ActualidadeVolver a Actualidade


A Coruña, 23 de novembro de 2007

Demandan un convenio colectivo propio
Os traballadores do sector de Deportes trasladan as súas protestas até a Xunta

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Por un Convenio xusto e unhas condicións de traballo razoables; clic para aumentar
Os traballadores do sector Deportes e Espectáculos da provincia de A Coruña iniciaron mobilizacións contra a precariedade nas súas condicións de traballo, logo da desaparición do Convenio Colectivo Provincial do Grupo de Espectáculos e Deportes de A Coruña. (Fotos: ©galizacig.com 22/11/2007).
Por un Convenio xusto e unhas condicións de traballo razoables; clic para aumentar
Por un Convenio xusto e unhas condicións de traballo razoables; clic para aumentar
vídeo wmvDescarga o vídeo. (Formato do vídeo: Windows Media Video [wmv], duración: 1'24'', espazo en disco: 7.142.078 bytes [6,81 Mb]). Realización: Antón Álvarez Sanz.
Por un Convenio xusto e unhas condicións de traballo razoables; clic para aumentar
Tras ocupar por espazo duns minutos as oficinas da Dirección Xeral para o Deporte, os traballadores lograron ser atendidos por un asesor da Consellaría de Cultura e Deporte, Xosé Antón Fernández Rojo, que se comprometeu a manter unha xuntanza no prazo de quince días para tentar aportar unha solución ás súas demandas.
Os traballadores/as do sector de Deportes e Espectáculos da provincia de A Coruña levaron o 22 de novembro as súas protestas até a Dirección Xeral para o Deporte da Xunta. Tras ocupar por espazo duns minutos as oficinas deste departamento, radicadas no Estadio de San Lázaro de Compostela, lograron ser atendidos por un asesor da Consellaría de Cultura e Deporte.

Un dos asesores do departamento que dirixe Ánxela Bugallo, Xosé Antón Fernández Rojo, comprometeuse a manter unha xuntanza cos traballadores no prazo de quince días para tentar aportar unha solución ás súas demandas. Pola súa banda, os empregados son bastante escépticos ante o grao de cumprimento das promesas que fai a Consellaría de Cultura e Deporte.

Os traballadores do sector Deportes e Espectáculos da provincia de A Coruña iniciaron mobilizacións contra a precariedade nas súas condicións de traballo, logo da desaparición do Convenio Colectivo Provincial do Grupo de Espectáculos e Deportes de A Coruña.

A CIG-Servizos denuncia a desregularización que se está a producir na situación laboral destes empregados, trala aplicación de varios convenios colectivos que empeoran as condicións e dereitos do anterior. Todo isto está motivado pola negativa das empresas que compoñen o sector a constituír unha asociación patronal, aos efectos de negociar un convenio colectivo provincial específico.

 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 23/11/2007
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta