ActualidadeVolver a Actualidade


A Coruña, 20 de decembro de 2007

“Foi unha actuación fascista, brutal e sen precedentes”,
considera Paulo Carril

A policía carga outra vez contra mariñeiros e percebeiros
 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Percebeiros e mariñeiros: “polo noso futuro e os nosos dereitos”; clic para aumentar
A segunda carga produciuse pouco antes das tres da tarde, despois de que os mariñeiros cortasen o tránsito na avenida da Mariña. (Fotos: ©galizacig.com 19/12/2007).
A policía carga contra mariñeiros e percebeiros; clic para aumentar
Actuación fascista, brutal e sen precedentes
Descarga o vídeo. (Formato do vídeo: Windows Media Video [wmv], duración: 3'59'', espazo en disco: 21.039.014 bytes [20,0 Mb]). Realización: Antón Álvarez Sanz.
 
Agrávase o conflito dos mariñeiros e percebeiros damnificados pola construción do porto exterior coruñés. A policía española cargou na mañá do 19 de decembro contra uns corenta integrantes do colectivo que se concentraban ás portas da Autoridade Portuaria, onde se ía celebrar unha reunión do Consello de Administración do Porto.

Os axentes cargaron até en dúas ocasións contra estes traballadores do mar. Pouco antes das doce do mediodía e cando os membros do Consello de Administración do Porto pretendían entrar no edificio para acudir á reunión, os policías golpearon coas porras os mariñeiros e propináronlles puñadas. Moitos resultaron mancados. Un manifestante, que recibiu dun axente unha patada que lle abriu unha pequena brecha na cabeza, vai denunciar a agresión. Tamén un fotógrafo sufriu un golpe na fronte.

Os manifestantes tiveron que aturar, mentres mallaba neles a policía española, os risos e desprezos de varios integrantes do Consello de Administración da Autoridade Portuaria, como Antonio Fontenla -presidente da patronal galega-, José Antonio Quiroga y Piñeyro -presidente da Cámara de Comercio coruñesa- ou José Nogueira -concelleiro do PSOE en A Coruña-.

A segunda carga produciuse pouco antes das tres da tarde, despois de que os mariñeiros cortasen o tránsito na avenida da Mariña.

“Esta é a resposta que recibimos do Consello: mandar a policía a pegarnos paus”, indicou Luís Dopico, portavoz do colectivo de afectados. “Que saiban que este colectivo non se vai cansar, aínda que teñamos que andar a paus”, engadiu.

Pola súa banda, Paulo Carril considerou a actuación policial como “fascista, brutal e sen precedentes”. O secretario comarcal da CIG indicou que agora se abre “unha nova fase do conflito” e denunciou a intransixencia da Autoridade Portuaria.

 
 Actuación fascista, brutal e sen precedentes
A policía carga contra mariñeiros e percebeiros; clic para aumentar A policía española cargou na mañá do 19 de decembro contra uns corenta integrantes do colectivo que se concentraban ás portas da Autoridade Portuaria, onde se ía celebrar unha reunión do Consello de Administración do Porto.
A policía carga contra mariñeiros e percebeiros; clic para aumentar Pouco antes das doce do mediodía e cando os membros do Consello de Administración do Porto pretendían entrar no edificio para acudir á reunión, os policías golpearon coas porras os mariñeiros e propináronlles puñadas. Moitos resultaron mancados. (Fotos: ©galizacig.com 19/12/2007).
A policía carga contra mariñeiros e percebeiros; clic para aumentar  
A policía carga contra mariñeiros e percebeiros; clic para aumentar  
A policía carga contra mariñeiros e percebeiros; clic para aumentar  
A policía carga contra mariñeiros e percebeiros; clic para aumentar  
A policía carga contra mariñeiros e percebeiros; clic para aumentar  
A policía carga contra mariñeiros e percebeiros; clic para aumentar  
 
 
 
Informacións relacionadas
06/12/2007 O colectivo de afectados polas obras do Porto exterior coruñés segue sen cobrar as indemnizacións
A policía reprime mariñeiros mentres Touriño celebra a Constitución española
19/09/2007 O presidente da Autoridade Portuaria de A Coruña actúa de mala fe e elude os seus compromisos co colectivo de damnificados
Os afectados polas obras do Porto Exterior esixen o cesamento de Fernández Alonso
14/09/2007 A solicitude vai dirixida á Consellaría de Pesca e ao presidente da Autoridade Portuaria
Os mariñeiros de Punta Langosteira insisten na convocatoria urxente da Mesa de Traballo
12/09/2007 Apróbase unha moción que insta ao cumprimento das resolucións parlamentarias existentes ao respecto
A Corporación municipal coruñesa apoia os mariñeiros de Punta Langosteira
01/08/2007 A Consellaría de Pesca abre unha vía de negociación
Os afectados pola obras do Porto Exterior demandan que o Estado asuma a parte principal das indemnizacións
27/07/2007 O Consello de Estado emitiu un informe no que di que sería ilegal achegar axudas
A CIG anuncia mobilizacións se non se compensa aos afectados polas obras do Porto Exterior de A Coruña
30/06/2007 Pídenlle á Corporación municipal que inste á Autoridade Portuaria a que realice un adianto das indemnizacións
Os mariñeiros afectados polo Porto Exterior coruñés reúnense co PSOE local
22/05/2007 Están acusados de cometer un delito de coaccións nunha mobilización nas obras do Porto Exterior en 2005
Concentración nos Xulgados de A Coruña en apoio a oito mariñeiros denunciados
14/04/2007 Esixen que se aborde de maneira definitiva a resolución satisfactoria as súas reclamacións
Os afectados polo Porto Exterior solicitan á Autoridade Portuaria a convocatoria da Mesa de Traballo
06/02/2007 Os afectados polo Porto Exterior desbloquearon os accesos á obra, que mantiñan pechados desde o pasado 29 de xaneiro
A CIG valora como un paso positivo o acordo entre os mariñeiros e a Autoridade Portuaria coruñesa
30/01/2007 A Autoridade Portuaria non ofrece solucións e os traballadores seguen sen recibir compensacións polo cese da súa actividade
Os mariñeiros afectados pola construción do Porto Exterior coruñés bloquean os accesos das obras
07/08/2006 A Autoridade Portuaria incumpre os compromisos cos afectados polas obras do Porto Exterior de A Coruña
19/06/2006 Presentaron alegacións á Instrutora do Expediente de Responsabilidade Patrimonial
O colectivo de afectados polas obras do Porto Exterior responsabiliza ao PSOE da falta de solucións
11/04/2006 O novo alcalde non os recibiu e votou contra a iniciativa aprobada no Parlamento
Os afectados polas Obras do Porto Exterior de A Coruña critican a actitude continuísta de Losada
24/03/2006 Ínstase a que o Goberno español e a Autoridade Portuaria procedan de forma urxente ao pagamento das indemnizacións
O Parlamento de Galiza aproba apoiar as reclamacións dos afectados polas obras do Porto Exterior de A Coruña
27/01/2006 Conseguido o seu obxectivo, poñen fin ao peche na Delegación Provincial
Os afectados polas obras do Porto Exterior de A Coruña serán recibidos pola conselleira de Pesca
03/11/2005 Levan meses agardando resposta as súas demandas
Os afectados polo Porto Exterior de A Coruña urxen unha xuntanza co presidente da Autoridade Portuaria
29/07/2005 A CIG demanda medios suficientes para atopar o corpo do traballador falecido no Porto Exterior
28/07/2005 CIG-Construción propón a CCOO e UGT denunciar ante a Inspección a morte do traballador do Porto Exterior
23/07/2005 Considera que a falta de prevención causou a morte do traballador o martes 19 de xullo
A CIG denuncia ás empresas encargadas das obras do Porto Exterior de A Coruña
22/07/2005 O sindicato presentará denuncia diante da Inspección de Traballo
Solidariedade da CIG coa familia do traballador finado en accidente de traballo nas obras do Porto Exterior
16/06/2005 Pecháronse nas dependencias da Consellaría de Pesca e fixeron unha pitada
Sonora protesta dos afectados polas obras do Porto Exterior de A Coruña
26/05/2005 Afectados polas obras do Porto Exterior
Mariscadores, percebeiros e barcos de baixura siguen faenando malia iniciarse as voladuras
19/05/2005 As perdas ascenden a 27,6 millóns de euros
O colectivo de afectados polas obras do Porto Exterior reúnese co presidente da Autoridade Portuaria
10/05/2005 O venres 13 de maio celebrarán unha asemblea xeral para avaliar a situación
Os afectados polo Porto Exterior de A Coruña adoptarán medidas ante o silencio das autoridades
30/03/2005 CIG e colectivos de afectados pola construción do Porto Exterior de A Coruña demandan indemnizacións
26/02/2005 Os afectados pola construción do Porto Exterior de A Coruña demandan diálogo
 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 20/12/2007
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta