|
Actualidade
Santiago, 11 de xullo de 2007
O xoves 12 de xullo desde Redondela
Os Comités de Empresa de Serrabal e Ferroatlántica irán a pé até Vigo en demanda
dunha xuntanza con Zapatero
| |
 |
| Os traballadores de Serrabal e Ferroatlántica
seguen considerando imprescindíbel unha modificación do actual trazado do Tren de Alta Velocidade
para garantir os postos de traballo presentes e futuros.
(Foto: Concentración do 14 de marzo en Compostela por un cambio de trazado do TAV que permita a continuidade
da mina de Serrabal. ©galizacig.com). |
| |
Os Comités de Empresa de Serrabal e Ferroatlántica
acordaron ir a pé desde Redondela a Vigo, o día 12 de xullo, en demanda dunha xuntanza co presidente
do Goberno estatal, Xosé Luís Rodríguez Zapatero, aproveitando a súa estancia en Vigo.
Os traballadores queren que o titular do Executivo se comprometa a garantir os postos de traballo.
Os traballadores de Serrabal e Ferroatlántica
seguen considerando imprescindíbel unha modificación do actual trazado do Tren de Alta Velocidade
para garantir os postos de traballo presentes e futuros. Para iso, exixen o compromiso das diferentes administracións
e da empresa, e por iso tramitaron, xa por escrito, por medio do delegado do goberno, unha solicitude de entrevista
con Zapatero aproveitando a súa visita a Vigo o próximo día 12 de xullo. Data na que percorrerán
pola estrada vella os quilómetros que separan Redondela de Vigo.
Próxima xuntanza
Esta mobilización precede a xuntanza recén
confirmada cos conselleiros de Industria, Traballo, Empresa e Comités de Empresa, que terá lugar
o vindeiro día 16 ás 17:00 horas en San Caetano.
A xuntanza do día 16 resposta á
petición realizada polas centrais sindicais, que foi refrendada días despois por unanimidade do Parlamento de Galiza, a través dunha moción na que, ademais, os grupos parlamentarios
solicitan que se lles remitan as conclusións da devandita xuntanza.
|