|
Actualidade CIG-Comunicación-
Manuel Anxo Álvarez Amado, secretario de Organización de CIG-Correos, sinala ademais que, nos últimos tres anos, a situación ten empeorado pola crecemento urbanístico do Concello de Teo e o consecuente medre de habitantes. “Correos nunca tivo a ben aumentar o cadro de persoal de repartidores no número preciso para garantir un servizo público e de calidade e ofrecer un reparto de correspondencia todos os días laborábeis en todos os domicilios, como así o indica a Lei Postal no seu artigo 17.2”, explica. Álvarez Amado engade que os reforzos que ocasionalmente pon a entidade no Concello de Teo “son insignificantes e non solucionan para nada a continua acumulación de obxectos postais día tras día”. Por iso, desde a CIG-Correos anuncian a recollida de sinaturas por todo o Concello de Teo para dirixilas ao presidente de Correos e a convocatoria dunha concentración diante da oficina de A Ramallosa (Teo), o próximo sábado día 19 de xaneiro, en demanda de aumento de persoal e dunha mellor calidade do servizo de reparto. |
||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 15/01/2008 |
||||
|