Actualidade / ArtigoVolver


Vigo, 11 de xaneiro de 2007 (Publicado en La Región o 10/01/2007)

Optimismo esaxerado
 

Manuel Mera-

fs@galizacig.net


  Obras construción rúa Barcelona en Vigo, clic para aumentar
Que a metade do novo emprego estexa vinculado á construción, actividades inmobiliarias e de prestacións ás empresas, non é algo secundario, especialmente cando o primeiro é un sector moi ligado á especulación neste intre, con ducias de miles de vivendas valeiras; e un futuro negro por mor da suba dos xuros, alto prezo dos inmobles e exceso real de oferta curto prazo. Todos esperan que o refluxo se faga de vagar, mais se non é así cales serán as consecuencias?... No mellor dos casos baixará o emprego no sector. En resumo, non abonda con sentirse ledos porque medra a ocupación, debemos ademais garantir que sexa unha tendencia que se vai manter, pensar e obrar estratexicamente, e, por magoa, escoitando as declaracións dos que teñen responsabilidades sobre o tema non parece que sexa así. (Foto: ©Fernando Pol).
 
A diminución do desemprego rexistrado nas oficinas de colocación durante o pasado ano foi valorado cun optimismo que entendo esaxerado polo conselleiro de Traballo. Non se pode ignorar que é un dado positivo, especialmente cando é maior co descenso que se deu en anos anteriores, mais tendo en conta que temos 170.000 persoas paradas, un 13% da povoación activa, e que esta porcentaxe dobra a media de desemprego do Estado español e da Unión Europea, non é precisamente pra botar as campás ao voo. Pra alén de que teñamos unha taxa de paro moi alta, que se mantén no tempo, mesmo non deixaría de ser noxenta sendo máis baixa, porque do que se trata, nun país que se quere gabar de atender aos cidadáns, é de que todo o mundo poida ter un emprego que lle permita vivir dignamente.

Os dados de afiliación á Seguranza Social son tamén positivos no último ano, porén merecen asemade un comentario. Estase xerando máis emprego asalariado que o crecemento da produción, sen que esto implique ademais unha maior participación dos asalariados e asalariadas na renda total, e sobre todo medran nas actividades relacionadas coa construción e actividades inmobiliarias. Que esto sexa así só se pode deber a dous motivos: ou baixou moito a productividade por persoa ocupada, ou está aboiando emprego mergullado. Coido que se trata desto último, aproveitando unhas maiores subvencións á contratación e por temor as novas medidas sobre traballadores inmigrantes. Se fora deste xeito a creación de postos de traballo reais seria moi inferior á que reflicten as estatísticas, sen esquecer (repito) que a súa visualización é positiva.

Que a metade do novo emprego estexa vinculado á construción, actividades inmobiliarias e de prestacións ás empresas, non é algo secundario, especialmente cando o primeiro é un sector moi ligado á especulación neste intre, con ducias de miles de vivendas valeiras; e un futuro negro por mor da suba dos xuros, alto prezo dos inmobles e exceso real de oferta curto prazo. Todos esperan que o refluxo se faga de vagar, mais se non é así cales serán as consecuencias?... No mellor dos casos baixará o emprego no sector. En resumo, non abonda con sentirse ledos porque medra a ocupación, debemos ademais garantir que sexa unha tendencia que se vai manter, pensar e obrar estratexicamente, e, por magoa, escoitando as declaracións dos que teñen responsabilidades sobre o tema non parece que sexa así.

Outro dos aspectos que non se pode esquecer é a calidade do emprego que se xera. E se temos en conta, cos dados na mau, que aumentou a xornada laboral e baixaron os salarios reais na última década, amen dunha temporalidade excesiva, non se pode dicir que sexa pra estarmos contentos. A contrapartida son os grandes gaños tanto na Bolsa como por parte das empresas máis fortes, e os miles de iates e segundas vivendas. A todo esto podemos engadir que miles de galegos vanse á emigración cada ano e outros asinan contratos temporais noutras nacións e autonomías do Estado (sei que son teimoso no tema, porén paga a pena).

En fin, este é o escenario! no que hai algúns dados positivos nos últimos anos de xeración de emprego, claro que de baixa calidade e en parte ocupado por mau de obra inmigrante (non o esquezamos como outro dado a termos en conta), sen que se reverta cualitativamente a situación, é verdade que herdada do governo anterior. A Xunta debía ser polo tanto máis comedida e analítica nas súas valoracións, máxime cando fala de temas de tanta importancia, deste xeito gañaría respeito entre a xente e amosaría que pensa fundamentalmente no país e non en como manterse a toda costa no poder. Este novo xeito de facer, neste contexto, sería unha mudanza radical porque se valoraría que hai un povo que pensa pra alén da consigna e a comercialización da política.

 
 

Manuel Mera,
secretario confederal de Formación Sindical e Comunicación da CIG.

  Manuel Mera
 
Volver

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 11/01/2007
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta