ActualidadeVolver a Actualidade


Vigo, 11 de outubro de 2006

Convocados paros de dúas horas por quenda nesta empresa de Mos o mércores 11 e o venres 13
Folga en Rodycut Montenegro pola readmisión dunha traballadora e o respecto dos tempos

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Folga en Rodycut Montenegro, clic para aumentar
Folga en Rodycut Montenegro, clic para aumentar
Os traballadores e traballadoras de Rodycut Montenegro están convocados á folga para a readmisión dunha traballadora e para que a represión empresarial cese, xa que desde hai tempo veñen provocando cambios na organización do traballo e no tempo dos traballadores, como pode ser o tempo do bocadillo ou os permisos para ir ao baño. (Fotos: ©galizacig.com 09/10/2006).
 
A empresa Rodycut Montenegro, situada en Mos, que conta con unha plantilla de 70 traballadores, comezou o luns 9 de outubro unha folga que continuará o mércores e venres con un paro de dúas horas ao inicio de cada quenda.

Se continúa sen haber solución ao conflito a próxima semana o paro será de catro horas os luns, mércores e venres, e a convocatoria será indefinida se na terceira semana do conflito continúa a mesma situación.

Os traballadores e traballadoras de Rodycut Montenegro están convocados á folga para a readmisión dunha traballadora e para que a represión empresarial cese, xa que desde hai tempo veñen provocando cambios na organización do traballo e no tempo dos traballadores, como pode ser o tempo do bocadillo ou os permisos para ir ao baño.

A singularidade desta empresa é que leva anos reclamando a modificación das instalacións porque nela se manipula un próducto canceríxeno (MBOCA), polo que os traballadores/as demandan unha maior seguridade no traballo para mellorar as súas condicións laborais.

Os conflitos aparecen desde que hai un ano esta empresa francesa compra a antigua Astine e impón cambios na cuestión de horarios e tempos. Por estes motivos, e polo último acontecemento máis grave que foi o despedimento dunha traballadora, esta semana os traballadores/as decidiron convocar esta folga que continuará mañá mércores, e que comezará na primeira quenda do día con dúas horas de paro de oito a dez da mañá.

 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 11/10/2006
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta