|
Actualidade / Artigo A cuestión vasca Manuel Mera-
Mesmo dáse o paradoxo de que primeiro se informa da decisión política de ilegalizar a ANV e despois se procuran as probas, o que non di moito a prol da independencia xudicial. Neste eido compre recoñecer que o Partido Popular gañou a batalla. Outra cuestión é que deste xeito se solucione o conflito, xa que non se pode descoñecer que ten raíces moi fundas e gran apoio social. Non semella que se avance cara a paz ao desbotar por principio a negociación política e negar o feito nacional vasco, catalán e galego. A violencia armada non ten lexitimidade social neste contexto, non se pode xustificar a morte planificada de persoas ou vela como “danos colaterais”, nen tampouco aceptar a tortura pra “protexer a democracia”. Agora ben, mentres se fala a esgalla de globalización e autonomías, de pluralismo, o certo é que sufrimos os maiores intentos do centralismo por asimilar as nacións da periferia do Estado; e iso, ademais de perverso, non axuda a calmar os ánimos... e os métodos represivos, aínda aceptados pola maioría, nunca poderán seren unha solución definitiva á cuestión social ou nacional. |
|||||||
|
|||||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 25/01/2008 |
|||||||
|