ActualidadeVolver a Actualidade


Santiago, 26 de outubro de 2007

A folga foi seguida masivamente nas distintas plantas
Os traballadores de Serrabal e Ferroatlántica colapsan Compostela demandando garantía dos postos de traballo

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Traballadores Serrabal e Ferroatlántica colapsan Compostela; clic para aumentar
Traballadores Serrabal e Ferroatlántica colapsan Compostela; clic para aumentar
A manifestación partiu, contra as 11:30 horas, da Estación de Autobuses de Compostela para facer a súa primeira parada diante do Parlamento de Galiza. (Fotos: ©galizacig.com 25/10/2007).
Traballadores Serrabal e Ferroatlántica colapsan Compostela; clic para aumentar
Traballadores Serrabal e Ferroatlántica colapsan Compostela; clic para aumentar
Traballadores Serrabal e Ferroatlántica colapsan Compostela; clic para aumentar
Traballadores Serrabal e Ferroatlántica colapsan Compostela; clic para aumentar
Mentres uns representantes dos Comités de Empresa lían o comunicado que resumía as súa demandas, outros, acompañados polo secretario xeral da CIG, Suso Seixo, solicitaban entregar directamente unha copia do escrito aproveitando que, nese intre, se celebraba o Consello da Xunta.
Traballadores Serrabal e Ferroatlántica colapsan Compostela; clic para aumentar
Traballadores Serrabal e Ferroatlántica colapsan Compostela; clic para aumentar
Traballadores Serrabal e Ferroatlántica colapsan Compostela; clic para aumentar
Ao tempo que iso ocorría, arredor de 40 enormes camións, comezaban a achegarse aos arredores do edificio. Os traballadores tiñan decidido cortar a circulación viaria até non recibir unha resposta da Administración.
Traballadores Serrabal e Ferroatlántica colapsan Compostela; clic para aumentar
Traballadores Serrabal e Ferroatlántica colapsan Compostela; clic para aumentar
Traballadores Serrabal e Ferroatlántica colapsan Compostela; clic para aumentar
Traballadores Serrabal e Ferroatlántica colapsan Compostela; clic para aumentar
Traballadores Serrabal e Ferroatlántica colapsan Compostela; clic para aumentar
Traballadores Serrabal e Ferroatlántica colapsan Compostela; clic para aumentar
Suso Seixo advertiu que as mobilizacións continuarán mentres non haxa probadas garantías de que ningún dos postos de traballo corre o risco de desaparecer e adiantou que os traballadores manterán as súas protestas mentres non estea garantida a explotación de silicio solar, un mineral escaso que posibilitaría abrir novas liñas de traballo para as plantas de Ferroatlántica en Cee e Sabón.
Traballadores Serrabal e Ferroatlántica colapsan Compostela; clic para aumentar
 
Os traballadores de Ramsa e Ferroatlántica, apoiados polos compañeiros das empresas auxiliares que desenvolven a súa actividade nas plantas de Serrabal, Cee e Sabón, percorreron as rúas de Compostela, este xoves 25 de outubro, en demanda do cambio de trazado do Tren de Alta Velocidade, ao seu paso pola mina, e de garantías de continuidade para os seus postos de traballo.

A manifestación partiu, contra as 11:30 horas, da Estación de Autobuses de Compostela para facer a súa primeira parada diante do Parlamento de Galiza. De aí continuou polas principais rúas da cidade para finalizar cunha concentración ás portas dos edificios administrativos da Xunta de Galiza.

Pero a concentración non puxo fin ás protestas dos traballadores. Mentres uns representantes dos Comités de Empresa lían o comunicado que resumía as súa demandas, outros, acompañados polo secretario xeral da CIG, Suso Seixo, solicitaban entregar directamente unha copia do escrito aproveitando que, nese intre, se celebraba o Consello da Xunta.

Ao tempo que iso ocorría, arredor de 40 enormes camións, comezaban a achegarse aos arredores do edificio. Os traballadores tiñan decidido cortar a circulación viaria até non recibir unha resposta da Administración. E esta non se fixo esperar. Contra as 12:45 horas, o conselleiro de Traballo informaba, a través dun representante e da propia policía –que cercaba o edificio– que recibiría a unha delegación para tratar o tema.

Acordada a improvisada xuntanza, os traballadores concentrados dispersáronse, arredor de San Caetano, pechando as entradas e saídas de tráfico e impedindo a circulación da caravana de camións chegados da mina e de todos os coches que intentaban pasar pola zona. A propia policía local colaborou no corte de tráfico pechando, á súa vez, a Avenida de Lugo e desviando o tráfico de entrada na cidade pola estrada de A Coruña cara a rúas secundarias.

Os traballadores non deron por rematados os cortes de tráfico até que os seus representantes non saíron da xuntanza e deron a coñecer os resultados da mesma.

Suso Seixo foi o encargado de informar das conclusións da reunión mantida co conselleiro de Traballo, nomeadamente o seu compromiso de facer entrega do escrito que lle fixeron chegar aos responsábeis do Ministerio de Fomento e do propio ADIF e do compromiso de manter cos tres comités e con representantes da CIG e da UGT unha reunión na vindeira semana na que estarían as consellarías de Industria e Traballo.

Malia todo, na súa intervención Seixo advertiu que as mobilizacións continuarán mentres non haxa probadas garantías de que ningún dos postos de traballo corre o risco de desaparecer, pase o que pase con Villar Mir. E non só iso. Tamén adiantou que os traballadores manterán as súas protestas mentres non estea garantida a explotación de silicio solar, un mineral escaso que posibilitaría abrir novas liñas de traballo para as plantas de Ferroatlántica en Cee e Sabón.


Manifesto

Os Delegados de Persoal de Ramsa, os Comités de Empresa de Ferroatlántica de Cee-Dumbría e de Sabón-Artexio, así como as centrais sindicais CIG e UGT.

Comunicado a toda a opinión pública e ás autoridades galegas e españolas.

1. Entendemos que o Tren de Alta Velocidade (TAV) é necesario para a mellora das infraestruturas de Galiza e en consecuencia para o desenvolvemento do noso país, pero iso non pode facerse a costa de pór en perigo postos de traballo e proxectos industriais hoxe existentes.

2. O trazado aprobado polo Ministerio de Fomento, o 25 de abril de 2003, ao seu paso polos concellos de Vedra e Boqueixón, soterrará 146 millóns de toneladas de seixo de excelente pureza, na mina de Serrabal, explotada mediante concesión pola Empresa Rocas, Arcillas y Minerales, S.A.

3. Os delegados de Persoal e Comités de Empresa arriba indicados, levamos desde o ano 2002 advertindo ás Administracións tanto española como galega, do risco de perda de postos de traballo, presentes e futuros, de non se modificar o actual trazado do TAV por outro máis racional que non afectaría á mina nin a ningún núcleo de poboación, trazado alternativa que xa fora valorado no seu momento polo Ministerio de Fomento, sendo ministro Álvarez Cascos, do partido popular, e que foi finalmente desbotado sen que ninguén até o de agora nos teña explicado o porqué desta decisión tan absurda.

Por outra banda, despois dunha reunión co presidente da Xunta e diversas reunións na Consellaría de Política Territorial, Consellaría de Industria, Consellaría de Traballo, Delegación do Goberno e co presidente de ADIF (Administrador de Infraestruturas Ferroviarias), organismo dependente directamente do Ministerio de Fomento, a única resposta que se nos dá é que o trazado non pode variar porque “non pode haber máis atrasos” e “a afección da mina é mínima”; todo isto se afirma ao abeiro dun raquítico estudo xeolóxico feito pola Universidade de Oviedo ao que nos foi imposíbel acceder, pois foinos negado todas as veces que o pedimos, malia ser un estudo pagado con fondos públicos e, polo tanto, o acceso debería ser tamén público.

En calquera caso, o atraso que puidera producirse polo cambio do trazado, nunca sería superior a outros que xa se están a dar e de todos eles a única responsábel sería a Administración. Os traballadires de Serrabal e de Ferroatlántica levamos anos advertindo dos prexuízos do actual trazado, tanto desde o punto de vista dos postos de traballo, como da seguridade dos usuarios do TAV, trazado que vai pasar a escasos cen metros dunha mina na que se traballa con explosivos e hai un importante movemento de terras.

4. Existe unha Proposición non de Lei, aprobada por unanimidade no Parlamento de Galiza, que entre outras cousas solicita informes á Administración galega, sobre a posíbel afección nas reservas da mina de Serrabal e o emprego, en caso de manter o actual trazado, para un posterior debate nesta Cámara e toma definitiva dunha postura ao respecto. Pois ben, a pesar de existir esta resolución do Parlamento galego, os señores de ADIF continúan para adiante coas expropiacións dos terreos afectados polo trazado, poñendo de manifesto o desprezo do Ministerio de Fomento polas resolucións do Parlamento de Galiza.

Solicitamos que se paralice de xeito inmediato este proceso expropiatorio mentres non existan conclusións en todos e cada un dos puntos que na resolución se solicitan, sobre todo no relativo á continuidade dos postos de traballo e o grao de afección á mina; grao de afección que sorpresivamente se veu alterado o 4 de setembro do presente ano, pois nas Actas Previas de Ocupación, e sen exposición pública previa, se pretenden expropiar 44.000 metros cadrados máis dos previstos na exposición pública de 2004. Polo tanto, entendemos que a afección e o risco de peche da mina é maior, xa que estes 44.000 metros están situados nunha zona onde xa se está a traballar na actualidade.

5. Queremos salientar, así mesmo, que unha boa parte do seixo que quedará soterrado, se non se varía o trazado, é de tal pureza que a súa transformación, despois de diferentes procesos produtivos, daría como froito un silicio de altísima pureza (silicio solar fotovoltaico), válido para a fabricación de paneis solares fotovoltaicos.

Estamos en condicións de afirmar que as investigacións levadas a cabo por Ferroatlántica I+D neste eido deron os seus froitos e, como consecuencia, estaríamos en condicións de conseguir fabricar esta calidade de silicio de xeito metalúrxico, e non químico como até o de agora se facía. Isto suporía pór en marcha o proxecto FERROSOLAR, que levaría consigo un investimento inicial de 170 millóns de euros e a creación inmediata de 100 postos de traballo na fábrica de Sabón, para poder producir 6.000 toneladas/ano. Se se levase a cabo a posterior transformación desa produción de silicio solar, en paneis fotovoltaicos, que é o que debería estar negociando a Administración autonómica coa empresa de cara a anovarlle a concesión, e para o cal tería o noso total apoio, estariamos a falar de importantes investimentos e da creación de centos de postos de traballo para a mocidade galega e dos que o noso país está moi necesitado, especialmente en zonas deprimidas industrialmente como a Costa da morte e outras.

Por todo o anteriormente exposto,

SOLICITAMOS do Goberno galego, e nomeadamente do seu presidente, Emilio Pérez Touriño, que faga as xestións necesarias para, por una lado, parar as expropiacións en tanto o Parlamento de Galiza non se pronuncie de xeito definitivo, e por outro promover unha nova xuntanza entre ADIF, Empresa e Comités de Empresa, coa fin de aclarar o futuro dos nosos postos de traballo.

Por último, engadir que seguiremos insistindo de calquera xeito en que o cambio de trazado do TAV, ao seu paso por Serrabal, sería a solución definitiva ao conflito pois é a única garantía presente e futura para o mantemento dos postos de traballo e a que le daría plena seguridade aos usuarios da dita infraestrutura.

Asinan os Comités e delegados de Persoal que no encabezamento figuran.

Santiago, a 25 de outubro de 2007.

 
 
Informacións relacionadas
24/10/2007 Celebrarán unha manifestación con saída ás 11:00 horas da estación de tren de Compostela
Folga en Serrabal e Ferroatlántica o próximo xoves, día 25 de outubro
12/10/2007 Colgaron unha nota informativa na entrada do Centro Sociocultural de Sergude
O ADIF anula os actos de sinatura das actas de expropiación de terreos para construír o trazado do TAV
10/10/2007 Os operarios concentraranse o 10 e 11 de outubro diante do Centro Sociocultural de Sergude, en Boqueixón
Impiden novamente a entrega das actas de expropiación dos terreos da mina de Serrabal
06/10/2007 Trescentos operarios esixen a paralización das expropiacións ante a Delegación do Goberno español
Os traballadores de Serrabal e Ferroatlántica irán a folga o 25 de outubro
03/10/2007 Denuncian que o ADIF pretende expropiar máis terreo do previsto inicialmente
Os traballadores impiden a entrega das actas de expropiación de terreos da mina de Serrabal
27/07/2007 Recibiron á presidenta do Parlamento, Dolores Villarino, á entrada da Catedral
Os traballadores de Serrabal reivindican no Día da Patria o cambio de trazado do Tren de Alta Velocidade
24/07/2007 Os comités de empresa, CIG e UGT denuncian que ADIF rise deles e do Parlamento
Os postos de traballo presentes e futuros de Ferroatlántica e Serrabal non están garantidos
13/07/2007 Camiñaron desde Redondela até Vigo para visbilizar a súa protesta
Zapatero non recolle o informe preparado polos traballadores de Serrabal e Ferroatlántica
11/07/2007 O xoves 12 de xullo desde Redondela
Os Comités de Empresa de Serrabal e Ferroatlántica irán a pé até Vigo en demanda dunha xuntanza con Zapatero
29/06/2007 Aproban por unanimidade a iniciativa para saber cal é a afectación real do trazado do TAV sobre a mina de Serrabal e o emprego
O Parlamento apoia a celebración dunha xuntanza entre Administración, Grupo Villar Mir e organizacións sindicais
26/06/2007 Queren saber a afectación real da mina, senón pararán os tres centros de traballo
Os traballadores de Serrabal e Ferroatlántica exixen unha xuntanza con Industria, Traballo e Villar Mir
21/06/2007 A reunión entre sindicatos, traballadores, ADIF, técnicos e Xunta remata sen acordo
Sen avances no conflito de Serrabal
06/06/2007 Os traballadores afectados polo trazado do tren de alta velocidade desconvocan temporalmente as medidas de presión
ADIF comprométese a presentar nunha semana un novo informe sobre o impacto do AVE na mina de Serrabal
05/06/2007 Anuncian accións sorpresa para presionar á Administración galega e a Fomento
Os traballadores de Serrabal exixen o posicionamento da Xunta sobre o trazado do TAV “sen ambigüidades”
28/04/2007 Comprometeuse a respostar en 15-20 días e se non é así adoptaranse medidas
Touriño acepta estudar o cambio de trazado do TAV ao seu paso por Serrabal
24/04/2007 Arredor de 2.000 persoas participaron na manifestación celebrada en Compostela
Demandan o cambio de trazado do TAV para garantir os postos de traballo de Serrabal e Ferroatlántica
14/04/2007 Demandan o cambio de trazado do TAV para garantir os postos de traballo
Os Comités de Ramsa e Ferroatlántica en Cee e Sabón convocan unha manifestación para o sábado 21
21/03/2007 Desde o 2003 piden á Administración un cambio de trazado do TAV que posibilite a explotación e garanta os postos de traballo
O conselleiro de Industria, Fernando Blanco, apoia ás demandas dos traballadores da mina de Serrabal
15/03/2007 Os conselleiros de Industria e Traballo confirman que recibirán aos comités de Empresa
Traballadores de Ferroatlática cortan o tráfico diante da Xunta en demanda dun cambio de trazado
25/11/2006 Demandan un trazado alternativo do Tren de Alta Velocidade
Os traballadores da Mina de Serrabal cortan o tráfico na estrada entre Santiago e Ourense
06/10/2006 Os traballadores da mina do Serrabal paralizan as obras do TAV en demanda dun cambio do trazado
18/08/2006 CIG-Metal manifesta a súa oposición ao trazado do TAV ao seu paso por Vedra e Boqueixón
09/08/2006 Para garantir a viabilidade da explotación mineira e o mantemento da totalidade dos postos de traballo
Os traballadores da mina de Serrabal seguen a mobilizarse por unha modificación do trazado do TAV
29/07/2006 Critica que se centre o problema nos cartos ao empresario e non nos postos de traballo
CIG-Químicas cuestiona a indemnización de 325 millóns a Villar Mir polo peche da mina de Serrabal
14/07/2006 Demandan un cambio de trazado do AVE para que se manteñan os postos de traballo
Os traballadores de Ramsa e Ferroatlántica en Sabón e Cee concéntranse en San Caetano
07/04/2006 Os traballadores de RAMSA preocupados polas informacións publicadas a respecto do trazado do AVE
 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 26/10/2007
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta