|
Actualidade CIG-Comunicación-
A continuación reproducimos a citada plataforma.
Ano 2005. Salarios Suba Salarial: 6% con cláusula de revisión á alza de IPC + 2 puntos. Salario base categorías inferiores: Equiparación do Salario Base para aquelas categorías con retribucións por debaixo do Salario Mínimo máis alto dos regulados por Lei na Unión Europea. Paga extra: Creación dunha paga extra para compensar a perda salarial dos anteriores Convenios Colectivos. Xornada e Tempo de Libranza Xornada laboral: 35 horas en cómputo semanal. Libranza de sábados. Horario de 8 a 15. Vacacións: Incremento das vacacións a 27 días hábiles. Redución do período vacacional. Permisos: Seis días de libre disposición retribuídos. Premio aos 25 años de servizo: 27 días hábiles máis de vacacións. Horas extras: Calquera extensión da xornada deberá ser comunicada previamente
aos Comités de Empresa. Dada a dispersión da poboación e a propia orografía do país, eliminación en Galiza dos desprazamentos ata os 25 quilómetros. Emprego Contratación: A contratación será en tódolos casos mediante contrato indefinido, cun período de proba de 3 meses. Calquera contratación temporal dará dereito á percepción dunha indemnización de cinco días por mes traballado, que se pagará rateada en cada nómina mensual. Utilización de ETT’s: Durante a duración do Convenio as entidades comprometeranse á non utilización dos contratos de posta a disposición. O persoal que durante os últimos anos fora contratado por medio desta modalidade, formará parte dunha bolsa para a súa incorporación ao cadro de persoal das empresas. Integración traballadores/as discapacitados: Integración inmediata do 2% do mínimo legal de traballadores ou traballadoras discapacitados. Carreira profesional Ascensos: Ascenso ao nivel VIII aos 20 anos de servizo efectivo na empresa. Clasificación de Oficinas: Creación dun Sistema de Clasificación de Oficinas que regule segundo baremos de volume de negocio, volume de operacións, etc., a categoría das Oficinas. Asignación de niveis mínimos do persoal apoderado segundo a clasificación das Oficinas. Saúde Laboral Creación dun Servizo Mancomunado Galego de Saúde Laboral. Aqueles sindicatos que teñan a condición de máis representativos, terán dereito a participar nos Comités Estatais de Saúde Laboral que se podan crear a nivel de empresa. Recoñecemento dos postos de ventaíña como postos de traballo PVD (pantallas de visualización de datos). Regulación como dereito das recomendacións establecidas na Lei de Saúde Laboral. Previsión Social Creación dun complemento de xubilación para os traballadores/as posteriores ao ano 1980. Aportación mínima no ano 2005 do 5% do salario cun mínimo de 1.000 euros. Dada a consideración de salario diferido destas aportacións, actualizaranse anualmente na mesma contía que a suba salarial pactada nos sucesivos Convenios. Comisións Internas a Nivel de Empresa Creación dunha Comisión pola Igualdade de Oportunidades, que regulará o seguinte:
Creación dunha Comisión pola Normalización Lingüística: Esta Comisión constituirase como contribución á normalización lingüística do uso do galego nas empresas. Velará pola realización de cursos de idioma galego dentro do Plano de Formación Profesional; a asistencia a estes cursos e o bo aproveitamento dos mesmos serán compensados cun permiso especial de dous días libres. Dentro dos cursos de Formación no ano 2005, un 50% serán impartidos en galego. As entidades procederán á galeguización de tódolos impresos de persoal, da normativa interna da empresa, etc. Como criterio xeral para a cobertura de vacantes en oficinas situadas en Galiza, as entidades comprometeranse a nomear traballadores/as con coñecemento do galego falado e escrito. Creación dunha Comisión de Formación: Esta Comisión participará tanto na elaboración dos Planos de Formación, como nos criterios de Selección do Persoal que asistirá aos cursos.
|
|||||||||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 22/02/2005 |