ActualidadeVolver a Actualidade


A Coruña, 19 de abril de 2007

As asembleas de traballadores son as convocantes dos paros e a CIG é a única central que os secunda
Os mineiros das auxiliares desmenten UGT e CCOO e sinalan que foron chamadas á folga

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Folga empresas auxiliares minas carbón Meirama e As Pontes; clic para aumentar
Os mineiros de As Pontes e Meirama voltaron cortar estradas o 18 de abril. (Foto: Corte de tráfico fronte á central térmica de Cerceda. ©Gabriel Tizón 18/04/2007).
 
As asembleas dos traballadores das empresas auxiliares do carbón de Meirama e As Pontes desmenten UGT e CCOO e aclaran que todas as centrais sindicais foron chamadas a secundar as diferentes xornadas de folga, que só está a apoiar a CIG. A convocatoria dos paros e mobilizacións foi decidida polos mineiros reunidos en asembleas durante o pasado mes de marzo.

Os operarios das auxiliares aseguran que UGT e CCOO menten cando din que non sabían nada da convocatoria de folga no sector. Juan José Díaz, voceiro da Coordinadora de Delegados das Auxiliares de As Pontes, indica que todos os sindicatos foron avisados en tempo e forma da decisión adoitada polos traballadores de ir á folga. Díaz sostén que as centrais foron notificadas por fax e mediante escritos entregados en persoa.

Alejandro Barreiro, portavoz dos mineiros das auxiliares de Meirama, aclara que os operarios decidiron o calendario de mobilizacións e ir á folga nunha asemblea celebrada o 3 de marzo. Asegura que lle concederon a todos os sindicatos un prazo que ía até o día 16 dese mesmo mes para que comunicasen se se ían unir, ou non, á convocatoria. Barreiro indica que só a CIG apoiou esta iniciativa.

Os traballadores achacan estas mentiras de UGT e CCOO ao nerviosismo que están a padecer estes sindicatos, como consecuencia do rotundo éxito que están a ter as diferentes xornadas de folga, pois en todas elas a actividade das minas de Meirama e As Pontes estivo paralizada.

 
 
Informacións relacionadas
18/04/2007 Os traballadores de Meirama cortaron o tráfico ferroviario entre A Coruña e Santiago durante media hora
Os mineiros das auxiliares endurecerán as medidas de protesta
12/04/2007 A CIG esíxelle á Delegación do Goberno español que interceda ante a Comisión de Seguimento do Plan Miner II
Trescentos mineiros reclaman en A Coruña solucións para o persoal das auxiliares do carbón
11/04/2007 Haberá manifestación o día 11 de abril, que partirá ás 12 horas da praza da Palloza de A Coruña
Novo éxito da folga das auxiliares do carbón na segunda xornada de paro
29/03/2007 O paro foi total nas minas de Meirama e As Pontes
Seguimento do 100% da folga convocada pola CIG nas empresas auxiliares do carbón
23/03/2007 A CIG respaldou, desde o inicio, ás demandas dos traballadores
O Congreso aproba que os traballadores das auxiliares do carbón se beneficien das prexubilacións e recolocacións
14/03/2007 Os dereitos dos operarios das auxiliares seguen sen ser recoñecidos
A CIG apoia convocatoria a folga dos traballadores das minas de lignito de Meirama e As Pontes
29/01/2007 Lignitos de Meirama segue negándose a incorporar estes operarios ante o peche da mina de Cerceda o 31 de decembro de 2007
A CIG urxe á Comisión do Plano Miner II e a Limeisa unha solución global aos traballadores das auxiliares do carbón
04/10/2006 Máis de 500 persoas demandan alternativas para os traballadores das auxiliares de Meirama en Ordes
30/09/2006 Demandan solucións para os 220 despedimentos que provocará o peche da mina
Apoio masivo dos Comités de Empresa das auxiliares á manifestación convocada para o sábado en Ordes
26/09/2006 Os traballadores ratificaron en asemblea a convocatoria de manifestación para o día 30 en Ordes
Limeisa mantén o desinterese polos 220 despedimentos que provocará o peche da mina de Cerceda
20/09/2006 Convocan unha manifestación en Ordes o sábado 30 de setembro
Os traballadores das auxiliares de Meirama exixen que se efectivicen as prexubilacións e recolocacións
27/07/2006 Novas xornadas de folga na minaría do carbón de Cerceda e As Pontes
20/07/2006 A CIG considera un descrédito para CCOO e UGT, que non se sumaron á folga
Comezou a folga nas minas de carbón cun seguimento do 100%
14/07/2006 Hai un compromiso de acordo sen ratificar pola ausencia de Endesa na xuntanza e a mobilización se mantén
A CIG fai un chamamento a CCOO e UGT para que secunden a folga nas minas de Cerceda e As Pontes
12/07/2006 Desde as 23:00 horas do 19 de xullo até as 24:00 horas día 20, e desde as 23:00 horas do 25 de xullo ás 24:00 horas do 27
Anúnciase convocatoria de folga nas minas galegas do Carbón, Limeisa e Endesa e Auxiliares
16/05/2006 O BNG demanda no Parlamento de Galiza medidas para os traballadores das auxiliares do carbón
08/05/2006 Galiza discriminada no Plan do Carbón asinado por CCOO e UGT
10/03/2006 Só recibirá 135 dos 195 millóns que lle corresponderían tendo perdido xa 140 no período 1998-2005
A CIG considera que o reparto dos fondos do Plan do Carbón 2006-2012 discriminan a Galiza
26/01/2006 No período 1998-2005 tan só recibiu 64 dos 200 millóns que lle correspondían
Galiza discriminada no reparto de fondos mineiros
 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 19/04/2007
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta