Actualidade / ArtigoVolver


Vigo, 1 de decembro de 2007 (Publicado en Diario de Ferrol o 29/11/2007)

Nova reforma laboral
 

Manuel Mera-

fs@galizacig.net


  Contra a precariedade laboral, resposta sindical; clic para aumentar
Adiar a xubilación só será unha alternativa en actividades nas que o desgaste físico e mental é baixo, polo que é unha medida que acrecenta a desigualdade e discrimina (máxime cando en moitos sectores a xornada supera as dez horas e os ritmos de traballo son insoportábeis). Ademais a reforma aumenta o período de cotización pra ter dereito á xubilación, de 4.700 a 5.475 días, o que considerando o grao de temporalidade fará imposíbel o aceso de moitos asalariados. (Foto: ©galizacig.com).
 
Aprobouse no Parlamento do Estado español unha nova reforma laboral, que se apresentou -máis unha vez- como unha vantaxe pra os traballadores, porén iso é moi cuestionábel, xa que na práctica ten como único obxectivo limitar os gastos do Governo central en materia social, e manter o exceso de man de obra de reserva a fin de frear avances nas condicións laborais. Daquela que as modificacións pretendan adiar a saída de traballadores e traballadoras da vida activa, así como alentar que continúen no mercado laboral despois da idade de xubilación.

Adiar a xubilación só será unha alternativa en actividades nas que o desgaste físico e mental é baixo, polo que é unha medida que acrecenta a desigualdade e discrimina (máxime cando en moitos sectores a xornada supera as dez horas e os ritmos de traballo son insoportábeis). Ademais a reforma aumenta o período de cotización pra ter dereito á xubilación, de 4.700 a 5.475 días, o que considerando o grao de temporalidade fará imposíbel o aceso de moitos asalariados. Tamén endurece a xubilación parcial, que será a partires dos 61 anos, con trinta cotizados e con seis de antigüedade na empresa. Metéronse no mesmo paquete milloras pra pensionistas, baixas por ILT, e parellas de feito, coa evidente intención por parte do Governo de debilitar a oposición ás modificacións, dividindo os intereses dos activos e inactivos.

O argumento pra realizar esta contra-reforma é que, polo envellecemento da povoación, o sistema da Seguridade Social pode quebrar no futuro. Agochando que nos últimos anos houbo perda de ingresos por mor dos sucesivos recortes que se lle fixeron aos custes patronais na parte indirecta do salario, que os empresarios ingresan na Seguridade Social (correspondentes á xubilación, baixas e desemprego), e que o sistema ten agora mesmo superávit.

 
 
  Manuel Mera,
secretario confederal de Formación Sindical e
Comunicación da CIG.
(Máis artigos...)
  Manuel Mera
 
Volver

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 01/12/2007
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta