ActualidadeVolver a Actualidade


Santiago, 21 de setembro de 2007

Sinalan problemas canto a profesorado, prazas de comedores, libros de texto ou horarios
Educación non está a resolver os diferentes problemas que se evidencian coa posta en marcha do curso escolar

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  IES Coroso de Ribeira; clic para aumentar
É preocupante que a Consellaría veña de confirmar, de novo, o nomeamento en comisión de servizo da directora do CEE do Pedroso de Santiago, cando o curso pasado foi rexeitado polo profesorado do centro. Do mesmo xeito, a Federación de Ensino exixe a destitución do director do IES Coroso de Ribeira cuxa revogación está solicitada desde decembro de 2006 sen que até o de agora a Consellaría a efectivizara. (Foto: IES Coroso de Ribeira).
 
A posta en marcha do curso escolar está evidenciando diferentes problemas que a Consellaría de Educación non está a resolver. Entre outros, CIG-Ensino sinala as deficiencias canto a profesorado, prazas de comedores, libros de texto ou problemas canto a cadros de persoal e redución de horarios dos docentes.

CIG-Ensino destaca, en primeiro lugar, a negativa da Consellaría a cubrir necesidades de profesorado nos centros de Infantil e Primaria. Dáse o caso de que hai centros que tendo o mesmo número de alumnos/as que o curso pasado, porén teñen menos profesores, por exemplo, a EEI A Igrexa e de Guimaráns en Ames. Hai centros como, por exemplo, o CEIP de Roxos e Reina Fabiola de Santiago, o CEIP de Barouta (Ames) ou Rodeira de Cangas do Morrazo, o CRA de Tui, Fernández la Torre de A Coruña, CEIP Vales Villamarín de Betanzos, etc, que están sen enviarlles o profesorado que solicitan.

As prazas de comedores ofertados nalgúns centros son insuficientes, como ocorre no CEIP de Melide nº 1, o que supón que haxa alumnado que non poida facer uso deste servizo. Tamén continúan sen funcionar diferentes comedores escolares.

Nalgúns centros, as axudas enviadas para libros de texto son totalmente insuficientes, como no caso do IES Concepción Arenal de Ferrol.

Continúa habendo centros que se ven incapaces, por falta de profesorado, de aplicar o acordo asinado pola CIG-Ensino e outras organizacións sindicais coa Consellaría sobre melloras nos cadros de persoal e a redución de horario dos docentes, por exemplo, EEI de A Gándara (A Guarda), CEIP Mestre M. García, CEIP de Refoxos, CEIP de Barrantes, CEIP Infante Felipe, etc.

É preocupante que a Consellaría veña de confirmar, de novo, o nomeamento en comisión de servizo da directora do CEE do Pedroso de Santiago, cando o curso pasado foi rexeitado polo profesorado do centro.

Do mesmo xeito, a Federación de Ensino exixe a destitución do director do IES do Coroso de Ribeira cuxa revogación está solicitada desde decembro de 2006 sen que até o de agora a Consellaría a efectivizara.


Comezo do curso en secundario

A posta en marcha do curso de secundaria evidencia, unha vez máis, como un número de vacantes dos centros non son adxudicados na resolución definitiva. Esta situación repítese, segundo a CIG-Ensino, ano tras ano sen que a Consellaría tome as medidas oportunas para resolvela, traendo como consecuencia o retraso na incorporación do profesorado aos centros e prexudicando o profesorado, xa que é destinado a prazas peores das que lle poderían corresponder. Comprobamos, tamén, como continúan a adxudicarse prazas con perfil diferente ao necesario nos centros.

A CIG-Ensino sinala tamén que se fixeron horarios de centros disparatados como consecuencia da eliminación da xornada reducida de setembro e xuño, exemplo, CEIP de Trazo e de Bembibre (Val do Dubra). Ademais, constátase a necesidade de ampliar os servizos centrais de persoal da Consellaría de Educación, xa que son incapaces de atender as reclamacións, informar e resolver os problemas de xestión e de adxudicación do profesorado.

Por iso exixen unha rápida solución a todos estes problemas e a dotación de profesorado suficiente aos centros. Non se pode dicir que se aposte pola calidade do ensino e despois restrinxir a adxudicación do profesorado solicitado polos centros e non garantir a gratuidade dos libros de texto e o servizo de comedor escolar.

 
 
Informacións relacionadas
20/09/2007 CIG-Ensino demanda da Consellaría de Educación que garanta esta prestación ao conxunto do alumnado
A falta de persoal impide o normal desenvolvemento do servizo de comedor escolar
15/09/2007 Anxo Louzao intentou entregar un escrito a Sánchez Piñón mentras membros da Federación concentrábanse pola xornada reducida
Impiden ao secretario nacional de CIG-Ensino entrar no CEIP Agra do Muíño malia estar convidado
13/09/2007 Unha das unidades de educación infantil do CPI de Carral conta con 26 alumnos, o que excede o límite legal
A supresión da xornada reducida no ensino xa ocasiona problemas na comarca coruñesa
22/06/2007 As sinaturas dos profesores foron entregadas no rexistro de Educación
O 79% do profesorado demanda o restabelecemento da xornada reducida
25/05/2007 Ten convocado para o martes 29 de maio concentracións nas sete cidades máis Burela
CIG-Ensino propón aos centros escolares que soliciten a xornada lectiva continua reducida para xuño e setembro
22/05/2007 Non varía a primeira proposta da Consellería naqueles aspectos polos que se convocou ao persoal a mobilizarse e facer unha folga
CIG-Ensino considera unha fraude o acordo asinado por Educación, as patronais e outros sindicatos
10/05/2007 A participación do profesorado chegou até un 90% e a concentración en San Caetano reuniu a máis de 2.000 persoas
Éxito da folga do ensino privado concertado contra a eliminación da xornada continua reducida
08/05/2007 Mantén a convocatoria de folga no ensino privado concertado para o mércores 9 de maio
A CIG-Ensino convoca unha consulta ao profesorado sobre o calendario escolar
04/05/2007 Case 4.000 docentes participaron nunha manifestación que saiu da Praza do Toural e percorreu Santiago até a Consellaría
Folga masiva contra a eliminación da xornada reducida continua no mes de xuño e setembro
01/05/2007 Denuncia as manobras antidemocráticas e sectarias da Consellaría
para desmobilizar ao profesorado

A CIG-Ensino mantén a convocatoria de folga para o próximo día 3 de maio
27/04/2007 Está convocada en defensa do mantemento da xornada matinal continua
Fixados sen acordo os servizos mínimos da folga do 3 de maio no Ensino
25/04/2007 Fixo ademais entrega dunha nova remesa doutras 1.200 sinaturas do profesorado
CIG-Ensino dá cabazas a Educación en repulsa á imposición da eliminación da xornada continuada matinal
20/04/2007 CIG-Ensino e STEG convocan folga o xoves 3 de maio e manifestación en Compostela ás 11:30 desde a praza do Toural
Máis de 2.300 profesores/as concentráronse polo mantemento da xornada matinal en xuño e setembro
18/04/2007 O mércores 18 ás 19:00 horas en todas as Comarcas
CIG-Ensino convoca a todo o profesorado a concentrarse contra a proposta de calendario da Consellaría
17/04/2007 A eliminación desta pode ter unha incidencia negativa no alumnado
CIG-Ensino entrega no rexistro de Educación 6.425 sinaturas contra a supresión da xornada continuada
14/04/2007 Máis de un millar de mestres participaron na manifestación convocada en Compostela
O profesorado de Tecnoloxía, Plástica e Música súmase maioritariamente á folga pola maior carga horaria
11/04/2007 Paro e manifestación en Compostela o xoves 12 de abril polo recorte horario de Música, Tecnoloxía e Plástica
CIG-Ensino anuncia mobilizacións contra a proposta de calendario presentada pola Consellaría de Educación
31/03/2007 A CIG-Ensino valora positivamente esta decisión
A Consellaría de Educación vai reconsiderar a proposta de cargas lectivas da ESO
28/03/2007 CIG-Ensino lamenta esta posición inamovíbel a pesar de avalar a demanda máis de 5.000 sinaturas do profesorado en catro días
A Consellaría de Educación mantén a proposta de eliminar o horario en xornada matinal en xuño e setembro
24/03/2007 Protestan así pola redución de carga horaria nos ámbitos artístico e tecnolóxico, fundamentais na formación básica do alumnado
O profesorado de Plástica decide non participar nunhas xornadas da Consellaría de Educación
22/03/2007 A Consellaría retira a proposta de calendario ante a presión sindical
Preto de mil profesores/as secundan a mobilización convocada pola CIG-Ensino
21/03/2007 O mércores 21 de marzo, ás 11:30 horas, con saída da Praza da Quintana
Manifestación do profesorado de Tecnoloxía, Música e Plástica en Compostela
15/03/2007 Relixión incrementa o mínimo exixido fixado polo MEC, tendo maior carga docente que tecnoloxía, música e educación plástica e visual
CIG-Ensino demanda da Consellaría que reconsidere a súa proposta de currículo da ESO
06/03/2007 Denunciou que non se estea fomentando a participación do profesorado na elaboración dos currículos
CIG-Ensino lamenta a cerrazón da Consellaría a aceptar propostas de distribución horaria das materias da ESO
 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 21/09/2007
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta