ActualidadeVolver a Negociación ColectivaVolver a Actualidade


Vigo, 18 de marzo de 2005

XX Convenio da Banca Privada
Comunicado nº 5
 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Clic para aumentar
Convenio Galego, XA!
 
Facendo tempo

Na xuntanza do día 17 de marzo estaba previsto que se abordara Conciliación da vida laboral e familiar, Préstamos e Xubilacións forzosas a petición da AEB.


Conciliación vida laboral e familiar e Préstamos

Malia o compromiso anterior a AEB non fixo ningunha proposta. O resto dos sindicatos reiteraron o exposto nas súas Plataformas.

Nós negámonos a entrar neste xogo, a patronal xa coñece cal son as nosas peticións. En todo caso a mellor forma de conciliar a vida laboral e familiar é cumprindo a xornada laboral e librando os sábados.


Xubilacións forzosas

A patronal anunciou que está en marcha un proxecto de lei en materia de xubilacións. Queren anticiparse ás modificacións legais introducindo no artigo 39 do Convenio da Banca o seguinte texto: “...con el objeto de mantener el empleo y favorecer la contratación de nuevos trabajadores”.

Cremos que non cabe traer ao Convenio Colectivo unha modificación legal que aínda non foi aprobada.

A AEB pretende que a negociación do Convenio entre na mesma dinámica que nos anteriores procesos, mantendo unha posición intransixente, desprezativa e insultante cara á representación legal dos traballadores/as.

Nesta situación son cómplices CCOO e UGT, que coa súa petición dunha suba salarial do 2% aplicando no sector o “Acordo Estatal de Moderación Salarial”, están entregando a negociación.

A asemblea de delegados/a de banca da CIG aprobou o pasado día 16 de marzo rexeitar a aplicación no sector do Acordo de Moderación Salarial, e manter unha postura firme nas reivindicacións históricas dos traballadores/as da banca.

A vindeira xuntanza terá lugar o 7 de abril.


Galiza, 17 de marzo de 2005.

 
 
 
pdfDescarga, imprime e difunde.

 
Volver a Negociación ColectivaVolver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 18/03/2005
cig.informatica