|
Actualidade / Entrevista Antón Álvarez Sanz (CIG)-
Gonzalo Gómez Freire: Os 69 artigos dos que consta foron propostos polo presidente Chávez e pola Asemblea Nacional, que recolleu as aportacións e inquedanzas de organizacións sociais, populares, sindicais, de mulleres ou dos indíxenas. O trazo fundamental da reforma é o reforzamento do poder popular. Estabelécese constitucionalmente a figura dos concellos comunais e dos organismos de traballadores e estudantís, ademais de comités populares de diverso tipo. Nunca antes en Venezuela houbo un debate tan amplo para definir unha constitución. Houbo unha implicación moi significativa a todos os niveis da sociedade. Os concellos comunais van ter ao seu cargo o control de espazos xeográficos onde exercerán o goberno de facto, incluída a xestión dos recursos: a construción de centros de saúde, educativos, a posta en marcha de servizos, etc. Os plans de vivenda popular van ser executados directamente polos concellos comunais, que tomarán as súas resolucións en asembleas democráticas. Isto ten un alcance local pois un concello comunal poder abranguer 400 familias nunha área cuxos límites definirá a propia xente. Os concellos comunais pódense constituír logo en comunas que, unha vez conformadas, se interconectarán unhas coas outras até configurar o autogoberno da cidade. Porén, aínda non se chega pola vía constitucional á incidencia directa na toma de decisións fundamentais en materia económica, social ou internacional. Mais, indubidabelmente, este novo poder contribuirá a que os sectores populares poidan influír nas decisións que adoite o Executivo nacional.
Gonzalo Gómez Freire: A xornada laboral reducirase e pasará de 8 a 6 horas. Isto vai permitir rebaixar a explotación. Os traballadores manterán os seus ingresos con menos traballo, disporán de máis tempo para a súa formación e capacitación profesional ou política, para o descanso e o lecer, para a atención ao núcleo familiar. Os traballadores por conta propia, que son bastantes, van ter a posibilidade de dispor dun fondo de protección que non existía até o de agora. Incorporarase outra vella reivindicación, como a recuperación da retroactividade das prestacións sociais, que fora arrincada baixo o mandato do último goberno neoliberal. As Forzas Armadas son entendidas como un órgano de carácter popular, anti-imperialista, que non se somete a poder estranxeiro algún. Isto é moi significativo desde o punto de vista da independencia nacional fronte ao neocolonialismo. As FFAA están obrigadas a defender o país fronte calquera tipo de poder oligárquico ou imperialista. O Estado garantirá a inviolabilidade do domicilio para a xente que vive de aluguer, algo que non existía. A reforma incorporará formas de propiedade comunal e colectiva. O Estado non lle dá preferencia de ningún tipo á propiedade privada sobre os medios de produción. Na propiedade de carácter público, os traballadores participarán na xestión das empresas. Todo o anterior ten que garantirse na práctica. Que se diga unha cousa na letra da Constitución por si soa non garante que logo iso se vaia facer. Para conseguilo, ten que haber mobilización social, organización, loita. A reforma é un paso adiante cara o socialismo mais o pobo ten que seguir a loitar. A reforma vai producir novas contradicións
e novas presións na loita de clases en Venezuela. A xente ten que loitar para que se cumpran os dereitos
recollidos na reforma, porque hai cousas que xa estaban na Constitución de 1999 e algunhas delas aínda
non se realizaro
O “Non” no referendo ábrelle a porta ao golpismo. Se o nivel de abstención é alto ou se a suma deste cos votos do “Non” supera ao “Si”, isto pode ser empregado pola dereita para realizar unha nova ofensiva golpista. De todos os xeitos, de gañar o “Si”, xa se apresurarán a dicir que o referendo non foi limpo, que houbo fraude. Antón Álvarez: Ultimamente os medios de comunicación do Estado español están a prestar a súa atención a manifestacións estudantís contra a reforma constitucional. Trátase dunha visión distorsionada da realidade? Gonzalo Gómez Freire: Nisto hai unha visión distorsionada mais tamén
é unha parte da realidade. As universidades experimentaron durante os gobernos neoliberais un proceso de
elitización, que excluíu as clases populares. No acceso á universidade foron tendo preferencia
as clases medias e altas, que mesmo comezaron a se incrustar nas universidades públicas. O que ocorre é
que hai unha capacidade financeira e mediática para promover as accións estudantís contra
a reforma constitucional, que son presentadas c
Sen embargo, os sectores populares da universidade demostraron o seu grande poder de mobilización. Mais existen intereses da prensa internacional en presentar Venezuela como un país convulso, no que todos están contra Chávez e contra a reforma constitucional. A prensa ignora as conquistas sociais atinxidas, como a “Misión Robinson”, que erradicou practicamente o analfabetismo nun ano en todo o país; ou proxectos de saúde que crearon módulos de atención primaria nas zonas de difícil acceso ou en condicións de pobreza. Na alimentación, en Venezuela un 47% da provisión de alimentos dos sectores populares realízase a través dun sistema de mercado do Estado, con redución dos prezos, onde a xente pode aforrar de xeito notorio. Paralelamente xorden outros problemas. Hai unha grande escaseza de leite, porque aínda non se desenvolveu unha industria leiteira de propiedade social, pois a industria privada está a sabotar o mercado. Isto obrigará o Goberno a tomar medidas. A prensa tamén ignora o crecemento económico de Venezuela, que medra un 8% anualmente, ou que o Goberno gañou dez procesos electorais consecutivos, avalados por observadores internacionais. |
|||||||||||||
|
|||||||||||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 01/12/2007 |
|||||||||||||
|