|
Actualidade CIG-Comunicación-
Duración: 4 anos. Salarios: Suba dun 2,5% para 2007. Resto dos anos un 2% con cláusula de revisión “atenuada”. Dispoñibilidade do salario: Que o salario poda ser dispoñible voluntariamente para cobralo en especies “comprando” servizos que oferte o Banco. Axuda alimentaria: Incrementar ata o mínimo legal. Bolsa vacacións: Ponderación media, independentemente da data de disfrute. Crédito vivenda: Incrementar o mínimo establecido ata os 90.000 euros. Mobilidade xeográfica: Incrementar ata os 30 quilómetros ampliando tamén o seu posible uso. Lei de Igualdade: Aplicación no sector cunhas pequenas pinceladas.
Esta proposta da AEB está moi lonxe das reivindicacións dos traballadores e traballadoras do sector, seguen sen aportar solucións aos problemas actuais e sen introducir medidas que nos permitan participar da boa marcha das empresas. Salarios: Garante unha nova perda de poder adquisitivo para os vindeiros 4 anos, que non pode ser xustificada pola situación das empresas. Mobilidade xeográfica: Desregulariza totalmente a mobilidade xeográfica ampliando tamén o límite ata os 30 quilómetros. Punto especialmente lesivo na Galiza debido a orografía do país e a dispersión da poboación e polo tanto da rede de oficinas. Bolsa de vacacións: Estamos ante un recorte inxustificado na bolsa de vacacións. Crédito vivenda: O incremento do mínimo ata os 90.000 euros é claramente insuficiente, somos conscientes que esta cantidade non permite acceder a unha vivenda en ningunha das cidades do país pero tampouco no rural. Lei de Igualdade e Axuda alimentaria: Ofertan pouco máis do obrigado cumprimento da lei. A próxima reunión quedou fixada para o 18 de maio.
|
|||||||||||||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 27/04/2007 |
|||||||||||||||
|