ActualidadeVolver a Actualidade


Vigo, 17 de novembro de 2007

Polo Convenio Colectivo
Comeza a folga en Unión Fenosa que afectará a toda Galiza e durará toda a fin de semana

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Unión Fenosa, centro 36C915; clic para aumentar
A folga, que é en todo o Estado, afecta na Galiza aos centros de xeración de Fenosa así como ás tarefas de distribución (comerciais, avarías), e desde que comezou ás tres da tarde está a ter un amplo seguimento, segundo agardaban os convocantes. (Foto: ©Fernando Pol).
 
As centrais sindicais CIG, CCOO e USO convocaron desde este venres 16 de novembro ás 15:00 horas unha folga en Unión Fenosa que durará toda a fin de semana para presionar á dirección da empresa e que se retomen as negociacións do Convenio Colectivo, pendente desde finais de 2005.

A folga está convocada para os días do 16 ao 18, do 23 ao 25 e 30 de novembro e dos días 7 ao 9, e do 14 ao 16 de decembro.

Bautista Vega Tato, representante da CIG na empresa (a CIG é o sindicato maioritario nesta empresa na Galiza) e membro da Executiva Confederal, explica que a convocatoria de folga vén provocada pola necesidade de presionar á empresa para que se retomen as negociacións do Convenio Colectivo.

Vega Tato lembra que o 31 de decembro de 2005 rematou a vixencia do Convenio anterior e que desde o 1 de xaneiro de 2006, data na que se comezou a negociar este novo, non se chegou a ningún acordo. “Celebramos numerosas reunións que resultaron infrutuosas porque a empresa non tiña vontade de negociar e mantivo, en todo momento, unha postura intransixente”, afirma.

Con todo, o máis preocupante é que os traballadores teñen, desde o ano 2005, os seus salarios conxelados, cando “os dos directivos foron, todos, actualizados”, sinala o representante da CIG.

Unha das principais diferenzas entre as organizacións sindicais e a dirección de Unión Fenosa estriba na intención da empresa de reducir dereitos consolidados dos traballadores, algo que non están dispostos a aceptar.

A folga, que é en todo o Estado, afecta na Galiza aos centros de xeración de Fenosa así como ás tarefas de distribución (comerciais, avarías), e desde que comezou ás tres da tarde está a ter un amplo seguimento, segundo agardaban os convocantes.

 
 
Informacións relacionadas
11/10/2007 Os salarios das/os traballadoras/es están conxelados desde 2005
Convocada folga en Unión Fenosa para que se retome a negociación do Convenio
 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 17/11/2007
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta