|
Actualidade
Vigo, 17 de outubro de 2007
Por un Convenio único de Canteiras,
Áridos e Graniteiras
CCOO e CIG convocan folga indefinida no sector da Pedra desde o 24 de outubro
| |
 |
| Marcha polas rúas de O Porriño,
o 18 de xaneiro de 2007, baixo o lema “Pola mellora da saúde no sector da Pedra: silicose, solución
xa!”. (Foto: ©galizacig.com). |
| |
Despois dunha asemblea de traballadores en O
Porriño, os sindicatos CIG e CCOO decidiron convocar para o 24 de outubro unha folga nas canteiras, nas
empresas de áridos e graniteiras para conseguir un convenio único para este sector, que afecta a
máis de 5.000 traballadores na provincia de Pontevedra e que tería carácter indefinido.
O martes 16 de outubro reuníronse no local
comarcal da CIG de Vigo representantes dos sindicatos CCOO, UGT e CIG para decidir e establecer a data de inicio
da folga que a asemblea de traballadores da Pedra da semana pasada decidira convocar. Na asemblea de traballadores
-que tivo lugar na Casa de Cultura de O Porriño- dos distintos sectores, á que asistiron unhas 300
persoas, manifestouse unanimemente a favor do convenio único e de convocar unha folga indefinida.
Na xuntanza acordaron CIG e CCOO convocar folga indefinida a partir do 24 de outubro, e UGT aínda non tomou decisión sobre esta
convocatoria. A esta folga estarían convocados polo sector de Mármores e Pedras, 4.500 traballadores,
e polo das Canteiras e Áridos 1.200.
Convenio único e toxicidade
Alberte Fernández, secretario comarcal
de Vigo da CIG Construción, informa de que con esta convocatoria de folga “se reclama un convenio único,
para que se recoñezan os tóxicos para os tres sectores (demanda da aplicación do plus tóxico-penoso
no sector pola doenza da silicose que afecta a estes traballadores), xornada de verán nas canteiras e nas
areeiras, pluses de turnicidade nas empresas de transformación da pedra e eliminación das empresas
de traballo temporal no sector”.
|