Actualidade / ArtigoVolver


A Coruña, 15 de xuño de 2006

Rajoy, Gandhi e o Recreativo de Huelva
 

Xurxo Martínez Crespo-

xurxomartinez@cantv.net


  Chiquito de la Calzada, clic para aumentar
A negociarrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrr...
 
Gustaríame que todos entendesen, non é moi difícil, que cando alguén quere dialogar hai que facelo con quen quere dialogar e non con calquera outro. Se ETA deixa as armas, o lóxico será negociar con ETA e non cos xogadores do Recreativo de Huelva (que é o que quere Rajoy). Porque debemos recordar que foi precisamente o Partido Popular o que meteu no mesmo saco de ETA a Batasuna, como “entramado” ou “contorno”, “rede” ou “colchón”. Se son o mesmo, o lóxico que se fale con eles, senón, quen debía decretar o “alto ao fogo indefinido”? Podería ser Chiquito de la Calzada (sen carapucha) ou un capítulo de “Aquí no hay quien viva”.

É moi común, entre os impotentes, crear discursos da desesperanza, do medo, da violencia, do rancor, da xenreira e da revancha, por dicir algo.

Rajoy é un deses. O seu verbo ampuloso e decimonónico que nos indica que España se desmembrou (ou está a piques de se desmembrar), que non hai futuro posíbel, que isto é unha desfeita contrasta coa xente que camiña pola rúa, pasando calor, bebendo cervexas e á espreita do Mundial de Fútbol de Alemaña.

A xente sabe, sábeo moi ben, que cando non se teñen argumentos calquera cousa serve e o primeiro do que se bota man é á catastrofe, que por certo e por ventura non chega nunca.

  Gandhi, clic para aumentar
Gandhi.
 
No medio de tanto disparate, Acebes, atreveuse a dicir que o PSOE e Batasuna eran o mesmo, e que PSOE e ETA tiñan o mesmo plan. Tamén dá a entender que o Goberno é colaborador de ETA... para que seguir. Din de Rajoy que é unha persoa brillante, pero a verdade é que non o demostrou moito esta semana (nin estes dous derradeiros anos) no Debate do estado da Nación no Congreso.

Un dos pobres e tristes artiluxios de Rajoy é dicir que se van facer concesións políticas. Sábeo el antes de que senten a negociar con quen el non quere que senten?

É indubidábel que a Chiquito de la Calzada e ao Recreativo non se lle van facer concesións políticas... daquela, falamos con eles.

Un Proceso (a mesma palabra indica que leva tempo) de paz para Euskal Herria non pode ser entre grupos que non teñen responsabilidade nin incidencia social. Rajoy, Acebes, Zaplana non poden, hoxe nin onte, representar a ninguén pois teñen, posúen e alentan un discurso moi violento verbalmente (fase previa ao físico) e as conversas son para rematar coa violencia verbal e física.

O pobre discurso, barato, de Rajoy tráeme á memoria o que unha vez dixera Gandhi; que se aplicasemos a Lei do Talión, do ollo por ollo, chegaría un momento en que todos quedariamos cegos, mais Rajoy non sabe quen é Gandhi e hai tempo que está cego, xordo e embebido.

 
 

Xurxo Martínez Crespo.

  Xurxo Martínez Crespo
 
Volver

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 15/06/2006
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta