|
Actualidade
Santiago, 13 de xullo de 2007
Camiñaron desde Redondela até
Vigo para visbilizar a súa protesta
Zapatero non recolle o informe preparado polos traballadores de Serrabal e Ferroatlántica
| |
 |
 |
| Tres horas e media, foi o tempo que empregaron
os membros dos Comités de Empresa de Serrabal e Ferroatlántica en chegar desde Redondela a Vigo a
pé na mañanciña do xoves 12 de xullo. |
 |
| A pretensión dos traballadores era entregarlle
a Zapatero un dosier con información do conflito, para darlle a coñecer as graves repercusións
que terá sobre a explotación mineira... |
 |
| ... de Serrabal o actual trazado do TAV e en
consecuencia sobre os postos de traballo tanto da mina como de Ferroatlántica en Cee e Sabón. |
 |
 |
Tras tres horas e media, foi o tempo que empregaron
os membros dos Comités de Empresa de Serrabal e Ferroatlántica en chegar desde Redondela a Vigo a
pé na mañanciña do xoves 12 de xullo; máis de tres anos de protestas e mobilizacións;
entrevistas cos máis diversos representantes institucionais; mocións aprobadas nos concellos afectados;
proposicións non de lei no Parlamento... e un par de minutos de Zapatero en saír sen reparar sequera
na súa presenza.
Os traballadores de Serrabal e Ferroatlántica
non dubidan que o presidente do Goberno, José Luís Rodríguez Zapatero, sabía que eles
estaban agardando a súa saída da xuntanza que tiña lugar na Estación Marítima
viguesa. Pero el nin os mirou. A verdade é que eles case que tampouco. Non porque non quixeran, senón
porque nin tempo lles deu.
A súa pretensión era entregarlle
un dosier con información do conflito (incluído ao final), para darlle a coñecer as graves
repercusións que terá sobre a explotación mineira de Serrabal o actual trazado do Tren de
Alta Velocidade e en consecuencia sobre os postos de traballo tanto da mina como de Ferroatlántica en Cee
e Sabón.
Non o conseguiron, pero si lograron que o delegado
do Goberno en Pontevedra, Delfín Fernández, se comprometera a facerllo chegar ao igual que se comprometeron
tamén outros dos presentes.
En todo caso, valoran positivamente esta mobilización
porque conseguiron chamar a atención sobre as súas demandas, que seguen resumindo nun cambio de trazado
para que queden garantidos tanto no presente como no futuro os postos de traballo.
|