ActualidadeVolver a Actualidade


Vigo, 21 de outubro de 2006

As ameazas, sancións e persecución que sufren os traballadores motivaron unha folga que pode ser indefinida a vindeira semana
Peche do Comité de Empresa de Rodycut Montenegro nas instalacións da empresa

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Folga en Rodycut Montenegro, clic para aumentar
Folga en Rodycut Montenegro, clic para aumentar
Os traballadores/as de Rodycut Montenegro levan anos reclamando a modificación das instalacións da empresa pois nelas se manipula un producto canceríxeno (MBOCA), polo que demandan unha maior seguridade no traballo. (Fotos: ©galizacig.com 11/10/2006).
Folga en Rodycut Montenegro, clic para aumentar
   
O persoal da empresa Rodycut Montenegro, situada en Mos, que conta con unha plantilla de 70 traballadores, comezou o pasado 9 de outubro unha folga que se convertirá a vindeira semana en indefinida de non atopar unha solución a este conflito.

Os traballadores e traballadoras de Rodycut Montenegro están convocados á folga para que a represión empresarial cese, xa que desde hai tempo a empresa vén provocando cambios na organización do traballo e no tempo dos traballadores, como pode ser o tempo do bocadillo ou os permisos para ir ao baño. Outro dos motivos é o despedimento dunha traballadora, e demandan tamén unha solución a este despedimento.

A singularidade desta empresa é que o persoal leva anos reclamando a modificación das instalacións pois nelas se manipula un producto canceríxeno (MBOCA), polo que os traballadores/as demandan unha maior seguridade no traballo para mellorar as súas condicións laborais.

A empresa, en vez de atender á demanda de velar pola saúde do seu persoal, fai uso de medidas de presión aos traballadores como é a instalación de cámaras de videovixiancia e a imposición de continuas sancións a aquelas persoas que demandan se respecten os seus dereitos como traballadores.

Os conflitos en Rodycut Montenegro aparecen desde que hai un ano esta empresa francesa compra a antigua Astine e impón cambios na cuestión de horarios e tempos. Por estes motivos, e polo último acontecemento máis grave que foi o despedimento dunha traballadora, hai unha semana os traballadores decidiron convocar a folga.

O peche na empresa que decidiron realizar na mañá do venres 20 os traballadores/as de Rodycut Montenegro é unha tentativa máis de presentar as súas reclamacións e propostas ao xerente da empresa, que en lugar de tentar solucionar o conflito desapareceu, co que ás seis da tarde a empresa pechará as súas instalacións aínda que os traballadores teñen a vontade de permanecer nela.

 
 
Informacións relacionadas
11/10/2006 Convocados paros de dúas horas por quenda nesta empresa de Mos o mércores 11 e o venres 13
Folga en Rodycut Montenegro pola readmisión dunha traballadora e o respecto dos tempos
 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 21/10/2006
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta