Actualidade / EntrevistaVolver a Actualidade


Vigo, 24 de novembro de 2006

Entrevista ao xefe da unidade de Medicina do Traballo do Centro de Seguridade e Saúde Laboral de Rande
Manuel Gil Fernández fala sobre a enfermidade profesional da silicose

 

Zélia García-

zelia@galizacig.net


  Manuel Gil Fernández, clic para aumentar
Manuel Gil Fernández: “O problema é que a silicose non ten unha sintomatoloxía clara previa, só que se dan certos casos de dispnea, cando o traballador non é quen de coller moito aire e respira as veces con dificultade. (...) Vulnérase nese sentido a lei xeral da seguridade social que establece que en profesións de risco ten que haber un recoñecemento médico anual, e que no caso dos traballadores que traballan na industria da pedra teñen que facer un recoñecemento médico seguindo un protocolo específico”. (Fotos: ©galizacig.com 24/11/2006).
Manuel Gil Fernández e Zélia García, clic para aumentar
(Na foto, Manuel Gil Fernández e Zélia García).
 
Durante a xornada de traballo sobre a cuestión da silicose celebrada en Vigo o pasado venres 24 de novembro, tivemos oportunidade de entrevistar a un dos técnicos máis importantes de Saúde Laboral e que máis ten traballado sobre a cuestión da silicose desde o centro de Seguridade e Saúde Laboral de Rande.

A continuación reproducimos esta entrevista.


Zélia García:
Que é a silicose?

Manuel Gil Fernández: É unha enfermidade do pulmón producida polo po do sílice que provoca unha fibrose pulmonar xa que o tecido nobre do pulmón se vai deteriorando.

Zélia García: Como evoluciona esta enfermidade?

Manuel Gil Fernández: Depende da dose de sílice que reciba o traballador. Normalmente esta enfermidade é de evolución lenta, é visíbel e notoria en 10 ou 20 anos.

Zélia García: Por que agora ten maior relevancia a silicose? Cando se comezou detectar?

Manuel Gil Fernández: Nós xa a detectábamos antes pero acudían a nós poucos traballadores. Ademais unha cousa é que sexa diagnosticada a enfermidade como tal e outra cousa que sexa declarada, xa que moitas veces non aparece reflexada como enfermidade profesional. Nese sentido dáse certa confusión xa que aparecen dentro dos traballadores afectados por silicose a nemocrose do mineiro do carbón.

Agora faise máis fincapé e sae a luz polo problema que están a vivir os traballadores das canteiras, sobre todo en O Porriño e porque se xerou a nivel social unha maior preocupación por este tema.

O problema é que a silicose non ten unha sintomatoloxía clara previa, só que se dan certos casos de dispnea, cando o traballador non é quen de coller moito aire e respira as veces con dificultade.

Zélia García: Que queda por facer no tema de prevención e da saúde laboral para os traballadores que se ven expostos a este po de sílice?

Manuel Gil Fernández: Hai unha cantidade de cousas que se deberán implementar no posto de traballo como normas de seguridade e hixiene, evitar a alta concentración en po, e dar unha saída para os traballadores que se ven afectados pola silicose porque esta enfermidade tería unha evolución moito máis lenta si se lles retirara do posto de traballo.

Falta tamén a parte da vixilancia médica porque non se levan a cabo os recoñecementos médicos acaídos. Temos que ter en conta que estamos nun sector no que hai empresas moi pequenas, autónomos e xente moi cambiante polo que é difícil facer un seguimento. Vulnérase nese sentido a lei xeral da seguridade social que establece que en profesións de risco ten que haber un recoñecemento médico anual, e que no caso dos traballadores que traballan na industria da pedra teñen que facer un recoñecemento médico seguindo un protocolo específico.

 
 

Zélia García,
membro de CIG-Comunicación.

  Zélia García
 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 28/11/2006
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta