|
Actualidade CIG-Comunicación-
Estas eleccións sindicais confrontáronse nunha situación difícil xa que a empresa leva tres anos perdendo diñeiro por unha inversión que se realizou nunha fábrica en Estados Unidos, e hai unha situación delicada. O antigo Comité de Empresa antes das eleccións que se celebraron nesta primeira semana de febreiro estaba composto (son 348 traballadores e contan cun comité de 13) por 10 da CIG e 3 de CCOO. O anterior comité de hai oito anos estaba composto por 9 da CIG e 4 de CCOO. E nestas últimas eleccións o comité sendo tamén de 13 está composto por 11 da CIG e 2 de CCOO. A ascendencia da CIG continúa, aínda que sendo maioritaria cada vez é máis difícil manter un nivel de participación e polo desgaste de asinar os convenios e os conflitos, e de feito, o apoio da xente é moi maioritario, incluso, segundo denuncian, sendo que neste proceso electoral CCOO mentiu e tentou xerar problemas e conflitos de todas as maneiras posíbeis. Os resultados obtidos foron que: no colexio de especialistas e non cualificados a CIG obtivo 9 representantes con 143 votos, e CCOO obtivo 37 votos e 2 representantes; e no colexio de técnicos e especialistas elixíanse dous representantes a CIG obtivo 36 votos e 2 representantes, e CCOO 9 votos e ningún representante. A CIG aumentou en votos con respecto ás eleccións anteriores. Desde a Federación de Químicas de Vigo manifestan estar moi satisfeitos con estes resultados. O problema é neste momento a xestión da empresa que pode entrar nun momento de crise, como todo o sector da automoción e as empresas auxiliares, e para a CIG “neste momento é moi importante contar co apoio da xente”. Tamén salientar que desde o ano 79, que foron as primeiras eleccións sindicais que houbo nesta empresa, o sindicalismo nacionalista nas súas distintas configuracións sempre foi maioría e sempre foi gañando espazo sindical. |
|||||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 03/02/2007 |
|||||||
|