|
Actualidade CIG-Comunicación-
A privatización do sector das telecomunicacións tivo un efecto pernicioso sobre os usuarios/as, pero tamén sobre os traballadores e traballadoras do sector. Nun primeiro momento, coas regulacións de emprego nas operadoras e coa subcontratación da maior parte das actividades, precarizando as condicións laborais, e agora coa deslocalización das subcontratas nun paso máis na explotación laboral. A deslocalización do sector de Telemárketing cébase de novo na cidade de A Coruña, desta volta con 179 despedimentos en Atento (compañía filial da multinacional Telefónica), despedimentos que se suman aos 700 de Jazztel do pasado verán. O mesmo día 14 os traballadores e traballadoras da quenda da tarde, á saída do traballo, ás 20:00 horas, convocados/as polo Comité de Empresa, procederon a realizar unha sentada diante da sede da empresa na rúa Juan Flórez nº 80 de A Coruña. Nesta concentración participaron máis de 300 persoas que, ás 21:30 horas da noite, continuaban concentradas cortando o tráfico en asemblea aberta, debatendo a posible continuidade da mobilización polas rúas do centro da cidade. O Comité de Empresa, no que está presente a CIG, ten previstas novas mobilizacións para dar resposta a estes despedimentos. A seguinte convocatoria é para mañá día 15 de marzo, ás 10:00 horas diante da sede da empresa na rúa Juan Flórez de A Coruña. |
||||
Informacións relacionadas
|
||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 15/03/2007 |
||||
|