ActualidadeVolver a Actualidade


Vigo, 16 de outubro de 2007

O 23 e 24 de outubro en Compostela
A Fundación Galiza Sempre organiza debates sobre o franquismo contemporáneo

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Debates: O franquismo contemporáneo; clic para aumentar
Bautista Álvarez, Xusto Beramendi, Xosé Manuel Beiras, Asunción Santos Castroviejo, Xavier Castro, Bernardo Máiz e Xesús Veiga Buxán son as persoas encargadas de desenvolver os debates públicos que se celebrarán os días 23 e 24 no Auditorio da Fundación Caixa Galicia na rúa do Vilar de Santiago.
 
Estas xornadas de debate organizadas pola Fundación Galiza Sempre levan por título “O franquismo contemporáneo: memoria e secuelas”. Abordaranse temas como a clandestinidade, a vida galega baixo a ditadura, a represión franquista nos anos 60 e 70 ou a herdanza política franquista. As conferencias terán lugar no Auditorio da Fundación Caixa Galicia.

Bautista Álvarez, Xusto Beramendi, Xosé Manuel Beiras, Asunción Santos Castroviejo, Xavier Castro, Bernardo Máiz e Xesús Veiga Buxán son as persoas encargadas de desenvolver os debates públicos -organizados por Galiza Sempre coa colaboración da Consellaría de Cultura- que se celebrarán os días 23 e 24 no Auditorio da Fundación Caixa Galicia na rúa do Vilar de Santiago.

Para os organizadores, “parece necesario retomar a análise daquel tempo para reivindicar a memoria dos que fixeron posíbel a chegada da democracia a costa de represión, cárcere e enormes custes vitais, laborais e profesionais, ao tempo que se indaga nas consecuencias políticas da renuncia a unha verdadeira ruptura democrática coa ditadura”, especialmente cando “como acontece co alzamento de 1936, o propio réxime franquista está lonxe de ser unanimemente deostado en importantes sectores con poder de influenza na opinión pública e son precisamente os seus últimos anos -desde a década dos 60- os máis susceptíbeis de suscitar valoracións indulxentes”.



Programa

Martes 23 de outubro

17:15 horas
Presentación. A cargo de Xabier Macías, director da Fundación Galiza Sempre.

17:30 horas
A clandestinidade. O traballo de reconstrución e organización de novas forzas políticas na ilegalidade. Con Bautista Álvarez, integrante do grupo Brais Pinto e un dos fundadores da UPG, e Xusto Beramendi, catedrático de Historia Contemporánea da USC.

19:30 horas
O pobo como vítima. Unha ollada retrospectiva á vida galega baixo a ditadura. Con Asunción Santos Castroviejo, activista feminista e Xavier Castro, catedrático da Escola Universitaria de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela.

Mércores 24 de outubro

17:30 horas
A represión franquista nos anos 60 e 70. 1959-1977, o marco lexislativo represivo e a súa aplicación práctica. Con Bernardo Máiz Vázquez, catedrático no IES Concepción Arenal de Ferrol.

19:30 horas
As secuelas do franquismo. O trunfo da reforma fronte á ruptura democrática como condicionante dos avances democráticos e dos atrancos ao recoñecemento dos dereitos nacionais de Galiza. Con Xesús Veiga Buxán, dirixente do MCG (actual Inzar) na transición e Xosé Manuel Beiras, membro fundador do PSG e presidente da Fundación Galiza Sempre.

 
Descarga en pdf
 
pdfFolleto “Debates: O franquismo contemporáneo”

 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 16/10/2007
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta