-Comunicación-
Á asemblea, celebrada na tardiña do 25 de febreiro no salón de actos do Edificio Sindical, asistiron cerca de 250 empregados, que aprobaron por inmensa maioría o preacordo que alcanzaran días atrás os seus representantes e Cespa. O novo convenio terá unha vixencia de catro anos e contempla as seguintes subas salariais liñais: • Ano 2008: IPC real do ano anterior + 540 euros. • Ano 2009: IPC real do ano anterior + 640 euros. • Ano 2010: IPC real do ano anterior + 665 euros. • Ano 2011: IPC real do ano anterior + 690 euros. No cuarto ano de vixencia haberá un incremento no salario base do 25% en concepto de plus de nocturnidade e do 20% a través do de toxicidade. Ademais, conseguiuse un bloque de traballo para os empregados que presten servizo en horario diúrno de 6 días de traballo e 3 de descanso. Nas incapacidades temporais percibirase o 80% do salario nos 20 primeiros días e, a partir de aí, o 100%. Tamén se acadaron subas nas dietas. A Federación de Servizos da CIG fai unha valoración positiva do presente acordo pois considera que se acadaron practicamente todos os puntos recollidos na plataforma sindical. |
||||
Informacións relacionadas
|
||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 26/02/2008 |
||||
|